Seguridade en internet

Atopei un video moi interesante e que me chamou a atención sobre como o que publicamos nas redes sociais pode estar a vista e a disposición de todos aínda que pensemos que só os nosos amigos o poden ver ou que coa nosa configuración da privacidade estamos a salvo de que a información que expoñemos ao público quede nun circulo privado.

Como xa lle viñemos dando voltas á seguridade en internet, temos que ser conscientes do que publicamos e da información que deixamos á man de todo o que acceda ao noso perfil, se falamos de facebook, ou calquera outra rede social.

 O link é o seguinte: www.youtube.com/watch?v=fWuvqehEWFI