• Blogs
  • silvia
  • "The Yellow Submarine", unha forma divertida de aprender inglés a través das TIC

"The Yellow Submarine", unha forma divertida de aprender inglés a través das TIC

The yellow submarine é unha experiencia de integración das TIC nas aulas que se ven desenvolvendo no colexio Maristes Montserrat de Lleida, dende o ano 1999. O autor da iniciativa foi Jordi Espasa, profesor do propio centro. 

O proxecto ten como finalidade proporcionar ao alumnado un novo método para a aprendizaxe das linguas estranxeiras, concretamente, do inglés.  Así pois, preténdese motivar aos estudantes e aumentar as súas competencias en expresión e comprensión tanto oral como escrita do inglés, integrando de forma plena as novas tecnoloxías na aula.

“The yellow submarine” consiste no traballo por corners (división da aula en rincóns) coa finalidade de conseguir unha oferta diferenciada de actividades de aprendizaxe simultáneas na mesma sesión, favorecendo así os diferentes ritmos de aprendizaxe dos alumnos, a atención individualizada por parte do profesor e o traballo en equipo.

Os corners que se traballan en cada sesión son os seguintes:  Computer Corner I, Reading Corner, Music Corner, TV Corner, Computer Corner II, Writing Corner e Roleplay Corner.

Ademais, existen outros tres corners que serían: Recording Corner, Lybrary Corner e Web Corner.

Así pois, en cada sesión, os alumnos organizados en pequenos grupos irán rotando polos corners citados anteriormente.

Déixovos a seguinte presentación para que coñezades un pouco mellor esta experiencia: 

"The Yellow Submarine"

 

Por último, indicar que elixín esta experiencia, porque me parecía interesante o método utilizado para o ensino do inglés, xa que este método é totalmente diferente do que eu tiven tanto en primaria como secundaria e bacharelato. Nesta iniciativa son os alumnos os protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe e ademais, os estudantes aprenden os contidos do currículo a través de actividades moi dinámicas e de interese para eles. 

Sen embargo, na maioría dos colexios, como ocorreu no meu, as clases de inglés son sesións expositivas nas que o profesor explica un contido, e os alumnos asimilan eses coñecementos. Pero este sistema non facilita a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, senón que aínda o dificulta máis, posto que os estudantes terminan o bacharelato sen ser capaces de manter unha conversación fluída na lingua extranxeira, que levamos estudando dende que chegamos á gardaría á idade de tres anos. Non credes que algo falla neste sistema de ensino? non sería mellor probar novas métodos e ver o que ocorre? 

Polo motivo comentado anteriormente, considero que este tipo de experiencias deberían estar presentes en máis centros educativos, polos beneficios que teñen para os estudantes. 

Webgrafía: 

http://www.slideshare.net/PremiTIC/44-1590601 (consultada o día 16 de abril do 2013).

http://ong.tupatrocinio.com/premio-tic-un-impulso-al-reconocimiento-social-del-profesorado-noticia-481.html (consultado o día 23 de abril do 2013)