50 ferramentas online para docentes

Foi a partir do Facebook de "la colmena pedagógica" que accedín a unha das últimas entradas do blog Educabilia, no cal se recollen unha serie de ferramentas para uso online que poderían contribuír ao traballo dos docentes, así como apoiar a introdución de novas metodoloxías nas aulas.

Os distintos enlaces e ferramentas web, atópanse agrupados do seguinte xeito:

- Encontrar recursos educativos

- Crear recursos pedagóxicos

- Crear cursos online

- Xestionar aulas virtuais e interactuar cos alumnos

- Crear cuestionarios online e correxir traballos

O que pretendo con este enlace é contribuír a abordar un eido analizado na miña última entrada no blog, na que falaba da alfabetización dixital. Xa que ter constancia de todos os instrumentos que se poden empregar é o primeiro paso para introducir novas metodoloxías de aprendizaxe na aula. Ademais, pareceume moi interesante este enlace, posto que recolle unha serie de recursos que sería bo que todos coñecésemos.

Espero que vos sirva de axuda.

Webgrafía:

http://blog.educabilia.com/post/47553997585/50-herramientas-online-para-profesores (Consultada o día 28 de abril de 2013)