Cono da experiencia de Dale.

Na pasada sesión interactiva do día 30 de abrirl abordouse o tema dos recursos analóxicos e dixitais.No transcurso da sesión mencionouse o chamado cono da experiencia de Dale sobre o cal me gustaría falar nesta entrada, posto que non sabía da existencia, a dicir verdade non sabia quen era Dale e o que a súa figura significaba para a tecnoloxía educativa.

En primeiro lugar, cómpre, falar un pouco sobre o propio Dale. Foi un coñecido pedagógo e educador estadounidense nado o 27 de abril de 1900 en Benson e falecido o  8 de marzo de 1985 en Columbus. A súa aportación consiste en varias contribucións á ensinanza de audio e visuais incluindo unha nova metodoloxía para analizar o contido das películas. Dedicou moitos anos do seu traballo profesional ao estudo do proceso de aprendizaxe, saber como aprendemos polo que no ano 1966 crea o chamado Cono da Experiencia. Pódese dicir que o cono da Experiencia foi o primeiro intento para construir un razonamento que enlazara a teoría do aprendizaxe coas comunicacións audiovisuais. (Seels & Richey, 1994).

Mediante o cono da experiencia preténdese a ordenación dos niveis de concreción e abtración dos métodos de ensinanza. En palabras do propio Dale " as ideas poden ser máis facilmente entendidas e retidas se se construen dende a propia experiencia".

A continuación explicarase a importancia de cada un dos escalóns:

Experiencia directa ou interese manifestado?

O primeiro escalon está referido as experiencias directas. Este tipo de vivencias son máis efectivas na educación inicial e primaria, máis para que sexan efectivas é necesario que sexan combinadas con experiencias indirectas ou representativas. Será función dos educadores e dos pais a combinación de ambos tipos de experiencias. 

A importancia das experiencias directas está clara pero en ningún momento estas poden substituir a teoría, ambas teñen que estar perfectamente combinadas pois unha tería necesita estar representada na práctica e a práctica necesita ser explicada pola teoría.

O segundo escalón está representado polas experiencias indirectas tamen coñecidas co nome de imaxinativas, simuladas ou inventadas. Este tipo de experiencias toman importancia á hora das representacións da realidade que non pode ser captada polos sentidos polo que vese marcada a necesidade de acudir a materiais e modelos representativos que a expliquen.

O terceiro escano está representando as experiencias dramatizadas, estas están relacionadas coa forma de actuar de cada persoa. Neste tipo de experiencias é necesario diferenciar entre a experiencia do espectador e do actor posto que este último atopase mais cerca da experiencia directa que o espectados.

O cuarto escalon son as demostrancións as cales se consideran unha explicación visualizada dun feito ou dun proceso importante. É importante o papel do demostrador, encargado de demostrar como se fai. Cómpre decir que as demostracións teñen máxima utilidade no campo das ciencias. 

O seguinte escalón está destinado para as excursións. Debe priorizarse unha visita á comunidade e aos seus recursos educativos combinandoas coa observación e a participación de xeito que se pon en contacto as persoas con cousas e situacións diferentes.

Seguidamente aparece o escalón das exposicións. Neste sentido estamos en relación coa información dende o posto do espectador.

En canto ao resto de escalóns podemos dicir, que na punta máis alta do cono atopámonos coas representacións orais seguidas dos símbolos visuais, as imaxes fixas e as películas. O coñecemento, para Dale ten unha estructura dependendo de como os métodos de aprendizaxe influen nunha de maior ou menor profundidade á hora de asimilar  ese coñecemento.

Unha vez analizado o cono de Dale e de darlle significado a cada un dos escalóns, considero que non todo aprendizaxe está rexido polo propio esquema que dá o autor. Numerosas veces tenme pasado de recordar unha visita ou unha película e non acordarme de algo que eu misma fixen. Neste caso non entra en xogo a experiencia directa ou indirecta do propio proceso. Considero que en todo caso entra en xogo a atención que cada persoa lle poña a cada unha das actividades que desenvolve día a día, unha atención marcada principalmente polo interese que a propia atividade e temática subscite. 

 

Webgrafía:

http://tulasalasdebedregal.blogspot.com.es/2012/07/56-analizando-el-cono-de-la-experiencia.html recuperado o día 1 de maio.

http://www.de-padres.com/articulos/151/dale--el-cono-de-la-experiencia recuperado o día 1 de maio.

http://clarion.mudejarico.es/2011/04/el-falso-cono-del-aprendizaje-de-dale/ recuperado o 1 de maio.