A escola do futuro

E ben sabido por todos nós que as tecnoloxías mudaron e continúan a mudar o noso comportamento, hábitos diarios, intereses e necesidades ao longo dos anos,véndose afectados tódolos ámbitos das nosas vidas, e por suposto tamén a educación.

A introducción destas nas escolas e o seu emprego consciente, responsable e contextualizado, permite producir un cambio no como aprendemos, pero tamén no que aprendemos. Certas tecnoloxías iránse perfecccionando, así como tamén se producirán innovacións e éstas darán lugar a notables cambios no eido da escola. 

Non obstante,son consciente de que  o anteriormente dito, non sempre é así; e como xa cuestionei en anteriores blogs,na maioría dos centros educativos esas tecnoloxías permanecen en desuso, por diversas razóns, ben por falta de formación do profesorado, falta de iniciativa por parte da dirección do centro, por comodidade, por unha actitude negativa cara elas,etc. Pero tratando de facer un esforzo, para ir máis  alá...no caso de que as tecnoloxías se lograsen implantar en tódolas escolas, e de que dende o propio centro tanto alumnos, como profesores e directivos; comprendan o sentido que teñen e o uso que se pode dar a cada unha delas; que cambios suporían para a estructura das aulas e para o proceso de ensino-aprendizaxe?

A modo de reflexión persoal, recollo a continuación a miña visión sobre "a escola do futuro".

Aínda que na actualidade a maior parte da tecnoloxía que se emprega nas escolas é fixa e centralizada, coma é o caso das aulas de informática, quero pensar que nun futuro próximo se deixará de lado definitivamente o modelo tradicional e se comezará a considerar esa tecnoloxía coma un elemento máis da aprendizaxe, e non coma unha ferramenta aillada e independente, ou coma un simple instrumento empregado para o divertimento e o premio ós alumnos.

Considero que, a medida que se vaian dixitalizando as aulas, os estudantes poderán elaborar e compartir traballos con alumnos doutras partes do mundo; e as aulas contarán con pantallas dixitais en todas as mesas, pantallas dixitais interactivas, incluso se farán excursións dixitais, e o profesor non terá porque facer acto de presenza na aula nin tan sequera os alumnos. Estarán "telepresentes". 

Será a fin do lápiz, do papel e dos libros de texto; e crearáse un método no que as tarefas serán asignadas mediante algoritmos ou plataformas de aprendizaxe nos móviles.

Creedes que estes ou outros cambios que semellan tan radicais se chegarán a producir nun futuro? Chegará a fin das aulas e da escola como tales? Considerades que aumentará ou diminuirá a autonomía dos alumnos? Significará un incremento ou unha diminución da comunicación interpersoal?

A este respecto, a pesar de que certos autores toman unha actitude crítica e negativa ante as tecnoloxías, persoalmente considero que se se fai un uso responsable delas, os alumnos lograrán unha maior autonomía no seu propio proceso de aprendizaxe pois estos avances permitiránlles escoller as súas propias ferramentas de aprendizaxe así como organizar os seus tempos e fixar as súas propias metas, convertíndose en persoas máis independentes e libres.

No que se refire ao ámbito da comunicación, se ben e certo que se se fai un uso excesivo delas pode provocar aillamento e perda de habilidades de comunicación sociais; as tecnoloxías vannos a permitir intercambiar información con calquera persoa en calquer momento e lugar no que nos atopemos, e polo simple feito de que a interacción se produzca a través de estas canles non ten porque significar que ese proceso sexa negativo. Unha das cousas que nos van a aportar e comunicarnos con máis frecuencia, agora ben, a calidade de esa comunicación vai a depender do uso que fagamos desa tecnoloxía.

 

 

 

image