Edupunk

Facendo referencia ás miñas últimas entradas e ao análise de distintas propostas educativas, encontrei un novo movemento educativo, o Edupunk.

Pero que é Edupunk?

Edupunk Cando me atopei con este concepto, o primeiro que destaquei foi a palabra punk, e en certa medida, non ía desencamiñada.

Edupunk é un neoloxismo, usado en inglés para nomear unha ideoloxía nova centrada nas prácticas de aprendizaxe e da ensinanza, atendendo a unha actitude de "Hágalo usted mismo". Neste senso, fai referencia a unha ensinanza e un aprendizaxe "inventivos". 

Este movemento nace en 2008 cando o seu creador (arriba na imaxe), Jim Gloom, escribe no seu blog, unha entrada moi crítica sobre o lanzamento de Academic Suite 8.0 de BlackBoard (plataforma de E-learning de uso privado). Neste sentido defendeu unha das premisas principais deste movemento, a necesidade de que as innovacións en tecnoloxía educativa sexan libres para todos e que non sirvan para que uns poucos se enriquezan. Ademáis defende a idea de que non son as innovacións tecnolóxicas ás que nos farán camiñar cara unha educación máis libre, senón que son as persoas, a súa conciencia crítica e as súas interaccións.

Para entender mellor de que estamos a falar, é preciso ver os seguintes vídeos. Nos cales se dan algunhas ideas do que pretende este movemento.

Unha vez visualizados os vídeos anteriores e facendo referencia a estos, coido que o principal neste movemento é ter en conta ao estudiante, un estudiante activo que sexa o encargado do seu aprendizaxe. Defenden así mesmo a idea de que non existe unha definición concreta para a este movemento, senón que máis ben é unha actitude en contra da educación tradicional, e que intenta facer fincapé na multitude de posibilidades de formación que temos na actualidade a través de internet. En definitiva, crear o noso propio proceso de aprendizaxe.

Con todo en Arxentina, numerosos profesores universitarios que defenden este movemento firmaron un manifesto no cal recollen aqueles principios básicos acerca deste movemento. Para centrarnos en cada un deles, coido preciso ver o seguinte vídeo no cal expresan as súas impresións ante este modelo.

Unha vez visto o vídeo coido que se formulan as mesmas dúbidas de sempre ante este tipo de movementos e perspectivas, que se enfrontan ante un modelo educativo que non funciona pero que sigue vixente. Mais para entender mellor en que consiste, coido preciso coñecer o manifesto deste movemento, redactado por distintas cátedras de universidades públicas de Arxentina, as cales seguen este movemento:

  • Las clases son conversaciones.
  • La relación es dinámica y la dinámica es relacional
  • Sea hipertextual y multilineal, heterogéneo y heterodoxo
  • Edupunk no es lo que pasa en el aula, es el mundo en el aula
  • Sea como el caminante…haga camino al andar
  • Sea mediador y no medidor del conocimiento
  • Rómpase la cabeza para crear roles en su comisión, cuando los cree, rómpales la cabeza
  • Sus roles deben ser emergentes, polivalentes, invisibles
  • Asuma el cambio, es solo una cuestión de actitud
  • Siéntase parte de un trabajo colectivo
  • No sea una TV, interpele realmente a los que lo rodean
  • Expanda su mensaje, haga estallar las cuatro paredes que lo rodean
  • Mezcle, copiese, apropiese, curiosee, juegue, transfórmese, haga, derrape
  • Al carajo con la oposición real/virtual
  • Sin colaboración, la educación es una ficción
  • Sea un actor en su entorno, investigue a través de la acción
  • Hágalo usted mismo…pero también y esencialmente, hágalo con otros
  • Sea Edupunk, destruya estas reglas, cree las suyas y luego, destrúyalas.

Por tanto, a liberdade na formación esta garantida, dando vital importancia á crítica e reflexión persoal así como ao traballo con outros. Neste sentido, é necesario facer mención a unha das críticas expostas no vídeo a cal dí que os docentes que seguen este modelo en certa forma contradino, posto que son quenes dirixen as clases. Para min, creo que defender un modelo como este nunha institución formal é complexo, aínda que apoio totalmente a importancia da autonomía formativa e da visión activa do alumno. Con todo, coido que este tipo de movemento se vería quizás máis reflexado en educación non formal, posto que as limitacións institucionais non estarían presentes.

Atendendo a algún exemplo deste movemento, destaco o Proxecto Facebook, liderado por Alejandro Piscitelli, un dos profesores que podemos ver no último vídeo. A continuación deixo un vídeo no cal se explica en que consiste.

Este proyecto, desenvovleuse no Taller de Procesamento de Datos da Licenciatura de Ciencias da Comunicación, na Universidade de Buenos Aires (UBA). O seu obxectivo era cambiar as rutinas de aprendizaxe e ensianza fomentando unha actividade colaborativa en todos os aspectos. Para coñecer máis sobre o proxecto, así como os resultados podedes visitar a web do mesmo na cal se recolle información ao respecto así como distintos vídeos sobre distintas experiencias (http://www.proyectofacebook.com.ar/). No seguinte documento exponse o que é o proxecto, quen o conforman e en que consiste, coido que é bo que lle botedes un ollo.

En definitiva, unha vez tratado o concepto creo que é importante facer unha reflexión acerca do mismo. Atopamonos ante un movemento que rompe con todo o experimentado ata o momento, que ve a educación como algo libre, na que os protagonistas son os alumnos. Sustentando os avances no aprendizaxe na importancia do traballo colaborativo. Así mesmo, defende a liberdade nas tecnoloxías.

Tendo en conta esta última idea, é inevitable non facer referencia a este e-portafolios, no cal recollemos os noso aprendizaxes ou indagacións e as mostramos aos nosos compañeiros para que de xeito común formemos os contidos que levamos asimilados ao longo da materia. Aínda que o traballo é autónomo, realizamos actividades en conxunto como o vídeo, e ademáis estar realizando este blog facilita ter acceso aos contidos tratados polos nosos compañeiros os cales che axudan na túa formación. Creo, por tanto, que dalgún xeito poderíamos establecer similitudes co que nos estamos a levar a cabo.

Por outro lado, aínda que é un movemento que xa leva uns anos as inicativas osbre o mesmo non son moi grandes, co cal establecer un movemento similar nunha escola requeriría de moita planificación, así como de formación do profesorado. Deste xeito volvemos a iniciar a problemática cotia na educación actual, a formación dos profesores nas novas tecnoloxías, así como nas novas metodoloxías.

Creedes que esta similitude é posible?, vedes que a nosa situación está moi distanciada desta metodoloxía?, Creedes que é unha boa iniciativa, ou ten moitas lagunas?


Webgrafía

http://es.wikipedia.org/wiki/Edupunk (Recuperado o día 21 de maio de 2013)

http://www.slideshare.net/lacj95/edupunk-9233661(Recuperado o día 21 de maio de 2013)

http://www.taringa.net/posts/info/12619841/Edupunk-El-valor-del-Do-It-Yourself.html (Recuperado o día 21 de maio de 2013)

http://educyweb20.blogspot.com.es/2010/07/que-es-el-edupunk.html (Recuperado o día 21 de maio de 2013)

http://www.proyectofacebook.com.ar/ (Recuperado o día 22 de maio de 2013)

http://dialogica.com.ar/edupunk/ (Recuperado o día 22 de maio de 2013)

Comentarios

  • Enelina

    Paréceme moi interesante todo o que aquí presentas, grazas por darnos a coñecer algunhas cousas e aplicacions que descoñecemos da tecnoloxia a pesar de sermos nativos tecnolóxicos.

     

    Un saudo