Personal Learning Environmet (PLE) (Segunda parte)

Nunha das miñas últimas entradas no blog realicei una pequena análise sobre o que era o PLE, e como influía en min. Con todo, considero que esta entrada queda algo incompleta ao non falar do meu propio PLE. É por isto que considero preciso explicitar a partir da seguinte imaxe a composición deste.

  O meu PLE

Pero cal é a función do meu entorno persoal de aprendizaxe? En que inflúe en min? Cal é o seu fin?

En primeiro lugar, considero que ser conscientes de todos aqueles aspectos que inflúen no teu aprendizaxe é moi importante para poder analizar se o estás a facer ben ou non. E sobretodo tendo en conta a importancia que ten para nosoutros, neste momento, a procura de información e a veracidade das fontes, posto que a través das partes do noso PLE estamos realizando o presente E- portfolio, o cal é e ten que ser un reflexo do noso aprendizaxe. Polo tanto, saber cal é o noso PLE é unha das partes máis importantes do noso traballo nesta mateira.

Neste sentido, a parte que máis destaco do meu PLE é o meu PLN, e dicir aquelas persoas que dalgún xeito inflúen ou participan no meu aprendizaxe. Como podedes ver, recollo a miña familia, amigos , así como o meu profesorado, mentres que deixo un apartado para as redes sociais e a comunicación vía telefónica. Poño nun apartado aparte o aspecto das redes sociais, posto que aínda que me comunico con moitos amigos por estas, inclúen unha dimensión maior, xa que tamén manteño contacto con asociacións, escolas de formación entre outras, que inflúen directamente no meu aprendizaxe aportándome bibliografía, documentos ou na mera oferta de formación. Por outro lado, a tenor da presente materia engadín ao meu PLE a rede Stellae a través da cal mostro paulatinamente a miña rede de contactos toda aquela información que vou elaborando arredor de aspectos formulados na aula, así como outras informacións de interese.

Os outros apartados do meu PLE, confórmano todas aquelas ferramentas que me facilitan a búsqueda de información, aquelas que me axudan a transformala permitíndome crear e editar os meus propios documentos, así como as que me axudan a almacenalos e gardalos.

Atendendo a isto e á resposta dada en clase arredor dos PLEs dos distintos compañeiros, coido que máis ou menos a presentación que facemos cada un de nos ten moitos puntos en común. Vivimos nunha mesma xeración ademais de estudar o mesmo, co cal a rede de ferramentas nalgún caso é semellante posto que máis ou menos todos acudimos aos mesmos sitios. Con todo cada un destes PLEs representan a nosa aprendizaxe persoal, dando significado a aqueles aspectos que consideramos importantes na nosa formación. Ademais, inclúe como eixe central as relación con outros, sendo, ao meu ver, o PLN a base sobre o que xira o aprendizaxe de cada un, estando a nosa familia na primeira fase deste proceso.

Para min levar a cabo esta actividade, trae consigo unha reflexión sobre aqueles factores que creo deberían estar presentes neste. Por outro lado, a adquisición de numerosa información sobre páxinas web, buscadores, repositorios, entre outros nas últimas sesións da mateira, cambiou en gran medida en menos de quince días as miñas fontes de información influíndo por tanto no meu PLE. Polo tanto, considero que o meu entorno de aprendizaxe vai estar en continuo cambio ao longo da miña vida, posto que se irá ampliando, mentras desbota outros aspectos a favor de melloras e novas perspectivas formativas. Con isto, o fin do meu PLE non é máis que ordenar unha parte fundamental do meu aprendizaxe, as ferramentas que emprego para formarme así como todas aquelas persoas que ao longo da miña vida están influíndo nel.

Con isto é xa para rematar, son consciente da importancia da realización desta actividade, posto que che fai parar e reformularte como estas formándote e ata onde queres chegar nesta formación, seleccionando aqueles feitos que son importantes no teu propio proceso.

Deste xeito e como dixen na anterior entrada, convértome nunha estudante autónoma que ve neste E-portfolio a oportunidade de adentrarse na súa formación e coñecer todos os aspectos que lle confiren significado. Posto que este blog o que pretende é mostrar a través dos seus contidos, a miña evolución persoal no aprendizaxe desta materia, recollendo as miñas reflexións e todos aqueles instrumentos que emprego para realizalo. Estando por tanto presente en todo momento o meu PLE.