Porque se tenta equiparar a vida real á vida virtual?

Como nos expoñía onde a nosa profesora de “Tecnoloxía Educativa”, podemos sacarlle un potencial educativo a unha laranxa? Dende a miña perspectiva, considero que todo material posúe potencial educativo, a solución está en como encauzemos a nosa idea para que realmente posúa ese potencial. Así que, se unha laranxa posúe potencial educativo, que potencial non terán as novas tecnoloxías, como elementos moitísimo máis complexos e con numerosas vantaxes e tamén inconvenientes?

            A través do que se foi comentando onte na nosa clase expositiva desta materia, había unha cuestión que se estaba reiterando na miña cabeza: o feito de que traslademos a nosa vida real á vida virtual, é dicir, podemos crear un mundo paralelo virtual igual ó noso (second life), podemos falar cos nosos compañeiros a través da era tecnolóxica, ata podemos levar as problemáticas sociais á rede (acoso escolar mediante o ciberbullying). Segundo Siemens (2004), a tecnoloxía cambiou o como vivimos, como nos comunicamos e como aprendemos.

Este é o meu PLE (entorno persoal de aprendizaxe) hoxe en día: (súboo a arquivos, porque se o subo aquí non se ve toda a entrada, non entendo porque...).

            Obsérvase como as novas tecnoloxías e a rede son os elementos máis importantes no meu entorno persoal de aprendizaxe (PLE), é o que me permite obter, compartir e gardar información. A verdade é que xa non imaxino o que sería o meu quefacer diario sen as novas tecnoloxías e a rede.

            Desta maneira, un aspecto no que reparei é que, a través da rede todo se magnifica, podes falar con máis compañeiros que na vida real, podes obter máis información en menor tempo que se acudes a unha biblioteca, o ciberbullying produce maiores dificultades para afrontalo xa que son máis os integrantes desta problemática sumando o seu anonimato...todo é a gran escala, pero entón, aspectos positivos como é unha boa educación, porque non se pode producir a gran escala? Porque só movemos as prácticas que realizamos día a día nas clases á rede? Porque non reparamos no gran potencial das novas tecnoloxías?

            Neste senso, o potencial educativo das novas tecnoloxías considero que se atopa no conectivismo que, como constatamos no meu PLE, as aprendizaxes están interconectadas, e canto máis, cando de tecnoloxía se trata. George Siemens desenvolveu a teoría da aprendizaxe para a era dixital (conectivismo) baseado na análise das limitacións das outras teorías da aprendizaxe: conductismo, cognitivismo e constructivismo (Rodríguez Rodríguez, A.J., e Molero de, D.M., 2009).

            Desta maneira, presento unha táboa (Siemens, 2008) na que se amosan claramente as diferenzas entre as teorías da aprendizaxe que comentamos no parágrafo anterior:

Propiedade

Conductismo

Cognitivismo

Constructivismo

Conectivismo

Produción da aprendizaxe

Caixa negra

Estruturación

Social- personal

Distribuído, mellorado mediante a tecnoloxía

Factores influíntes

Recompensas (castigo, estímulo)

Experiencias anteriores

Participación, implicación, compromiso

Importancia dos vínculos, diversidade

Papel da memoria

Experiencias repetidas

Almacenamento, codificación, recuperación

Coñecemento anterior mesturado co actual

Adaptación a realidades

Transferencia

Estímulo-resposta.

Duplicación do coñecemento principal

Socialización

Conectando as redes

Outras denominacións

Aprendizaxe baseado en tarefas

Razoamento, solución de problemas

Social

Aprendizaxe complexo, diversas formas de coñecemento

 

            Como se constata na táboa, e como tamén se explicaba na clase expositiva de onte, o conectivismo supera ás teorías do aprendizaxe tradicionais, plantéxase por así dicilo, como unha teoría de mediación entre elas a través dos recursos tecnolóxicos.

            Para concluír dicir que, non equiparemos a vida real á vida virtual, collamos o gran recurso que supoñen as novas tecnoloxías e empreguémolo eficientemente, exprimindo o seu máximo potencial educativo, utilicemos o conectivismo como unha aprendizaxe nas nosas aulas. Non fagamos meras clases expositivas nas que se produza unha homoxeneización de ideas, sen creatividade e sen o sentido crítico de cadaquén:  “el aprendizaje debe constituír una forma de ser – un conjunto permanente de actitudes y acciones que los individuos y grupos emplean para tratar de mantenerse al corriente ed eventos sorpresivos, novedosos, caóticos...” (Vaill, 1996).

 

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA:

Rodríguez Rodríguez, A.J., e Molero de, D.M. (2009). Conectivismo como gestión del conocimiento. Revista electrónica de Humanidades, Educación y Comunicación Social (REDHECS) (6ª Edic.).

Siemens, G. (2004). Conectivismo: una teoría de aprendizaje para la era digital. Recuperado o día 30 de abril do 2013, de: http://ambientesweb20.blogspot.com.es/2010/03/siemens2004-conectivismopdf.html

 Siemens, G. (2008). Learning and Knowing in Networks: Changing roles for Educators and Designers. Presentado no Forum de Educación Tecnolóxica. Celebrado en Georgia o día 27 de xaneiro.

Vaill, P. (1996). Learning as a way of being: Strategies for Survival in a World of Permanent White Water.  San Francisco: Jossey-Bass.

http://secondlife.com/whatis/?lang=en-US (Consultado o día 30 de abril de 2013)