A importancia dunha educación de calidade.

A continuación amósase unha noticia relacionada cunha charla levada a cabo polo pedagogo e psicopedagogo Francesco Tonucci, na cal se fala sobre diversos aspectos relacionados coa escola como poden ser: a calidade educativa, a importancia da formación do profesorado, o papel do alumnado … Todas elas cuestións que me pareceron importante compartir con vós, posto que se poden relacionar co tema do asesoramento á vez que son de interese persoal polo meu vínculo coa docencia.

Trala lectura da seguinte noticia, quero destacar o seguinte titular: “Un objetivo de la escuela debe ser la felicidad de sus alumnos”, posto que este pode ser relacionado con aspectos tratados en entradas anteriores sobre o asesoramento e a educación.

Por un lado, a importancia dunha calidade educativa (aspecto que se pretende acadar coa colaboración de todos os membros da comunidade educativa e coa participación dos asesores/as), o papel salientable da formación do profesorado, a función e importancia do currículo na educación, é dicir, o asesoramento curricular …

 

A opinión de Francesco Tonucci