JClic e WebQuest

Na sesión interactiva do 30 de abril, formulóusenos a realización dunha actividade na cal debemos comparar un JClic e unha WebQuest.

Atendendo a isto, considero preciso, saber de que estamos a falar. En primeiro lugar, un JClic é segundo o dito na súa web oficial,  un software libre que permite a creación, realización e avaliación de actividades educativas multimedia. Neste senso, reúne unha serie de aplicacións que permiten a realización de diversas actividades educativas.  Pero para coñecer máis en que consiste, seleccionei unha actividade para alumnos de secundaria da área de Ciencias Sociais.

A presente recurso tiña como tema Grecia e Roma, e consistía nunha serie de tarefas de diversa índole. Atendendo a isto, podo dicir que se realizaban sopas de letras, puzzles, exercicios de relacionar con frechas, así como textos para completar  a partir doutros textos formulados na actividade. En xeral preséntase unha serie de actividades baseadas principalmente na adquisición daquelas definicións e datos concretos máis significativos sobre o tema.

Por outro lado, considero que se asenta nun enfoque do aprendizaxe no que os alumnos son os que levan a cabo de forma autónoma o formulado polo profesor, converténdose nos axentes activos do seu propio aprendizaxe a través das distintas actividades. Atendendo a isto o docente sería o guía do seus aprendizaxes. Dicindo isto creo que se asentaría nun enfoque constructivista.

Dende o meu punto de vista, o presente recurso, permite desenvolver unha serie de contidos teóricos de maneira máis motivadora. Digo isto, posto que os alumnos o que están a facer é un xogo, a base de sopas de letras ou actividades de unir con frechas, están adquirindo unha serie de contidos, así como asentando aqueles que xa teñen. Pareceume moi interesante unha das actividades que se desenvolvía no exemplo que elixín. En primeiro lugar presentábase un texto, e a partir deste, na seguinte actividade tiñan que completar un texto similar con aqueles termos tratados no texto anterior. Destaco esta actividade posto que a diferenza das outras require quizás unha maior atención e asimilación do que se está a ler.

 

En segundo lugar, é necesario definir o que é unha WebQuest, para isto hai que ter en conta que se trata dunha metodoloxía de aprendizaxe que ten en internet a súa primeira fonte de información, e que pretende incentivar o proceso de investigación dos alumnos, a súa conciencia crítica e axudar á toma de decisións. O presente modelo  parte da realización dunha actividade determinada, a cal é presentada polo docente de forma estruturada e aportando os recursos necesarios para a súa realización.

Para entender un pouco máis do que estou a falar, seleccionei a seguinte WebQuest, na cal se tratará de analizar o efecto da emigración en España a través da realización dunha tarefa en grupos. Neste sentido, é importante facer mención da teoría de aprendizaxe constructivista que asenta a presente actividade así como a importancia do aprendizaxe cooperativo, presente a través da realización da tarefa en grupos.

Neste caso atópome ante un proceso ben distinto ao formulado no JClic, aínda que considero que ambos son constructivistas, neste caso a base principal do modelo é esa, un enfoque no que o alumno é o responsable do seu propio aprendizaxe, así como o docente é presentado como guía do proceso. No tocante a isto, atópome ante unha actividade ben distinta, o profesor formula e determina como vai ser a tarefa, así como a súa realización de maneira grupal, para logo dar autonomía os alumnos na adquisición da información e na administración desta. Con todo é certo que os recursos a empregar xa son facilitados polo docente.

Atendendo a isto, coido que un recurso deste estilo, contribúe a mellorar a procura de información, así como permite a posibilidade de realizar a actividade de maneira grupal, cousa que no JClic non se podería levar a cabo posto que todas as tarefas están pensadas para realizar de forma autónoma.

Facendo referencia ao dito anteriormente podo destacar as seguintes similitudes e diferenzas:

  • Similitudes:

-Autonomía dos alumnos na realización das tarefas.

-Docente como guía do proceso de aprendizaxe.

-Introdución de novos recursos como forma de motivar ao alumnado, así como de introducir novas metodoloxías de aprendizaxe.

-Enfoque constructivista do aprendizaxe.

  • Diferenzas:

-Formulación das actividades:

No caso do JClic, estas seguen unha secuenciación formulada polo docente e que non permite variación, os alumnos deben ir contestando paulatinamente cada unha das actividades.

No caso da WebQuest, este recurso aporta unha explicación detallada da tarefa a levar a cabo, así como dos recursos onde buscar información. Aínda que se formula a tarefa ao igual que no caso anterior, o alumno pode elixir a orde en que levar a cabo as búsquedas e os análises pertinentes, co cal a autonomía é moito maior.

-Avaliación da tarefa realizada:

Ambos recursos ofrecen unha avaliación da tarefa que levan a cabo máis esta non é igual. Atendendo ao JClic, a avaliación consiste en decir o número de acertos ou erros que cometeu o alumno ao longo da tarefa. No caso da WebQuest, a avaliación é explicada polo docente dende o comezo xa que está é unha das partes que a conforman, sendo portante explicadas ao alumnado dende que comezan a actividade. Neste sentido, o proceso avaliativo adquire un novo nivel, no cal se teñen en conta non so os erros, senón o proceso seguido e a reflexión e análise dos contidos.

-Actividade individual no caso do JClic, mentres que a WebQuest permite o aprendizaxe cooperativo, a través do traballo en grupo.

 

Deste xeito podo dicir que nos atopamos ante dous recursos interesantes para cambiar as metodoloxías de aprendizaxe seguidas polos docentes e incluír o uso do ordenador e internet nas dinámicas da aula.

 

webgrafía:

JClic. Recuperado o día 30 de abril de 2013 de http://clic.xtec.cat/es/jclic/

JClic: Grecia y Roma. Recuperado o día 30 de abril de 2013 de http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3307

Grupo Weblinex (2004). WebQuest. Recuperada o día 1 de maio de 2013 de http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm

Edutic. Recuperada o día 30 de abril de 2013 de http://www.edutic.ua.es/directorio-webquest/

WebQuest: Emigración en España. Recuperada o día 30 de abril de 2013 de http://www.edutic.ua.es/wq/index.php?id=934