Unha experiencia interdisciplinar en Ed. primaria mediante o uso de Squeak

Na última sesión interactiva do día 23 de abril, iniciamos unha actividade na cal debíamos localizar unha experiencia de inclusión das tecnoloxías nun contexto educativo. Neste sentido, e despois de empregar distintos buscadores especializados tiven que volver a Google posto que non atopaba experiencias concretas, senón que o que abundaba eran análises moi xerais de distintos proxectos. Por outro lado, e guiándome por un dos puntos a ter en conta na análise da experiencia, a bibliografía, desbotei algún documento posto que non recollía esta información  co cal gran parte da experiencia quedaba descolgada posto que non sabía cales eran os puntos nos que se sustentaba. É por isto que a través do Buscador académico de Google, que dei con esta experiencia da USC.

O documento atopado é unha experiencia levada a cabo nun colexio La Salle de Santiago de Compostela, no seo dunha investigación da USC. Os autores do documento son Fernando Fraga Varela e Adriana Gewerc Barujel.

Debo indicar que no presente documento non se recolle a duración da experiencia posto que no momento en que se realiza este artigo aínda se atopa en proceso. Atendendo a sito debo engadir que a investigación comeza en marzo de 2004, cando coñecen a través dunha iniciativa da comunidade de Extremadura  este software. Así mesmo, recóllese que será no curso 2005 no que comecen a experiencia no colexio La Salle.

En canto á bibliografía empregada podo dicir que debido ao prisma que segue a formulación e creación deste software, os documentos centranse por tanto nun enfoque constructivista, que ten en conta a teoría Piageitiana, a visión do aprendizaxe con ordenadores de Papert ou investigacións de Bruner entre outros. Con todo a continuación inclúo unha lista con aqueles documentos que se recollen na bibliografía.

ESTABANALL, F. M., y FERRÉS, F. (2001). Internet, los espacios virtuales y la educación a distancia. En Educar en la sociedad de la información. Bilbao: Desclée.

FUEYO DÍAZ, J., PIZARRO GALÁN, A., PRUDENCIO CONEJO, M., ROLDÁN CUERPO, V., y TORRES ESCOBAR, F. (2004). Manual de Squeak, 2004, de http://swiki.agro.uba.ar/small_land/232

GALAS, C. (2001). School Squeaking. Squeak News, 1.

GILLESPIE, T. (2002). Hard Fun ... squeak!!!, 2004, de http://www.mime.indiana.edu/squeak/

JONASSEN, D. H., PECK, K. L., y WILSON, B. G. (1999). Learning WithTechnology. New Jersey: Prentice Hall.

KAY, A. (2003). Squeakers [DVD]. Producido por Ball State University.

KAY, A. (2004). The Power of The Context, 2004, de http://www.squeakland.org/school/HTML/draper/index.htm

KONGSHEM, L. (2003). Face to Face: Alan Kay Still Waiting for the Revolution, 2004, de http://www.kongshem.com/words/index.html

MARTÍN PATINO, J. M., BELTRÁN LLERA, J. A., y PÉREZ SÁNCHEZ, L. (2003). Cómo aprender con Internet. Madrid: Fundación Encuentro.

PAPERT, S. (1981). Desafío a la mente. Computadoras y educación. Buenos Aires: Galápago.

PAPERT, S. (1995). La máquina de los niños. Replantearse la educación en la era de los ordenadores. Barcelona: Paidós Contextos.

PAPERT, S. (2003). ¿Qué es Logo? ¿Quién lo necesita?, 2004, from http://eduteka.org/profeinvitad.php3?ProfInvID=0002 Traducido de PAPERT, S. (1999). Logo Philosophy and Implementation.: Logo Computer Systems Inc. LCSI.

ROSE, K., & CONN, B. J. (2004). Ideas Poderosas en el Aula, 2004, de http://swiki,agro.uba.ar/small_land/193


Unha vez analizadas as bases teóricas desta experiencia é preciso determinar cal é a tecnoloxía que se introduce así como explicar en que consiste. Como xa dixen anteriormente tratase dun software, este recibe o nome de Squeak. Caracterízase por ser un software gratuíto para uso educativo, que ten como principal principio cambiar os procesos de aprendizaxe convertendo ao alumno no principal protagonista deste proceso.

O motivo polo que se leva a cabo esta experiencia é porque ata o momento o uso dos ordenadores non era moi adecuado, este software vai más aló do uso simple dun ordenador, o que pretende é que os alumnos razoen e resolven problemas de forma autónoma, descubrindo por eles mesmos como levar a cabo distintas actividades. Neste sentido e como apuntan os autores, non se trata dun programa, senón que é unha forma de entender os procesos de aprendizaxe.O principal obxectivo era familiarizar aos alumnos co uso do software así como que deste xeito se puideran desenvolver aqueles aprendizaxes marcados polo currículo.  

A posta en marcha da experiencia lévase a cabo cos alumnos de 4º curso de primaria, a través da clase de lingua. Nesta materia os alumnos tiñan un libro no cal se contaba a historia dun personaxe, con motivo deste decidiuse que os alumnos debuxasen o personaxe coa aplicación de debuxo do Software. Mais isto non quedou aquí xa que pouco a pouco fóronlle dando movemento e marcando os pasos que tiña que seguir, foi neste momento cando se deu un salto de materia e se trataron temas de matemáticas.

É este cambio de materias, esta aprendizaxe intuitiva o que fai que o profesor teña un gran papel posto que en vez de explicar son eles os que aprenden individualmente, neste senso o profesor é o encargado de dirixilos e axudar a que asimilen estas actividades como contidos. Por tanto o papel do docente tamén é vital neste proceso.

Neste sentido o uso dos ordenadores con este software permitiu levar a cabo unha aprendizaxe de contidos de xeito paulatino e combinado que rompía en gran medida coas dinámicas normais dunha clase cotia. Este feito foi valorado moi positivamente polos autores, aínda que non se aportan os datos finais, comentan que a motivación por parte dos alumnos é total así como a implicación nas distintas tarefas levando a cabo a adquisición de todos os contidos formativos do seu nivel de igual xeito que se estivesen nunha clase normal, coa diferenza de que neste caso van xurdindo pouco a pouco.

Debo indicar que os autores, comentan que foi o equipo investigador quen levou a cabo un traballo específico con este software, traducíndoo ao galego. Así mesmo ,destacan que a maioría da documentación sobre Squeak non se centra no seu valor didáctico co cal a base do uso deste no eido educativo é tomada da experiencia levada a cabo en Extremadura así como dun libro de Open Charter School dos Angeles.

Dende o meu punto de vista e aínda sen coñecer os datos finais, considero que esta actividade conleva un gran traballo de planificación e implicación do profesorado, o cal debe ser formado neste eido converténdose no guía dalgún xeito dos seus alumnos. Creo que o papel do docente é vital, conferíndolle a responsabilidade de desenvolver os contidos de igual xeito, pero adaptándose as evolucións que fan os seus propios alumnos. Por outro lado, considero que é unha tarefa complexa máis con todo e polo que se comenta os resultados son vos.

É interesante así mesmo consultar outro documento que recollín en Dialnet sobre a mesma experiencia pero formulado doutra maneira, o cal nos aporta novos datos sobre o feito comentado. A continuación déixovos unha lista de páxinas onde podedes consultar o presente proxecto.

profesorado y Squeak ¿Una oportunidad para romper los mitos sobre la tecnología en la escuela?Una experiencia interdisciplinar en Ed. primaria mediante el uso de Squeak

Bibliografía e webgrafía

 Fraga, F. e Gewerc, A. (2005). Una experiencia interdisciplinar en Ed. Primaria mediante el uso de Squeak. Santiago de Compostela: USC. Recuperado o día 23 de abril  de 2013 de  http://stellae.usc.es/USCSqueak/congresos/experienciainterdisciplinar.pdf

Fraga, F. e Gewerc, A. (2006). Profesorado y Squeak ¿Una oportunidad para romper los mitos sobre la tecnología en la escuela?. Revista Lationamericana de Tecnología Educativa, 5 (2), 465-482. Recuperado o día 23 de abril de 2013 de dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2229242.pdf