O docente xerador de novos cambios.

O seguinte vídeo fai referencia ó papel do docente como xerador de novos cambios, e ofrécenos indicacións e formas de actuar para tratar de ser un bo docente e acadar unha mellora educativa. Entre os aspectos que se expoñen en dito vídeo pódense atopar os seguintes:

* Loita diaria para acadar a calidade educativa.

* Emprego de estratexias que agraden ós estudantes.

* Coñecer ó alumnado e tratar de buscar solución ós problemas que lle vaian xurdindo.

* Empregar ferramentas que fomenten a aprendizaxe significativa dos alumnos/as.

* Dar a coñecer a aula como un espazo de liberdade de expresión.

Desta maneira e mediante a utilización deste vídeo, pódese ver a importancia da implicación e colaboración do profesorado na mellora da calidade educativa, xunto coa posible intervención doutros profesionais como poderían ser os asesores/as.