Reflexión sobre o meu Entorno Persoal de Aprendizaxe

Personal Learning Environment, como xa comentamos nas clases expositivas da materia, trátase de sistemas que nos axudan as persoas a desenvolvernos de forma autónoma converténdonos en donos do noso propio proceso de aprendizaxe.

Precisamente pola importancia que considero ten dita autonomía persoal tanto para o ámbito educativo como para a vida en xeral, gustaríame realizar unha reflexión sobre o que implica para min dito concepto.

En primeiro lugar, cabe dicir que a maior parte dos temas que foron tratados por min en anteriores blogs, teñen que ver cos ámbitos que están presentes no meu PLE. Por exemplo no que se refire ao profesorado ou o relativo o emprgo das tecnoloxías por parte dos maiores, froito este último dunha análise crítica realizada acerca da realidade que vivín durante a miña experiencia de prácticas nun centro de atención a terceira idade onde sí posuían elementos tecnolóxicos, pero que sen embargo non empregaban.

Un dos elementos que máis presenza teñen dentro do meu entorno persoal de aprendizaxe son as redes sociais. Sen dúbida, ao igual que a meirande parte dos meus compañeiros, o facebooktwitter,tuentistellae, etc; son elementos que nos serven xa non só para comunicarnos entre nós, estar en permanente contacto; se non que tamén constitúen importantes instrumentos de aprendizaxe a través do intercambio de información e de ideas. Pero se ben e certo que moitas veces nos pasamos demasiadas horas ao día pendentes destas redes, o que pode producir en certas ocasións un deterioro da interacción cara a cara, e das posibilidades que pode ofrecer a observación directa da realidade que está ao noso arredor, sen necesidade de que actúe como mediadora unha pantalla.

En cantas ocasións se deron avisos importantes por parte do profesorado ou dos compañeiros a través das redes, e algún dos compañeiros non se percatou? Significa isto que debemos de estar permanentemente "conectados"?.

Con respecto a isto, aínda que sendo consciente das vantaxes que teñen estas redes sociais, sería preciso romper un pouco co monopolio que estas teñen dentro do noso entorno persoal de aprendizaxe e tratásemos de abrirnos a novas posibilidades que nos ofrece a rede, como páxinas ou programas que teñan que ver co ámbito educativo e da Pedagoxía, que considero que a maior parte de nós a pesar das alturas da nosa formación na que nos atopamos, aínda non incorporamos.

Outro dos aspectos máis identificativos do meu PLE son as persoas. Neste senso, gustaríame entoar o mea culpa,xa que nunca tiven unha especial habilidade con respecto as tecnoloxías, polo que certas persoas coas que me fun atopando e relacionando o longo da miña vida me axudaron moito a introducirme neste mundo e facerme máis doada a súa comprensión e manexo.

Unha especial mención merece a figura do meu irmán maior, posto que foi a persoa que me ensinou a manexar o meu primeiro ordenador, e a que recurro con máis frecuencia cando se me presenta algún tipo de problema relacionado con este ámbito; ademais tamén do grupo de amigos.

Si me gustaría facer unha crítica ao colectivo de profesorado co que me atopei tanto na etapa da educación primaria coma secundaria, pola súa falta de implicación co ámbito da tecnoloxía; aínda cando se lles dava a oportunidade de recibir información e se lles dotaba de dos recursos precisos para poder introducilas nas aulas.

Precisamente por isto, a formación tecnolóxica que teño hoxe en día e froito da miña propia iniciativa e interese persoal, a través dun método de aprendizaxe baseado no ensaio-erro, das miñas indagacións e das aportacións das persoas que se atopan o meu arredor.

Así sempre votei en falta, programas ou actividades que se propuxesen dende os propios centros ou dende os concellos que tivesen que ver co manexo das tecnoloxías.

Hoxe en día, considero que esta situación se está a superar, e que se mostra un maior interese por parte dos gobernos, aínda que sempre mellorable.