Personal Learning Environmet (PLE)

Na última sesión expositiva, fixemos unha pequena introdución no termo Personal Learning Environmet (PLE) a partir de dous vídeos en Youtube. Atendendo a isto, foinos encomendada a tarefa de realizar o noso propio Entorno Persoal de Aprendizaxe. 

Debido a isto tratei de indagar un pouco máis no concepto, atopándome con un novo termo o Personal Learning Network (PLN), o cal fai referencia á nosa rede persoal de aprendizaxe, e que estaría insertado dentro do noso PLE.

Para entender un pouco máis do que estou a falar considero importante a visualización do presente vídeo así como a lectura do documento adxunto. Linda Castañera Quíntero (Universidade de Murcia) é a encargada de analizar o PLE no vídeo, así como, comparte a autoría do texto adxunto con Jordi Adell Segura, protagonista do vídeo sobre o PLE visto na clase expositiva.

 

Los Entornos Personales de Aprendizaje (PLEs): Una nueva manera de entender el aprendizaje

 

Unha vez vistos ambos documentos podemos extraer as seguintes ideas principais:

O PLE é o "conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender." (Adell e Castañeda, 2010)

Este Entorno Persoal de Aprendizaxe, trae consido unha serie de tarefas básicas:

  • buscar e filtrar a información de interese
  • comunicarse cos demais
  • crear novos contidos
  • publicar para compartir 
  • colaborar con outros en tarefas de produción colectiva
Ademais disto, está formado por tres elementos fundamentais:
  • Ferramentas ou aplicacións que che permitan acceder á información
  • Ferramentas de creación e edición da información, que che permiten compartila
  • PLN (Rede Persoal de Aprendizaxe) persoas coas que temos contacto e compartimos información

Pero, que supón para min o PLE?

Neste sentido, convértome en axente activo do meu proceso de aprendizaxe. A través da búsqueda de información, selección da mesma e construcción da miña propia interpretación. Tendo que levar a cabo unha análise crítica dos contidos que atopo nas distintas fontes de información. Por outro lado, organizo os meus tempos e administroos con total autonomía, podendo relacionarme cunha rede de contactos propios cos cales compartir e analizar información de forma conxunta.

Estoume a introducir, por tanto, nunha competencia básica desta materia e inherente ao PLE, aprender a aprender, a partir da cal estou levando a cabo un proceso formativo totalmente distinto ao que desenvolvín ata o momento.

Espero que a infomación aportada por ambos documentos vos sirva de axuda para a creación do voso PLE así como para entender mellor de que estamos a falar. Ademais, se esta información non é dabondo podedes consultar a seguinte wiki (http://enlawebdospuntocero.wikispaces.com/PLE+y+PLN) na cal se aportan distintos documentos, imaxes e presentacións Power Point que abordan o tema.

Atendendo a isto só queda realizar o meu propio PLE, o cal espero poder compartilo con vos nalgún momento.

 

Bibliografía e webgrafía

http://enlawebdospuntocero.wikispaces.com/PLE+y+PLN (consultada o día 23 de abril de 2013)

Adell, J. e Castañeda, L. (2010). Los Entornos Personales de Aprendizaje(PLEs): Una nueva manera de entender el aprendizaje. Recuperado o día 23 de abril de 2013 de http://mc142.uib.es:8080/rid=1L3N27HVV-1GSMH1H-663M/Adell%26Casta%C3%B1eda_2010.pdf