JClic e WebQuest II

Despois dos erros formulados en canto á terória de aprendizaxe do JClic na miña última entrada, coido preciso volver facer mención desta.

Para isto, é importante volver ao JClic que analicei, para a partir deste xustificar mellor a teoría conductista que se atopa detrá deste recurso educativo.

Unha vez vista a actividade de novo, coido que o feito que derivou no meu erro é a idea de que toda actividade que busquese a implicación activa do alumno, e súa aprendizaxe autónoma, contribuía a que estivesemos a falar de constructivismo. Mais afondando na actividade en sí, e tras a análise realizada na última sesión interactiva, puiden ver como estaba equivocada. 

Non me centrei en ningún aspecto tanxible do recurso, facendo un simple análise xeral que non recollía unha reflexión minuciosa sobre  que se pretendía en cada actividade. Debido a isto, e analizando pouco a pouco cada unha das actividades como puiden ver a base de todas elas o Ensaio-error, fundamento do Conductismo. Feito que determian claramente a orientación teórica do presente recurso educativo.

Pero en que fundamento está idea? Neste sentido e centrándome nos mecanismos que emprega cada unha das actividades, podes ver como se te equivocas, podes cambiar a túa elección por outra, aínda que cho contabilice como un erro, permíteche volver a facelo de novo e cambiar a opción elexida. Atendendo a isto, podemos dicir que non traballa os erros, como tal, non profundiza neles, senón que os observa como mero trámite no proceso de aprendizaxe, a base de repetir, asentaránse os contidos.

En canto á WebQuest, por outro lado, como ben formulei na miña anterior entrada, segue unha teoría do aprendizaxe constructivista, xa que busca a autonomía do alumno no seu proceso de aprendizaxe permitindo adquirir multitude de aprendizaxes ao realizar unha actividade concreta. Neste sentido é preciso recordar a WebQuest que empreguei para a análise.

WebQuest

Neste recurso a diferencia do anterior, os alumnos deben adquirir a través da súa reflexión aqueles aprendizaxes que a actividade pretende. Non se basea no ensaio- erro, senón que busca un análise crítico daqueles temas que se tratan. Ademais inclúe un apartado de avaliación no cal se explicitan todos aqueles factores que serán tidos en conta para poder superar a actividade. Deste xeito, non se centra, como na anterior, nos erros e acertos.

Ambas teorías de aprendizaxe sosn totalmente aptas. Dende o meu punto de vista, o modelo conductisma é óptimo en alumnado de infantil e primaria, mentres que, dende o meu puto de vista, sería mellor a WebQuest para alumnado de maior idade. Digo esto, posto que considero que un análise de contidos, reflexioando sobre os mesmos e destacando as ideas principais, pode ser unha tarefa moi complexa para alumnado de primaria. Con todo, é certo que debido ao aumento do uso de internet, sería bo introducir pouco a pouco este tipo de actividades, posto que os orienta dalgún xeito a aqueles recursos web máis óptimos para o seu aprendizaxe.

Por outro lado, e como comentei anteriormente as WebQuest permiten abordar unha serie de aprendizaxes intrínsecos as actividades realizadas nelas. Neste senso e como se recolle na seguinte imaxe unha WebQuest aborda as seguintes tarefas:

Aprendizaxes WebQuest

Dento destas tarefas, recóllese a idea dunha tarefa de repetición, a cal poderíamos equiparar ao modelo de aprendizaxe conductista. Deste xeito, podemos dicir que este recurso educativo abordaría o aportado dalgún xeito polo JClic, pero dende un mecanismo diferente. Neste sentido, non se está desmerecendo un modelo de aprendizaxe, senón que se entende que este é importante para algunhas cousas, mais non é o único. Por tanto, debe terse en conta dacordo con outras tarefas que complementen a adquisición de coñecementos e destrezas.

Para min, a WebQuest, permite moito máis dinámismo e traballo por parte do alumno, co cal considero que é un recurso a destacar. Sobre todo, tendo en conta o momento que estamos a vivir, e a importancia de internet nas nosas vidas e no noso aprendizaxe. As actiivdades que formula son moito máis complexas que as do JClic, facendo necesario un maior traballo, ou polo menos más profundo do alumno.

 

Webgrafía:

Metodologías activas y aprendizaje por descubrimiento. WebQuest. Recuperada o día 8 de marzo de 2013 de  http://nnttedu.wikispaces.com/Metodolog%C3%ADas+Activas+y+Aprendizaje+por+Descubrimiento.+Webquest

WebQuest: Emigración en España. Recuperada o día 30 de abril de 2013 de http://www.edutic.ua.es/wq/index.php?id=934

JClic: Grecia y Roma. Recuperado o día 30 de abril de 2013 de http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3307