E-learning

Nas últimas entradas no blog, fun adentrandome en profundidade na educación e na formación da sociedade a través das novas tecnoloxías. Neste sentido e a través das distintas actividades expostas en clase, fun coñecendo distintos exemplos de intervención das TICs nas aulas, así como ferramentas online de aprendizaxe. Tendo en conta isto, e rememorando unha das últimas sesión expositivas é vital falar do E-learning.

Neste sentido, a educación formal, compleméntase cunha educación a través da rede na cal se insire unha nova metodoloxía de ensinanza- aprendizaxe, a cal se caracteriza por favorecer s comunicación entre os usuarios de maneira asincrónica ou sincrónica, así como reduce as distancias e disminúe os custos. 

E-learning

O E-learning por tanto, é un novo modo de formación acorde co momento que estamos a vivir e no cal os alumnos son os encargados e os responsables do seu propio aprendizaxe. Tendo en conta isto, resulta importante destacar que o E-learning entendido como educación a distancia, non é algo actual, senón que se ven desenvolvendo dende fai anos. Para entender mellor a evolución que seguiu esta modalidade de ensinanza, na seguinte imaxe recóllese claramente o proceso seguido.

Evolución da educación a distancia

 

Atendendo a isto, podemos ver que a educación se foi adaptando paulatinamente as posibilidades que presentaban os avances da comunicación ao longo do tempo, co cal non é de extrañar a importancia presente deste tipo de formación no momento que estamos a vivir.

Hoxe en día pasamos moito tempo en internet, a rede, ofrecenos multitude de información e contidos, os cales debemos administrar e asumir criticamente, o modelo E-learning non se presenta como unha forma de aprendizaxe dende a escola, senón que se asume como unha realidade virtual formativa. No tocante a isto, as plataformas E-learning, son un reflexo da escola tradicional, contando cunha serie de compoñentes principais.

 

Compoñentes do E-learning

O docente ocupa un papel principal, xunto coas tecnoloxías e os contidos a tratar, sendo os alumnos os administradores d etodos estes recursos e os encargados de empregalos no seu proceso de aprendizaxe. 

Con todo, é aínda que se trata dunha realidade moi importante, son moias as persoas que creen que este tipo de formación non é a correcta. Tendo en conta isto, é moi importante facer mención dun video de youtube, no cal se recollen algúns dos paradigmas que presenta esta modalidade de educación, clarificando algunhas dúbidas acerca do E-learning e as garantías desta formación.

A tenor do vídeo, seis son as preguntas claves que se pode facer calquera persona acerca deste tipo de formación:

1. Necesítase saber moito de tecnoloxía?

2. Os alumnos non están preparados?

3. Os cursos non teñen a calidade esperada?

4. Obter un título universitario na modalidade de E-learning é máis sinxelo?

5. As empresas non contratan profesionais que se forman online?

6. Non se ten un contacto directo cos compañeiros e co titor?

Tendo en conta cada unha destas ideas, só podo dicir que non é neceario ter unhas destrezas moi grandes en tecnoloxía posto que as plataformas acostuman se sinxelas. Así mesmo non é necesario unha preparación específica por parte do alumnado para levar a cabo esta formación, senón o que se precisa é responsabilidade. Tendo en conta isto, é importante destacar que por realizar un curso en E-learning non limita o teu expediene académico, o que é preciso é que sexa recoñecido como tal, é dicir que o organismo que o promove sexa verídico e teña certa calidade. Xa que son moitas as ofertas formativas que se atopan na rede e que non se adaptan ás esixencias que presenta este tipo de formación.

E-learning?

O e-learning é moito máis que poñer contidos nunha páxina web e decir que iso che aporta unha formación específica nun eido. O E-learning é un modelo de ensinanza- aprendizaxe, que pretende facer máis sinxelo o acceso á formación a toda a sociedade, adaptándose e tendo en conta o momento que estamos a vivir.

Neste sentido, son moitas as vantaxes e inconvintes que podemos determinar desta formación pero o que está claro e que se adapta as necesidades da sociedade actual, facilitando o acceso á formación e aportando os recursos necesarios para que o proceso formativo sexa o máis óptimo posible.

Tendo en conta isto último e volvendo aos paradigmas mencionados no vídeo, un dos inconvintes que se lle adxudican a este modelo de formación, e a falta de relación directa co profesorado e cos compañeiros. Neste sentido aínda que no eido da titorización se avanzou moito, no caso da relación cos compañeiros, a interrelación case se reduce á participación en foros. Con todo, creo que en moitos casos as relacións presentes a través deste medio poden ser incluso máis altas que as que se poden levar a cabo entre os compañeiros dun aula tradicinal, sobre todo, en canto a contidos formativos.

Con todo, considero que ao E-learning aínda lle queda un camiño de desenvolvemento, que non todo está feito e que poden ser moitas as melloras que se presenten neste tipo de formación. Para rematar, invítovos a reflexionar sobre esta modelo de educación e sobre as ideas establecidas ao longo do texto.

Creedes que o e-learning é o futuro da educación?

 

Webgrafía

http://diarium.usal.es/monicamoya/2012/10/02/componentes-de-e-learning/ (Recuperado o día 19 de maio de 2013)

http://acupoftea-rbngp.blogspot.com.es/2012/07/calidad-en-elearning.html (recuperado o día 17 de maio de 2013)

http://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_electr%C3%B3nico (Recuperado o día 17 de maio de 2013)

http://modalidadesedist.wikispaces.com/1.2+Ventajas+y+desventajas (recuperado o día 17 de maio de 2013)