MOOC

Dacordo co exposto na miña última entrada sobre o e-learning, e a súa importancia na sociedade actual, e apoiandome na teoría do conecnitivismo, coido preciso mencionar un movemento do cal non tiña constancia. Neste sentido, estoume a referir aos MOOC (Massive Online Open Courses), cursos online masivos e abertos os cales aparecen en 2008 da man de G. Siemens e S. Downes. 

No tocante a isto, está modalidade educativa fai referencia á idea defendida polo conectivismo da importancia da rede e da educación a través desta, xa que posibilita que milleiros de persoas teñan acceso a ela de maneira gratuíta. Polo tanto, atopamonos ante novos mecanismos de formación, que aportan unha reflexión sobre a educación ao longo da vida ou o papel das universidades na nosa formación.

As súas principais características son:

  • Non hai limitación nas matriculacións
  • É seguido de maneira online
  • Aberto e gratuíto

No seguinte vídeo faise referencia ao contept de MOOC de maneira moi clara.

Tendo en conta todo isto, é sinxelo entender que nos últimos anos o auxe desta modalidade de formación fose moi importante. Ademais permite, nun momento de crise como no que nos atopamos acceder a educación de calidade, posto que moitas das entidades que dan estes cursos son universidades de reputado prestixio. Con todo é atendendo a isto último, na páxina web oficial dos MOOC en España recóllese un catálogo de cinco consellos a ter en conta para seguir un MOOC, aínda que a calidade deste nons exa a esperada. Neste senso:

  1. O principal nun MOOC é establecer conexións con outros participantes que amplíen o noso PLE
  2. Centrar os nosos esforzos en afondar naqueles coñecementos que máis nos interesan.
  3. Ampliar a información por medio da bibliografía recomendada, búsqueda de documentos adicionais ou a colaboración con outros estudiantes na cración dun repositorio "paralelo" e que esté ao noso alcance unha vez termine o curso.
  4. Crear unblog e compartir as propias reflexións sobre os contidos, permitindo que outros aprendan ou reflexionen acerca do que nos comentamos.
  5. Disfrutar da experiencia.
En definitiva o que se pretende con estos puntos é remitir ao alumnado a importancia de que sexan autónomos no seu aprendizaxe, para que deste xeito se potencie a formación impartida no curso. Ademais recollen a idea de uqe deste xeito, aínda que a calidade do curso non sexa a esperada, os resultados poden ser máis óptimos se levamos a cabo este traballo paralelo.

Ao ler estes puntos, non puiden evitar equiparalo ao que estamos a facer nesta materia, dalgún xeito a metodoloxía seguida baséase na teoría conectivista. Nos somos os principais protgonistas do noso aprendizaxe, a través do que se expón na aula, seleccionamos aqueles aspectos que nos parecen máis deatacables e reflexionamos sobre os mesmos. Ademáis contamos con esta plataforma, na cal podemos mostrar pouco a pouco a nosa evolución así como dar a coñecer aqules aspectos que puideron pasar desapercibidos para os nosos compañeiros. Do mesmo xeito o que eles realizan axudache a ver distintas versións ou opinións sobre distinta temática, que complementa en gran medida a túa formación. Atendendo a isto un punto fundamental son as interaciones que levamos a cabo á hora de comentar nos distintos blogs, así como á hora de indicar a webgrafía ou bibliografía empregada, posto que pode servir de axuda para crear outras aportacións.

Tendo en conta isto, podemos ver claramente como estamos a falar de dous aspectos similares encanto ao modelo de aprendizaxe que fomentan, sustentandose as diferenzas na gratuídade e na non limitación de prazas, á hora de acceder aos cursos.

Coido que nos atopamos ante unha sociedade que necesita iniciativas como esta, que fomenten a educación ao longo da vida e que fagan máis accesible unha educación de calidade, fomentando a retroalimentación dos nosos aprendizaxes a todas aquelas persoas que forman o noso PLE.

Considerades que este modelo de formación está acorde coas necesidades do momento? ou que Resolve as problemáticas presentes na educación tradicional? 


Webgrafía

http://www.mooc.es/unos-consejos-para-seguir-un-mooc/ (Recuperado o día 19 de maio de 2013)

http://www.mooc.es/que-es-un-mooc/ (Recuperado o día 19 de maio de 2013)