"¿Parejas rotas por culpa de las nuevas tecnologías?". Xornal "El Mundo"

Elaboro esta entrada a partires dunha noticia que examinei no periódico El Mundo e que está subida a arquivos para que tamén podades analizala.

            Ante todo dicir que, esta noticia axudoume a recapitular, rescatar e asentar algunhas ideas que fun transmitindo e deixando ver nas diversas entradas ó blog publicadas, e sobre as que me vou encamiñar a profundizar un pouco máis nelas.

            Sinalar que, a noticia subtraída deste xornal se titula “¿Parejas rotas por culpa de las nuevas tecnologías?”.  Así, debo dicir que desde un primeiro intre a miña resposta a esta cuestión foi que as novas tecnoloxías non teñen que ver coa ruptura dunha parella, aínda que pode relacionarse directamente coas dificultades e problemáticas que podan xurdir entre aquelas parellas nas que o emprego das novas tecnoloxías é abusivo e que se produza, finalmente a ruptura. Dende o meu punto de vista, as novas tecnoloxías en moitas parellas son como unha terceira persoa na relación, é dicir, sempre están no medio, apórtannos información sobre o outro, os pasos que da, ó igual que ese amigo/a que nos explica que viu ó teu mozo/a falando con aquel ou aquela naquel lugar, pero ademais as novas tecnoloxías son máis verídicas, xa que presentan datos a tempo real e que se poden constatar claramente (fotos, vídeos, etc).

            Nada máis ver a noticia, reparamos na súa foto e na súa nota ó pé:  “Los móviles y la redes sociales fomentan los celos”. Como con calquera outra circunstancia, na miña opinión as novas tecnoloxías non fomentan calquera feito ou acontecemento, na medida de que se non hai celos, non os van fomentar ó confiar plenamente na túa parella e non andar a controlalo/a. En contraposición, se xa existen celos de por medio, claramente as novas tecnoloxías como calquera outra ferramenta ou situación van ser un medio de control que nos van dar ou non máis motivos para desconfiar e celarnos dunha persoa.

            Así, destacamos claramente como nos indica Delfina Mieville que,  “los celos se pueden dar, por supuesto, pero no debemos olvidar que no se crean por culpa de las redes sociales y las aplicaciones sino por la falacia del control y la falta de seguridad".

            A través disto, verificamos como as novas tecnoloxías poden influír nos valores, actitudes e aptitudes que xa posuímos de antemán, incrementando a súa potencialidade  (ser aínda máis celosos ou máis controladores, por exemplo), pero estas non fan que nos volvamos celosos por si sos, así que dende o meu modo de ver tampouco podemos achacar moitas das problemáticas que se suceden no hoxe ás novas tecnoloxías, xa que ó fin e ó cabo somos nos os donos de nos mesmos e do que realizamos día a día, non as tecnoloxías. O que me leva a expoñer outro valor implícito na nosa sociedade, iso de botarlle sempre a culpa do que facemos mal a alguén, iso de non responsabilizarnos co que acontece no día a día: dependencia, non autonomía, non responsabilidade, non madurez... feitos e situacións que comprobamos na nosa realidade, e que se afianzan de mala maneira ó empregar as novas tecnoloxías para fins negativos (o control, por exemplo) e non para propósitos positivos (darlle reforzos positivos a alguén cando realiza algún feito que ninguén lle premia, por exemplo).

 

                                                                                                     image

 

            Na mesma liña, Mieville tamén explica que "existe un sentimiento de culpa si no se responde a estos estímulos (whatsapp, Facebook, mail)”. Considero que se continúa facendo mención (aínda que sexa implícita) ós valores que cada un ten inmersos no seu interior, é dicir, no meu caso non me sinto culpable se non visito as redes sociais como o Facebook ou o Watsapp cada día, que seguro que gardarán algunha mensaxe de calquera fenómeno para min. Porén, son moi razoable (penso) a este respecto e a miña vida é real, non virtual, polo que se calquera persoa me ten que comunicar un asunto de máxima relevancia e importancia seguro que non se dubidará en contactar comigo en persoa ou a través doutras tecnoloxías como o teléfono móbil. Non teño que ser eu a que persiga ás novas tecnoloxías, facéndome perder un valiosísimo tempo do que moitas veces non se dispón, son as tecnoloxías as que deben perseguirme a min: é o ser humano superior ás tecnoloxías, non estas superior a el.

            Así, recalcar que “los mensajes, los 'toques' o los 'me gusta' no son más que migas que lanzamos para las relaciones. No las alimentan, enganchan y dan más hambre. ¿Por qué? Porque no es alimento”. Non nos aportan feitos, reflexións, interpretacións..., só nos sentimos apoiados con ese “me gusta” que, en moitos casos, como nos comentaba a profesora da materia “Tecnoloxía Educativa” en sesións de clase pasadas, ata podemos poñer un comentario negativo (morreume can, por exemplo) e obter unha chea de “me gusta”, pero, qué significa isto?, é que a xente lle gusta que che morra o can?, é que te apoian no teu sufrimento?. Así, isto segue a mover outro valor: a comodidade e a falta de crítica e interpretacións dos acontecementos, dende o meu modo de ver, non nos esforzamos por preguntar, por indagar, só lle damos a ese “me gusta”, en vez de empregar os grandes beneficios que nos ofrecen as novas tecnoloxías, a enorme cantidade de información que podemos obter e contrastar cos nosos compañeiros ou incluso co mesmo protagonista da noticia.

 

                                                                                                image

 

            Doutra banda, na noticia expónsenos que “nos hemos vuelto consumidores de emociones, no vale con un paseo, necesitamos cine, cena, viajes, estoy con el otro mientras hago otra cosa, no mientras comparto otra cosa". Aquí, cabe distinguir varios razoamentos propios:

  • É certo que algúns nacemos xa na era das novas tecnoloxías e outros foron desenvolvéndose nelas a medida que estas tamén se ían desenvolvendo, vivimos nun período de rapidez, de realizar varias tarefas á vez. Pero, onde queda ese gozar dunha posta de sol?, disfrutar das paisaxes que nos ofrece a vida? Quizais, coas novas tecnoloxías transmitamos eses valores de inmediatez, de non reterse a mirar calquera feito, habería que ensinar a disfrutar sen tecnoloxías, pararnos por un momento ante a natureza.
  • Verifico día a día como rapazas de 15 anos compiten coas súas amigas por ver quen sube máis fotos á rede social do Tuenti, quen sae máis veces durante a semana co fin de amosar as actividades que realizou: envidias, competitividade, control..., valores. Realmente estas mozas disfrutarán realizando a desenvolvendo as actividades da súa vida, ou só as levarán a cabo para fotografiarse e ensinalas ó mundo?, aparencias ou realidade verdadeira dunha persoa?
  • Estoy con el otro mientras hago otra cosa, no mientras comparto otra cosa”. Afirmo totalmente esta oración, non compartimos ningún asunto, non contrastamos pensamentos cos nosos compañeiros, mergullámonos nas nosas actividades, somos egoístas. Internet bríndanos a posibilidade de compartir experiencias, pensamentos, feitos, reflexións..., cunha cantidade inmensa de persoas que proceden doutras culturas e que residen en ambientes totalmente diferentes ós nosos, podemos compartir, e podemos enriquecernos mutuamente con estas persoas grazas ó que compartimos, así que, empreguemos as novas tecnoloxías como ferramentas útiles para gañar na vida, non para desenvolver prácticas negativas (encerrarnos en nós mesmos e mirar só para o noso ben).
  • Finalmente, subliñamos o feito de realizamos varias tarefas á vez (aspecto positivo dende o meu modo de ver), pero non profundizamos en ningunha, retémonos na superficialidade dos acontecementos, e polo tanto non establecemos reflexións ou desplegamos un espítitu crítico, “entramos antes en la cama de alguien que compartir verdadera intimidad".

                                                                                                       

                                                                                            image

 

            Por outro lado, “las plataformas 'on line dating' (citas a través de internet) son iguales que una discoteca: tú llegas, echas un vistazo y, si te gusta el ambiente y la gente, te quedas y si no, te vas. En la red es lo mismo, no todo el mundo miente, pues al final, intuyes quién te está diciendo la verdad y quién no. Igual que cuando conoces a alguien en la calle, ¿no?". Tamén estou de acordo con esta cita, porén amoso o que veño comentando en anteriores entradas ou que explicamos nas sesións de clase varias veces: trasladar a vida real á virtual. É dicir, nestas plataformas que se constitúen para coñecer á túa parella, sucede o mesmo que na vida real como se presenta na cita, pero porque non podemos mudar este feito para mellor coa axuda das novas tecnoloxías? Porque non podemos ver vídeos sobre a persoa que nos interesa no seu día a día para ver o seu comportamento, ver un comentario del ou dela sobre algún aspecto do noso interese, aspectos que nos beneficiarían enormemente á hora de atopar a nosa parella “ideal” e que na vida real non poderíamos coñecer a priori.

            Finalmente, "el problema es la infoxicación (sobrecarga informativa) a la que estamos expuestos”, non o considero un problema, debemos alfabetizarnos dixitalmente, coñecer que páxinas son ou non fiables, saber discernir entre unha información ou a outra. Ó igual que na nosa realidade temos que ser conscientes dos perigos que existen, o mesmo sucede na vida virtual, debemos coñecer os riscos ós que estamos expostos. "El problema principal con el que nos enfrentamos no es tecnológico. El problema con el que nosenfrentamos es de orden cultural o psicológico, sociológico, como queráis".

            Sen máis, apuntar que as novas tecnoloxías nos abren múltiples portas e nos poden axudar verdadeiramente a conseguir con maior facilidade os nosos éxitos, pero hai que ter constancia do que supoñen as novas tecnoloxías e empregalas para o ben, non para transmitir os mesmos valores (dende a miña perspectiva, pésimos) que comprobamos día a día na nosa sociedade, senón para desenvolver valores sans e constituír un marco de referencia mundial co que todos nos sintamos partícipes e favorecidos polo mesmo.

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA:

Cornella, A.,  (2000).  Cómo sobrevivir a la infoxicación. Trascripción da conferencia do acto de entrega de títulos dos programas de Formación de Posgrado do ano académico 1999-2000. Recuperado o día 14 de maio de 2013, de http://www.infonomia.com/img/pdf/sobrevivir_infoxicacion.pdf (Consultada o día 14 de maio de 2013)

http://educayponleplay.blogspot.com.es/2011/11/infoxicacion.html (Consultada o día 15 de maio de 2013)

http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/05/09/noticias/1368123226.html (Consultada o día 14 de maio de 2013)