• Blogs
  • silvia
  • Distintas modalidades de aprendizaxe: E-learning, B-learning e M-learning

Distintas modalidades de aprendizaxe: E-learning, B-learning e M-learning

Nas últimas sesións expositivas falabamos do E-learning ou aprendizaxe electrónico. Sen embargo, tamén existen outras modalidades de aprendizaxe que se empregan actualmente, como son o b-learning e o m-learning. A continuación, ofrecerei unha breve definición sobre cada un dos conceptos anteriores. 

En primeiro lugar, denomínase E-learning á educación a distancia totalmente virtualizada que se desenvolve a través de canles electrónicas (as novas redes de comunicación, concretamente internet), utilizando para iso ferramentas ou aplicacións de hipertexto (correo electrónico, páxinas web, foros de discusión, mensaxería instantánea, plataformas de formación que reúnen varios dos anteriores exemplos de aplicacións) como soporte dos procesos de ensino aprendizaxe.

Relacionando a miña experiencia con esta modalidade de aprendizaje, facer referencia a que existen diversas páxinas web que ofertan cursos de formación online, destacando a seguinte:  http://www.voluntariadogalego.org/web/ . Os cursos que se realizan a través desta páxina teñen unha duración dun mes, a través do cal debes realizar os cuestionarios correspondentes a cada un dos módulos que compón o curso. Finalmente, haberá que realizar un traballo final, que englobe cuestións pertencentes a tódolos módulos.

Durante o desenvolvemento do curso, os alumnos contan cun titor que é  o encargado de resolver calquera dúbida que xurda durante o proceso de ensino-aprendizaxe. Así pois, os alumnos poden formular as súas preguntas a través de foros e dunha opción denominada “dúbidas”.

Sen embargo, nunha sesión  expositiva falábamos acerca dos inconvenientes que teñen os cursos online, xa que en ocasións non funcionan correctamente, posto que os destinatarios dos mesmos non teñen posibilidade de conectar co titor ou a resposta do mesmo demora demasiado. 

Eu pola miña experiencia na realización de cursos online (so fixen cursos a través da plataforma de voluntariado), indicar que nunca tiven ningún problema, posto que calquera dúbida era solucionada de inmediato polo titor, co cal aínda non experimentei os inconvintes que en ocasións presenta dita modalidade de aprendizaxe. 

Exemplo dun curso que ofrece a plataforma de Voluntariado Galego: 

 Curso online ofrecido pola plataforma de Voluntariado Galego

Por outro lado, denomínase B-learning (Blended learning ou aprendizaxe semipresencial) a unha modalidade que combina a educación a distancia e a educación presencial; retomando as vantaxes de ambas modalidades e complementando a aprendizaxe dos aprendices.

Un exemplo de Blended learning sería a metodoloxía utilizada nas clases de tecnoloxía educativa, xa que combinamos a educación presencial a través das sesións expositivas, co traballo realizado fóra da aula na plataforma virtual de Stellae.

Por último, denomínase M-learning (aprendizaje electrónico móbil) a unha metodoloxía de ensinanza e aprendizaxe  que utiliza pequenos dispositivos móbiles como: teléfonos móbil, PDA, tabletas, iPod así como todo dispositivo de man que teña algunha forma de conectividade inalámbrica.

Exemplos do M-learning serían os seguintes: “Things for IPad” (aplicación que permite crear presentacións de gran calidade de forma sinxela) e “ShowMe Interactive Whiteboard” (aplicación que permite traballar con fotos e imaxes dende a tablet, facilitando o traballo en grupos e en forma colaborativa

Para rematar déixovos unha imaxe explicativa sobre as modalidades de aprendizaxe presentadas anteriormente, que ademais de ofrecer unha breve definición sobre as mesmas, fai referencia tamén tanto ás vantaxes como ás desvantaxes que inclúe cada modalidade.

Diferentes modalidades de aprendizaje: E-.learning, B-learning e M-learning

Despois de explicar en que consisten cada unha das modalidades anteriores, considero que en base á miña experiencia, me quedo coa modalidade de b-learning, que combina tanto a educación a distancia coa educación presencial. 

É importante que na formación, existen clases presencias nas cales os alumnos interaccionen mutuamente traballando sobre determinadas cuestións, pero que despois teñan a posibilidade de complementar a formación presencial, cun traballo autónomo a través da educación a distancia, como estamos facendo nos na Rede Social Stellae. 

webgrafía:

Cabero J. (2006). Bases pedagógicas del e-learning. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento, 3,1, 1-10. Recuperado o 19 de maio de: http://www.uoc.edu/rusc/3/1/dt/esp/cabero.pdf 

http://blog.fundacionaulasmart.org/2012/07/24/uso-de-moviles-y-tablets-en-el-aula/ (Consultada o 19/05/2013)

http://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_electr%C3%B3nico_m%C3%B3vil (Consultada 0 19/05/2013)

http://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_electr%C3%B3nico (Consultada o 19/05/2013)

http://solegarces.blogspot.com.es/2012/10/apps-educativas-para-el-mobile-learning.html (Consultada o 19/05/2013)

Comentarios

  • Anais Lois

    Me parece muy interesante tu entrada sobre esos tres conceptos, puesto que a pesar de haber oído hablar sobre el b-learning no sabía bien lo que era y ya el m-learning lo desconocía totalmente por lo cual me ha sido de ayuda para conocer algo más sobre la tecnología educativa :)