Experiencias metatextuais: integración das tecnoloxías nun centro educativo


FICHA TÉCNICA SOBRE A EXPERIENCIA EDUCATIVA RECOLLIDA

Fonte:

http://recursostic.educacion.es/buenaspracticas20/web/es/experimentacion-didactica-en-el-aula/1072-experiencias-metatextuales (Consultada o día 23 de abril de 2013)

Título da experiencia: Experiencias metatextuales

Revista da que foi recollida: Revista Digital Buenas Prácticas 2.0

Autores: Méndez D., e Rives M.

Contexto: colexio público “CEIP Sigüeiro”, localizado na provincia de A Coruña. A experiencia é desenvolta por nenos de 6º de Educación Primaria do centro educativo.

Momento histórico: durante o ano académico 2012.

Traballos que empregan de guía para a elaboración da experiencia:        

  • Proyecto de investigación sobre las energías
  • Los combustibles fósiles
  • Animación - Aprovechamiento de la energía solar
  • Cómic sobre las diferentes energías y sus características
  • Aprovechamiento de la energía eólica
  • Presentación sobre las energías

Comentario sobre a función que cumpre a tecnoloxía na experiencia:

            Nesta experiencia a tecnoloxía non é prescindible, xa que grazas á mesma elabórase un proxecto que potencia as aprendizaxes do alumnado dun xeito interdisciplinar. Interdisciplinar porque estes nenos desenvolven o traballo converxendo diversos eidos do coñecemento: tecnoloxía, matemáticas, medio ambiente ou lingua castelá, entre outros.

            Deste modo, o alumnado construíu unha animación por stopmotion na que indagou sobre a temática principal da que tiña que ser o proxecto (os recursos renovables) mediante o emprego das novas tecnoloxías como fonte documental, aínda que tamén se empregou soporte impreso (libros, revistas) da propia biblioteca do colexio. Así, non só obtiveron aprendizaxes sobre os recursos renovables, que se acadarían ó realizar un traballo ordinario e común, tal como vimos efectuando todos estes anos, senón que aprenderon facendo, mediante o manexo e utilización do soporte dixital e informático.

            Estes nenos tamén realizaron unha presentación na que combinaron as imaxes co texto que querían expoñer, todo dun modo moi sintético que, se adecuou á linguaxe dixital ó unir estética coa información axeitada que habería que amosar en cada intre.

            Sinalar que, tal como se expón o artigo, “los pasos del proyecto de aprendizaje fueron realizados desde el uso del iPad como instrumento de búsqueda, edición y diseño del producto de comunicación” (Méndez, D., 2013). Aspecto que lles brindou ós alumnos a ruptura coas barreiras de espazo e de tempo, xa que non só desenvolveron o proxecto na clase, senón que, o iPad permitiulles recadar información e traballar no proxecto noutro tempo e lugar, flexibilizando a labor a realizar.

            Como observamos, nesta experiencia a tecnoloxía cumpre unha función moi importante, porque sen ela, os nenos non desenvolverían unha alfabetización dixital e informacional, e os contidos referentes ás enerxías renovables non quedarían tan asentados, xa que en todo o momento aprenderon manexando as novas tecnoloxías: para procurar información, para crear o vídeo ou para crear a presentación. 

            Desde esta experiencia, a tecnoloxía aporta un enfoque novo, un enfoque totalmente educativo, os nenos aprenden motivados polo que lles interesa, o obxectivo é conseguir elaborar un traballo sobre as enerxías renovables, pero para acadalo teñen que seguir un camiño, explorar outras áreas do coñecemento, como comentábamos anteriormente.

 

image

Imaxe que amosa o emprego das matemáticas (unha simple regra de tres) para a realización da animación por stopmotion

            Ademais, a experiencia non aporta un enfoque centrado na tecnoloxía, senón que consagra varios campos do coñecemento. Non se centra no iPad que teñen que empregar para ir construíndo o proxecto, por exemplo.

            Sen dúbida, son prácticas coma esta as que se deberían levar a cabo en tódolos colexios, que os nenos experimenten coas novas tecnoloxías, que sexan consumidores de información, pero tamén produtores. Isto vai levar a destrezas, habilidades e actitudes de creatividade, motivación, implicación, colaboración, esforzo, satisfacción..., imposibles de acadar cunha clase expositiva ordinaria.