Os contidos e os procesos

Como dixo Lourdes na sesión de onte (20/3/12), os contidos que abordamos en sesión pasadas (fundamentalmente os extraídos do texto de Jesus Domingo) podiámolos haber traballo de moitas formas (procesos) pero decantámonos por empregar un técnica que os meus compañeiros xa definiron moi ben e a que demos en chamar os tres círculos de Montero.

Este exemplo creo que é moi interesante xa nos permite ver como un mesmo contido pode ser traballado de innumerables formas dependendo da finalidade que lle queiramos dar a ese contido, é dicir, podemos facer un tratamento superficial do contido ou un tratamento máis profundo, podémolo traballar para a súa memorización ou para a súa interiorización, etc.

Pensando un pouco sobre este tema decidín indagar na web en busca de algún documento que servise de respaldo para a idea que propoño a continuación:

O traballo a través dos procesos que empregamos nesta materia (o portafolios) promove unha aprendizaxe máis significativa, promovendo en nós a capacidade para poder aplicar todos os contidos adquiridos dende a teoría á futura práctica profesional.

O emprego deste tipo de procesos (o que empregamos nesta materia) creo que é moito máis beneficioso para a nosa formación como futuros asesores que traballar a través doutro tipo de procesos como o soemos facer en tantas outras materias da nosa titulación.

Ao final da miña busca atopei o libro titulado “Desarrollo de portafolios para el aprendizaje y la evaluación” que podedes ver no seguinte enlace:

http://books.google.es/books?hl=es&lr=&id=tGi7jDqSmPIC&oi=fnd&pg=PA7&dq=contenidos+y+procesos+de+aprendizaje&ots=fJawbtpMBU&sig=mEkVMHXwWKdCaWBJa71FzNiWwyo#v=onepage&q=contenidos%20y%20procesos%20de%20aprendizaje&f=false

No documento que adxunto a esta entrada seleccionei as páxinas do citado libro nas cales creo que se pon de manifesto as ideas presentadas sobre a importancia de traballar, preferiblemente, por medio de portafolios e de cómo se está a estender o traballo a través deste tipo de procesos.

  Motivos para empregar o portafolios

Espero que o atopedes interesante.

Un saúdo.