Entorno Personal de Aprendizaxe

A continuación déixovos o enlace dunha páxina que me pareceu moi interesante para poder aumentar ou afianzar os últimos contidos dados na clases de Tecnoloxía educativa: http://canaltic.com/blog/?p=1135

Eu penso que o PLE supón para nós unha forma activa de poder aprender a aprender. Mediante a busca de información, o anaálise crítico desta e a selección final fan que eu sexa o protagonista do meu propio aprendizaxe e do camiño que escollo para aprender.

Neste caso, non só elixo a información, senón tamén o camiño polo cal chego a ela; somos os protagonistas e debemos ser críticos e responsables co que facemos para poder chegar a un bo resultado.

Na páxina que vos adxunto, non só atende ao PLE, senón a moitos outros elementos que nos fomos adentrando na clase e que penso que son interesantes para afianzar os coñecementos e clarificalos; ou polo menos a mín, nun intento de buscar máis información me serviron (escola 2.0, pizarras dixitais, búsqueda de información...).