As gafas intelixentes de Google

Google acaba de presentar a súas "gafas intelixentes". Trátase duns dispositivos que se conectan a internet a través de puntos de acceso wifi gratuitos ou por conexión inalámbrica con teléfonos móbiles. Con elas, poden realizarse infinidade de actividades, "ir de comprar", xogar, facer videos e fotos, compartir os videos na rede social Google Plus, recibir información meteorolóxica, consultar o correo electrónico... 

Facebook e Twitter pola súa parte xa presentaron aplicacións para estas innovadoras gafas, que permiten compartir fotos e incluso comentarios falados na cronoloxía do noso perfil.

image

 

Posiblemente, nun futuro acaben por substituír aos ordenadores que de tanta axuda nos serviron nos últimos anos.

Pero coma todo, estas gafas veñen tamén acompañadas de polémica, pois tamén se consideran que se poden empregar para atentar contra a intimidade e a privacidade das persoas.

Aquí vos deixo o enlace coa noticia:

http://www.eltiempo.com/tecnologia/legisladores-de-eeuu-preocupados-por-privacidad-en-gafas-de-google_12806251-4