• Blogs
  • silvia
  • Reflexión sobre diversos aspectos traballados na materia de tecnoloxía educativa

Reflexión sobre diversos aspectos traballados na materia de tecnoloxía educativa

uso das tics.png 

Paréceme interesante compartir esta imaxe, xa que a través da mesma podemos reflexionar sobre diversos aspectos traballados na materia de tecnoloxía educativa ao longo do cuatrimestre.

Na viñeta vemos como unha profesora lle explica a unha alumna a tarefa que ten que desenvolver co ordenador, aínda que esta parece moi sinxela, xa que consiste unicamente en acceder a unha páxina web e facer click na resposta correcta.

Sen embargo, resulta un tanto irónico, xa que a páxina é www.pensamientocritico.com , pero non fomenta a reflexión crítica por parte dos alumnos, senón  a aprendizaxe memorística e repetitiva dos mesmos, como podíamos ver nas actividades propostas no jclic, frente as actividades das webquest, nas cales se fomentaba a reflexión crítica dos estudantes. 

Isto lévame a reflexionar sobre si o método de ensino das TIC é o adecuado, posto que actualmente nos centros educativos son poucos os docentes que utilizan adecuadamente as novas tecnoloxías. Polo xeral, a utilización do ordenador consiste en manexar programas básicos como o power point ou o excel, ou simplemente se emprega para acceder a internet e realizar traballos. Este aspecto era unha das críticas que puidemos ler no texto de Inés Dussel, traballado nunha das sesións expositivas.

Ademais, e en relación co exposto anteriormente, cando un profesor propón un traballo aos alumnos, estes buscan a información en internet, pero non reflexionan sobre a utilidade da mesma, senón que no traballo plasman anacos de información procedentes de diversas páxinas web, pero que non implican a elaboración dun xuízo crítico por parte dos estudantes sobre a información presentada.

Isto é un grave problema, xa que moitas veces os docentes sorpréndense cando un alumno non é capaz de realizar un xuízo crítico argumentado, e isto é debido, a que a metodoloxía que se segue nos centros de ensino consiste exclusivamente nunha aprendizaxe memorística, co cal os estudantes aprenden de forma repetitiva un contido, pero non asimilan esa información, o cal impide que sexan críticos con esa información, e poidan posicionarse dende unha determinada postura.

Polo tanto, este problema seguirá existindo a menos que nos centros educativos se ensine aos nenos e adolescentes a traballar adecuadamente coas TIC.  

Bibliografía: 

-Fotocopia clase de la entrevista a Inés Dussel. Extraído de:Entrevista a Inés Dussel. En Educación y Tecnologías. Las voces de los expertos: http://coleccion1a1.educ.ar/wpcontent/uploads/2011/09/conectar_educacion_y_tecnologias_entrevistas.pdf

Comentarios

  • Alba Gómez B.

     

    Me parece muy buena entrada esta que has realizado. Estoy totalemnte de acuerdo con lo que comentas sobre la cultura memorisitica dominante en el sistema escolar e incluso universitario.

    Resulta irónico que la escuela emplee esta metodología cuando uno de sus objetivos a la hora de formar, es formar a individuos criticos y creativos, y que sin emabrgo, los métodos apunten a todo lo contrario. Esta dinámica, afecta a todos los ámbitos de actuación educativos, y como no podía ser menos, a las Tics.

    ¿La solución? Un cambio del paradigma o enfoque de la educación dominante, y por tanto, de la formación de sus futuros profesionales.

  • silvia

    Alba estou totalmente dacordo contigo na solución que presentas, xa que sería necesario un cambio de enfoque no modelo educativo que temos actualmente, un cambio que mellore a formación dos profesionais que traballan no ámbito educativo e así adaptarse ás características que demanda a sociedade actual. 

    Moitas gracias pola túa aportación, Smile