Análise entre Jclic e WebQuest

A tarefa proposta na sesión interactiva do día 30 consistía nunha análise detallado entre as diferenzas e as similitudes  entre un JClic e unha WebQuest. Para poder realizar a tarefa encomendada, en primeiro lugar é preciso saber de que estamos a falar, por iso vexo preciso comezar dita actividade ando unha breve definición de cada un para contextualizarnos.

Segundo a páxina oficial do propio programa, un JClic é un conxunto de aplicacións informáticas desenvolvidas nunha plataforma Java. Trátase dun proxecto de código aberto que funciona en diferentes entornos e sistemas operativos.A súa finalidade é a de realizar diferentes tarefas de indole educativa como poden ser crebacabezas, exercicios de texto ou asociacións entre outros. Ditas actividades non se presentan soas senon en proxectos.

Para a realización correcta do exercicio era necesario escoller unha actividade dunha temática de interese. No meu caso escollin unha actividade sobre ciencias experimentais para un nivel de primaria. A actividade contaba cun paquete de exercicios feitos a partir do libro de texto de coñecemento e estaba dividida en tres unidades: os alimentos, a dixestión e por último o bloque de respiración circulación e excreción. En cada un dos bloques, existian actividades de diferente natureza, de completar, de unir, completar esquemas, de establecer si e verdadeiro e falso... 

Todas elas teñen unha única finalidade, crear no alumno unha motivación para seguir aprendendo de xeito autónomo e dinámico. O feito de aprender a través da pantalla dun ordenador é moito máis atractivo que facelo a través dos cadernos de actividades ou do propio libro. O alumno sen darse de conta está dando os mesmos contidos que lle aparecen recollidos no libro de texto, pero neste caso estao a facer dun xeito máis divertido.

Unha vez analizado o JClic toca agora facer o mesmo para unha WebQuest. Podemos definir unha WebQuest como unha ferramenta que forma parte dun proceso de aprendizaxe guiado, con recursos principalmente procedentes de Internet que promoven a utilización de habilidades cognitivas superiores, o traballo cooperatibo e a autonomía dos estudantes. Neste caso, para poder establecer posteriormente unha comparación, elexín unha temática do mesmo tema para o mesmo nivel educativo coa finalidade de ver máis claramente posibles diferenzas e similitudes. Neste caso é a diferenza dun Jclic os alumnos, poderían traballar en grupos de tres ou catro persoas. A plataforma establecía unhas preguntas que o alumno ou ben de xeito individual ou en grupos debería responder. Para iso facilitabanselle enlaces de Internet en cada unha das preguntas nos cales poderían acadar a resposta correcta.facilitadas. A diferenza da anterior plataforma, neste caso non se lle facilitaba a resposta, facilitábanselle os recursos necesarios para acadar esa resposta. O alumno debería facer un traballo de investigación visitando as diferentes páxinas web. A diferenza do Jclic, o alumno ao rematar as actividades deberá facer un informe no que se inclúa todo aquelo que foi aprendedo, polo que o uso dunha WebQuest, pon en xogo o uso dos procesadores de Word.

Unha vez estabecidas algunhas diferenzas toca agora mencionar algunhas similitudes entre as cales podemos mencionar:

  • Fomento dun aprendizaxe máis autónomo.
  • Aprender de xeito máis dinámico.
  • Aumento da motivación por parte do alumno.
  • Papel do docente como un guía e dinamizador.
 
 Unha vez analizado ambas plataformas, considero que se trantan de programas moi motivadores á hora de aprender. Máis aprender contidos teóricos, aprendes a aprender, a buscar información fiable dende a infancia.Por outra banda o alumno móstrase máis motivado para aprender posto que está a utilizar un recurso que moitas veces ligamos ao ocio, o ordenador. Recordo que cando estaba en primaria e a profesora de inglés nos levaba a aula de informatica para traballar co ordenador a nosa actitude cara a materia cambiaba, deixaba de ser aburrida para convertirse en algo divertido.
 
 
 

Webgrafía:

http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=http://clic.xtec.cat/projects/alimento/jclic/alimento.jclic.zip&lang=es&title=Los+alimentos+y+la+nutrici%F3n recuperado o día 2 de abril de 2013

http://clic.xtec.cat/es/jclic/ recuperado o día 2 de abril de 2013

http://www.edutic.ua.es/wq/index.php?id=907 recuperado o día 2 de abril de 2013.

http://www.isabelperez.com/webquest/taller/qwebquest.htm recuperado o día 2 de abril de 2013.