Lorena Núñez Rodríguez

Se me tibese que describir en poucas palabras creo que as axeitadas serían: versátil, gran solucionadora de problemas e alegre.

MODELOS DE ASESORAMENTO

       Centrándonos nos modelos de asesoramento, podemos observar que existen diferentes clasificacións e denominacións dos mesmos dependendo dos autores aos que atendamos. En este caso, situámonos na clasificación que propón Parrilla (1996), que analiza os modelos situándoos en un eixe. 

       Este autor identifica catro modelos de asesoramento: terapéutico (individuo-experto), individual-colaborativo (individuo-colaborativo), consulta-recursos (experto-escola) e curricular (colaborativo-escola). A continuación describiremos cada modelo máis por menorizado:

       O asesoramento terapéutico céntrase en cada individuo e considera que o asesor é un experto que conta cos recursos precisos para resolver os diferentes problemas que cada alumno presente. En este modelo a intervención centraríase en cada suxeito sin ter en consideración o seu entorno mais próximo, nin a escola da cal forma parte.

       O asesoramento individual-colaborativo: este modelo, ao igual que sucedía no modelo terapéutico, céntrase no individuo pero  mostra como principal rasgo  diferenciador que se centra no desenvolvemento de programas de intervención nos cales participan diferentes profesionais.

       O asesoramento consulta- recursos  supera as concepcións centradas no individuo para ter como centra da súa intervención a escola. Os asesores son expertos que colaboran con outros profesionais co fin de responder ás necesidades que presente o alumnado.   

       O asesoramento curricular  parte da premisa de que a cooperación é a base do desenvolvemento profesional e consecuentemente institucional. O asesor traballará para que se produzan as condición axeitadas para que os diversos profesionais desenvolvan prácticas reflexivas así os apoios precisos para que se produza una formación continua que permitan a maior capacitación profesional.

       Desta breve exposición sobre os diversos modelos de asesoramento que propón Parrilla (1996), podemos concluír con que posiblemente o modelo polo que se debería apostar dende a administración educativa sería polo do asesoramento curricular.  Ao meu entender este modelo  é o que  atende de forma mais integral a todo o centro educativo, así como o que aposta por dotar de maior autonomía a todos os integrantes do centro.