Integración das TICs nas aulas

 

Buscando información na rede sobre a integración das novas tecnoloxías nas aulas, atopei un estudo chamado "El impacto del proyecto de centros TIC desde la experiencia vivida por el alumnado".

Trátase dun estudo realizado por Julio Ruiz Palmero e José Sanchez Rodriguez. O estudo consiste na análise do imparcto provocado polo proxecto de centros TIC nos colexios e institutos de Andalucía e máis especialmente nos centros pertencentes á provincia de Málaga.

Elexin este estudo porque me parece moi interesante o feito de que fose elaborado baseándose na experiencia vivida polo alumnado, xa que na maioría dos casos difere moito do que realmente se pretende.

Despois de botarlle unha ollada ao texto, chámame a atención o feito de que a pesares de que a inclusión de ordenadores nas aulas fai que os alumnos se sintan máis motivados, non resulta máis sinxelo aprender, en contra das espectativas que tiñan nun primeiro momento. 

Vendo isto, síntome identificada cos resultados do estudo, pois na miña etapa como estudante de secundaria, o feito de poder ir á aula de informática e empregar os ordenadores para acceder a internet e buscar información sobre algún tema tratado na aula (sempre baixo a atenta mirada dun profesor), facía que sentise incluso máis interese polo tema en cuestión, pois empregando o ordenador, xa non só nos limitabamos a empregar os libros da biblioteca senón que podiamos botar man doutras fontes de información, daquela para min case descoñecidas. O problema viña cando me atopaba ante centos de referencias diferentes que trataban sobre os mesmo tema e non sabía cal empregar, e por suposto, tampouco me plantexaba se a información que tiña diante era fiable ou non.

Por iso, na miña opinión, considero que a inclusión das novas tecnoloxías nas aulas deben ir sempre acompañadas das explicacións pertinentes sobre os emprego das mesmas, pois de nada serve ter acceso á moita información se non sabemos seleccionar os portais e analizar dita información. Así mesmo, cobra gran importancia o papel do docente, que debe actualizar os seus coñecementos para poder facer fronte aos novos retos da educación.

Referencias:

http://www.sav.us.es/pixelbit/pixelbit/articulos/n29/n29art/art2906.htm