Necesidade dunha nova educación

Nas últimas sesión expositivas, fomos entrando pouco a pouco nas teorías do aprendizaxe e sobre todo na nova concepción do aprendizaxe presente no enfoque conectivista (G.Siemens e S. Downes).

A tenor disto, no seguinte vídeo pode verse una pequena entrevista realizada á S. Downes sobre a necesidade dun cambio na educación.

 

 

Como se mostra no vídeo, S. Downes defende a idea dun cambio educativo promovido por dous factores. En primeiro lugar, a un factor económico, segundo el é insostible o modelo educativo que se está a desenvolver, así mesmo formula como segundo factor a necesidade dun cambio no concepto que temos de coñecemento, ampliándoo a outras áreas, non só a institución educativa. Neste senso, considera que fóra da escola é o mellor lugar para producir este cambio na educación, posto que os cambios na institución educativa son moi complexos debido a concepción de educación que atesora.  Atendendo a isto considera necesario unha reformulación da educación, non como unha mera transmisión de coñecementos dun profesor a un alumno, senón que o alumnos sexa capaces de crear o seu propio aprendizaxe e que sexan quen de administralo.

Tendo en conta está reflexión  e a partir dun documento de G.Siemens (traducido por Diego E. Leal Fonseca) puiden entender mellor de que está a falar con este cambio de paradigma na educación, e como observa o conectivismo como a teoría necesaria para entender os procesos de aprendizaxe na sociedade actual.

Neste sentido G. Siemens recolle que os enfoques conductista, cognitivista e contructivista, servían para analizar os modos de aprendizaxe antes da chegada das tecnoloxías, co cal é neste momento no que se necesita facer un cambio de enfoque que teña en conta este cambio, tan tanxible na sociedade do momento.

Pero que é o conectivismo?

Ante esta cuestión que se me formula, recollo a seguinte afirmación de S. Downes que di, “O conectivismo é a tese de que o coñecemento se distribúe a través dunha rede de conexións, polo que o aprendizaxe consiste na capacidade de construír e atravesar esas redes”.

Ademais, para entender mellor de que estamos a falar é preciso ter en conta os seguintes principios do conectivismo, establecidos por G. Siemens:

-O aprendizaxe e o coñecemento dependen da diversidade de opinións.

-O aprendizaxe é un proceso de conectar nodos ou fontes de información especializados.

-O aprendizaxe pode residir en dispositivos non humanos.

-A capacidade de saber máis é máis crítica que aquilo que se sabe nun momento dado.

-A alimentación e mantemento das conexións é necesaria para facilitar o aprendizaxe continuo.

-A habilidade de ver conexións entre áreas, ideas e conceptos é unha habilidade clave.

-A actualización (coñecemento preciso e actual) é a intención de todas as actividades conectivistas do aprendizaxe.

-A toma de decisións é, en si mesma, un proceso de aprendizaxe. O acto de escoller que aprender e o significado da información que se recibe, é visto a través da lente dunha realidade cambiante. Unha decisión acertada hoxe, pode estar equivocada mañá debido a alteracións no entorno informativo que afecta á decisión.

Nas seguintes imaxes mostrase en primeiro lugar unha reflexión sobre o coñecemento no conectivismo así como na segunda imaxe se mostra unha comparación entre o aprendizaxe na sociedade actual e aquel que persegue o conectivismo.

Conectivismo

Conectivismo

Ante isto, podo dicir que este modelo de aprendizaxe ten en conta a sociedade da información na que estamos inmersos. Entende que a educación non só se atopa na escola, sendo internet unha gran fonte de información, así como un gran espazo no cal levar acabo iniciativas educativas. Neste sentido o e-learning cobraría unha gran importancia permitindo a autonomía do estudante así como a flexibilidade espacial e horaria.

O conectivismo presenta como punto de partida ao individuo, e entende que non todo o coñecemento está presente nas persoas, senón que se pode atopar información en repositorios ou bases de datos que conectadas na nosa rede, axudan a aumentar os nosos coñecementos. Ademais, entender a educación como algo máis que a escola permite estender a importancia da educación ao longo da vida e a formación continua.

Con isto o que estamos a desenvolver en certa medida é a importancia que ten o noso PLE no noso aprendizaxe, mais con todo e facendo fincapé nunha idea que expresaba Downes no vídeo, non creo que o cambio teña que ser externo á escola, senón que considero a necesidade de levalo a cabo dentro dela.

Nesta materia estamos a desenvolver unha dinámica completamente distinta a que levamos a cabo noutras materias. Somos nos mesmos os que afondamos naqueles aspectos que nos pareces máis interesantes, así como levamos a cabo este traballo no momento que nos decidimos, mais non o estamos a desenvolver de maneira illada á facultade. Neste sentido quero destacar a importancia dun titor ou dunha persoa que te guíe e che axude a orientarte nos contidos máis relevantes. No meu caso conto coa profesora da materia como a encargada de determinar aqueles puntos importantes da materia, con todo teño autonomía nas decisión que tomo á hora de afondar nuns ou noutros aspectos.

Creo por tanto que a idea do conectivismo é perfecta para o momento que estamos a vivir, mais non creo que sexa bo, illar e centrarse só en eidos fóra da escola, como pode ser levar a cabo iniciativas de e-learning. Senón que creo que a mellor forma de cambiar a educación e acercala as necesidades da sociedade actual é incluír estes cambios dentro da escola, posto que segue a ser, por moitos a principal fonte de educación. Que pensades vos? coido, que en certa medida as ideas destes autores aillan á escola a un segundo plano, considerades que esto debería ser así?

Por último, a tenor do tema pareceme interesante que lle botedes un ollo ao documento que adxunto (Conectivismo: Una teoría de aprendizaje para la era digital) de G.Siemens posto que aclara moitos aspectos sobre o conectivismo e os seus antecedentes.

Conectivismo: una teoría de aprendizaje para la era digital

Bibliografíe e webgrafía

Blog de Stephen Downes. Consultado o día 2 de maio de 2013 http://halfanhour.blogspot.com.es/2007/02/what-connectivism-is.html

Conectivismo. Consultado o día 2 de maio de 2013 http://conectivismo.com/

Conectivismo. Consultado o día 2 de maio de http://www.madrimasd.org/blogs/pensamiento_pedagogico_radical/page/2

Siemens, G. (2004). Conectivismo: una teoría de aprendizaje para la era digital (Traducción de Diago E. Leal Fonseca, 2007). Recuperado o día 2 de maio de http://es.scribd.com/doc/201419/Conectivismo-una-teoria-del-aprendizaje-para-la-era-digital