Flip Teaching

Flipped Classroom ou Flip Teaching

Flip Teaching ou Flipped Classroom (a clase inversa) é un novo modelo educativo que centra gran parte dos procedementos no uso de determinada tecnoloxía. Neste sentido e atendendo ás últimas entradas no Blog, as cales falaban de novos ritmos educativos e formación a distancia, coido que este é un modelo moi chamativo.

Este modelo xa foi tratado nos anos 90 na Universidade de Harvard da man do profesor Eric Mazur, pero é ahora, gracias en parte á iniciativa de Bill Gates ou Salman Khan que se potencia este modelo de educación.

Pero que é unha Flipped Classroom?

Atopámonos ante un modelo educativo que fomenta unha actitud activa no alumnado, posto que a clase tradicianal evoluciona cara un novo modelo. Neste senso, os alumnos deben tratar a teoría na casa, a través de vídeos (Khan Academy, ou creados polo profesorado) ou plataformas educativas como MOODLE. Atendendo a isto, os alumnos adquiren e traballan a parte teórica na casa, desenvolvendo posteriormente na aula actividades acorde co tratado, con axuda do profesor. Por tanto, o modelo educativo varía notablemente, tendo o profesor máis tempo para resolver dudas e guiar a formación dos alumnos. 

As principais críticas a este modelo obsérvanse en que para moitos o alumno ten unha gran responsabilidade noseu estudo o que pode que afectar ao seu aprendizaxe se non lle ocupa o tempo necesario, máis por outro lado son moitos os que dicen que isto é bon xa que o alumno é máis autónomo, xestionando o seu traballo así como o tempo que ocupa neste. Por outro lado, persoas críticas co modelo recollen que non é mi factible xa que os alumnos deberían adicar moito tempo á formación na casa. Tendo en conta isto último, a verdade é que non teño datos ao respecto, mais para entender mellor en que consiste coido pertinente que se vexa o seguinte vídeo no que Salman Khan explica en que consiste o Flip Teaching a partir do análise da iniciativa levada a cabo por el, a Khan Academy.

A Khan Academy preséntase, por tanto, como un instrumento ao abeiro das novas metodoloxías educativas que permite axudar aos docentes na creación de vídeos ou na utilización dos xa creados para tratar os distintos temarios. Así mismo, permite levar un seguimento do traballo do alumnado, deste xeito combatiríase o problema expresado por algunhas personas, en canto á responsabilidade do alumnado, posto que o profesor podera seguir os procesos do alumno. Con esto, podemos observar que non se trata de facilitar o traballo do profesorado, posto que dalgún xeito a súa tarefa complícase ao ter que cambiar a metodoloxía da clase e seguir o traballo en rede, ademáis de fomentar a súa labor como guía do aprendizaxe e facilitador e resolutor daqueles problemas que se lle formulen aos alumnos. Neste sentido, as clases servirán para resolver dúbidas e non para realizar explicación monótanas, aumentando deste xeito a participación dos alumnos e un maior grao de resposta por parte do profesorado.

Debo indicar que o programa Khan Academy foi creado en EEUU, co cal a maior parte dos contidos están en inglés. Con todo, nos últimos anos creouse unha páxina oficial en España, así como son moitas as persoas que soben contidos en castellano, co cal estaría garantido dalgún xeito a posible utilidade deste mecanismo en España.

Para min aínda que non hai datos precisos das ventaxes que ten este modelo, considero que toda innovación e cambio de perspectivas na educación é bo, sobre todo cando estes cambios implican un aumento da actividade individual do alumno, favorecendo o seu autoaprendizaxe. Mais entendo que haxa voces en contra destes modelos posto que en moitos casos levar a cabo unha innovación preséntase con certo temor, xa que os resultados poden non ser os esperados. de todas formas estamos nun moento en que as tecnoloxías os poden axudar en moitos aspectos, co cal desenvolver iniciativas que as teñan en conta é un acerto, posto que desenvolvemos o noso día a día con elas.

Considerades que modelos así serían eficaces nas nosas escolas?, Que trabas considerades están detrás da utlización destes modelos?


Webgrafía

http://en.wikipedia.org/wiki/Flip_teaching (Recuperado o día 20 de maio de 2013)

http://mjoseromerodeavila.blogspot.com.es/2013/04/flip-teaching-el-mundo-al-reves.html (Recuperado o día 20 de maio de 2013)

http://www.tecnologiasparalaeducacion.es/la-clase-inversa-flip-classroom-tecnologias/ (Recuperado o día 20 de maio de 2013)

http://decienciayasuntosvarios.blogspot.com.es/2012/04/flip-teaching-o-darle-la-vuelta-la.html (Recuperado o día 20 de maio de 2013)

https://es.khanacademy.org/ (Recuperado o día 20 de maio de 2013)

Comentarios

  • Patricia Romero Rey

    Paréceme unha gran innovación esta metodoloxía que ti indicas, xa que viría fomentando un dos grandes aspectos que sempre reinvidicamos, unha maior autonomía para o alumnado. Non tiña constancia disto, así que agradézoche que o compartiras con nós todos. J

    No tocante as preguntas que formulas, eu penso que si serían modelos que comportasen unha grande eficacia para as escolas, tendo en conta as particularidades de cada un, posto que non todos gozamos das mesmas vantaxes nin temos os recursos necesarios para implantar modos de aprender que saian do antigo.

     Da mesma maneira tamén comportaría trabas, xa comezando polo temor ou respecto que teñen os docentes a hora de implantar innovacións na maneira de ensinar, o que dificultaría que se levasen de maneira correcta. E tamén estarían os alumnos, posto que moitos tampouco son partidarios de ter que estudar pola súa conta contidos máis teóricos deixando a práctica para as clases, falando desta innovación en concreto claro.

    Creo que para unha boa aplicación, habería que afondar en aspectos claves, como estes dous que expuxen, e outros como as posibilidades reais. Aínda así, penso que co compromiso e responsabilidade de todos, actualizacións como estas serían de gran axuda para a aprendizaxe da comunidade educativa, en particular, e para a sociedade en xeral.

  • coral lopez lozano

    Igual que comentas ti, creo que eses aspectos son quizabes as principais problemáticas coas que nos encontraríamos ao implantar estas metodoloxías nos centros educativos, con todo creo que si sería posible, ademais de bo. 

    Creo que estas iniciativas son moi interesantes e que dalgún xeito non foron tratadas en clase con profundidade, debido en gran parte á escaseza de tempo. Penso que está nas nosas mans levar a cabo iniciativas de este tipo, potenciando a utilización das tecnoloxías e xerando dinámicas novas que provoquen cambios na metodoloxía tradicional, carente en moitos casos de referente á sociedade na que estamos a vivir. 

    Moitas gracias polo tesu comentario.