Evolución da web 1.0 á web 3.0

Na última sesión expositiva falábamos sobre a web 2.0, unha web que supuxo un gran  avance no campo da tecnoloxía. Así pois, con esta web pasábamos de ser meros receptores de información, a ser tamén creadores de coñecemento, xa que a través dos blogs, Wikis, redes sociais (Facebook, Twitter, Tuenti), as persoas podemos compartir información cos demais, e tamén expresar a nosa opinión en relación aos temas que se abordan nos blogs. 

Sen embargo, antes da Web 2.0, existiu a web 1.0, aínda que nesta web so eramos “consumidores de información”, xa que non tiñamos a posibilidade de modificar a mesma. Ademais, dita web só era utilizada por aquelas persoas que dominaban unha determinada linguaxe informática, excluíndo do seu uso a todas as persoas que non tiñan ditos coñecementos, co cal a súa participación na rede estaba reducida a ser simples consumidores de información.

Porén, dende hai un tempo comezou a circular pola rede a denominación de web 3.0 ou web semántica, e a pesar de que non hai un consenso acerca do que vai supoñer esta web no futuro, o certo é que mellorará determinados aspectos da web 2.0.

Déixovos un vídeo no que podedes ver unha síntese sobre a evolución da web dende a web 1.0 ata a web 3.0:

 

 Bibliografía: 

-Codina L. (2003). Internet invisible y web semántica: ¿el futuro de los sistemas de formación en línea? Revista Tradumàtica, 2,1-16. Recuperado o 20 abril do 2013 do sitio web: http://webs2002.uab.es/tradumatica/revista/num2/articles/06/06.PDF

http://www.maestrosdelweb.com/editorial/web2/ (Consultada o 20/04/2013)

http://www.eduteka.org/Web20Intro.php (Consultada o 20/04/2013)

http://es.wikipedia.org/wiki/Web_sem%C3%A1ntica (Consultada o 20/04/2013)