Videoxogos ou xogos tradicionais, cales son máis educativos?

Encamíñome a elaborar a seguinte entrada ó blog cunha temática moi relevante: os xogos (incidindo tanto nos videoxogos como nos xogos tradicionais) para profundizar no seu valor educativo, e analizar polo miúdo a polémica que existe entre uns e outros.

            Segundo a páxina web do Mastermagazine enténdese por videoxogo “toda aplicación o Software que ha sido creado con el fin del entretenimiento, siendo basado principalmente en la interacción de uno o más jugadores, ejecutado tanto en ordenadores como en cualquier otro dispositivo electrónico (siendo aquellos exclusivamente dedicados para esta función conocidos como Consola de Videojuegos)”.

            Por outra banda, o xogo tradicional “es aquel que se conoce desde la infancia y que se ha practicado desde hace innumerables generaciones en multitud de sitios” (Lavega Burgués, 2002).

            É certo que, segundo a nosa experiencia coñecemos as múltiples vantaxes que nos poden ofrecer tanto os videoxogos como os xogos que nos acompañaron no transcorrer das nosas vidas. Así, expoño unha táboa (López Chamorro, 2010) na que podemos ollar os diversos beneficios que nos aportan os xogos, afectando a diferentes aspectos da nosa personalidade e potenciando o desenvolvemento das persoas nun senso amplo:

ASPECTOS QUE MELLORA O XOGO

Desenvolvemento psicomotor

Desenvolvemento cognitivo

Desenvolvemento social

Desenvolvemento emocional

ü  Coordinación motriz

ü  Equilibrio

ü  Forza

ü  Manipulación de obxectos

ü  Dominio dos sentidos

ü  Discriminación sensorial

ü  Coordinación visomotora

ü  Capacidade de imitación

ü  Estimula a atención, a memoria, a imaxinación, a creatividade, a discriminación da fantasía e a realidade, o pensamento científico e matemático

ü  Desenvolvemento da comunicación e a linguaxe, e o pensamento abstracto

Xogos simbólicos

ü  Procesos de comunicación e cooperación cos demais

ü  Coñecemento do mundo do adulto

ü  Preparación para a vida laboral

ü  Estimulación do desenvolvemento moral

Xogos cooperativos

ü  Favorecen a comunicación, a unión e a confianza en si mesmos

ü  Potencia o desenvolvemento das condutas prosociais

ü  Diminúe as condutas agresivas e pasivas

ü  Facilita a aceptación interracial

ü  Desenvolve a subxectividade do neno

ü  Produce satisfacción emocional

ü  Controla a ansiedade

ü  Controla a expresión simbólica da agresividade

ü  Facilita a resolución de conflitos

ü  Facilita patróns de identificación sexual

 

A través disto, destacamos dúas citas relevantes:

El juego es la actividad principal en la vida del niño; a través del juego aprende las destrezas que le permiten sobrevivir y descubre algunos modelos en el confuso mundo en el que ha nacido” ( Lee, 1977).

El niño progresa esencialmente a través de la actividad lúdica. El juego es una actividad capital que determina el desarrollo del niño” (Vygotsky, 1932).

            Porén, do mesmo modo, son numerosas as problemáticas que promoven os videoxogos e das que escoitamos falar a diario: adicción, valores incorrectos, illamento ou violencia, entre outros. Por iso, como se amosaba na derradeira sesión de clase da materia “Tecnoloxía Educativa” fan falla profesionais do eido da educación (pedagogos, por exemplo) que despleguen unha labor conxunta cos profesionais do campo da informática, de xeito tal que, os videoxogos que saian á venta sexan totalmente educativos, e os nenos, aprendan os diversos aspectos da vida mediante o entretemento e a diversión, elementos constituíntes do xogo, e xa que logo, aspectos que constitúen un gran soporte para a aprendizaxe, porque todos sabemos que mediante a motivación e o interese o proceso de ensino-aprendizaxe é máis sinxelo, feito polo cal, os xogos deberían ser ferramentas educativas dende o meu punto de vista.

 

                                                   image                    

 

            Debo apuntar que, estes factores negativos aparellados ós videoxogos que comentaba anteriormente (adicción, valores incorrectos, illamento ou violencia) e que afectan de cheo á personalidade dos máis cativos, son feitos que podemos mudar cunha boa educación como alicerce. Dende o meu modo de ver, a educación que transmiten os pais como primeiro axente educativo dos nenos, e o pobo e a escola como segundos, repercuten directamente en como se desenvolvan estes nenos no quefacer diario.

            En síntese, dende a miña perspectiva, os xogos tradicionais desenvolven un maior potencial educativo que os videoxogos da actualidade, xa que como comentaba existe esa carencia de participación dun traballo conxunto entre pedagogos e informáticos, que fai que moitos dos videoxogos non sexan educativos, aínda así, esperamos que nun futuro se mude esta realidade.

             Tamén está claro que, un videoxogo ben creado pode superar os déficits de calquera xogo tradicional, porque non só pode transportar ese xogo tradicional ó mundo dixital, facendo que todos se impliquen no mesmo ó igual que acontecería no mundo real (interacción, socialización) senón que inconvenientes que posúe o xogo tradicional, como os meteorolóxicos, veríanse favorecidos cos videoxogos, porque dentro de espazos cerrados poderíamos desenvolver estes mesmos xogos tradicionais desplegando de igual maneira os beneficios deste xogo (actividade física (véxase a Wii por exemplo) ou desenvolvemento cognitivo, entre outros).

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA:

García Fernández, F. (2005). Videojuegos: un análisis desde el punto de vista educativo. Recuperado o día 21 de maio do 2013, de:  http://www.irabia.org/departamentos/nntt/proyectos/futura/futura06/Analisis_educativo.pdf

Lavega Burgués, P. (2002). JUEGOS TRADICIONALES Y EDUCACIÓN: Aprender a relacionarse. Relacionarse para aprender. Encontro internacional sobre os xogos (Herencia, transmisión e difusión dos xogos tradicionais). Celebrado en Nantes do 3 -5 de outubro (Paper).

Lee, C. (1984). Crecimiento y madurez del niño. Madrid: Narcea. [Tradución do orixinal en inglés: The Growth and Development of Children. Londres: Logman, 1977].

López Chamorro, I. (2010). El juego en la educación infantil y primaria. Revista on-line Autodidacta. Recuperado o día 21 de maio de 2013, de: http://www.anpebadajoz.es/autodidacta/autodidacta_archivos/numero_3_archivos/i_l_chamorro.pdf

Vygotsky, L.S. (1932). Pensamiento y lenguaje. Buenos Aires: La Pléyade. [Tradución do orixinal en inglés: Thought and Language. Cambridge: MIT Press, 1977].

http://www.mastermagazine.info/termino/7136.php (Consultada o día 21 de maio de 2013)

Comentarios

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Cales son máis educativos?

    Eu penso que os máis educativos son aqueles que se enfoquen nese sentido, no de querer ser educativos. 

    O asunto é que coido que non debemos confundir os xogos que teñen un fin principalmente educativo que aqueles que o teñen por principal motivo a simple diversión. Penso que non se pode comparar un videoxogo de disparos cun xogo para aprender as letras... son conceptos totalmente diferentes. Quizais o maior problema esté nos pais e nais que non se preocupan daqueles produtos dixitais que consumen os seus fillos.

    Pero iso non quere dicir, na miño opinión que uns sexan mellores ou peores. Poño un exemplo, imaxinemos unha película dun director recoñecido, por exemblo Sam Peckinpah. As películas deste autor teñen unha fortísima carga de violencia, mais tamén unha forte carga e valor estético. Mais non por iso llas poríamos a un neno.

    A cuestión sería ir mudando a concepción do videoxogo como unha forma de ocio puramente infantil, e percatarnos de que é algo moito máis complexo. 

    En todo caso estou de acordo que aos xogos tradicionais se lle ten moito máis sacado o seu "xugo educativo". Mais... que pasará dentro de décadas, cando os videoxogos que xogamos agora sexan tamén tradicionais?

    The times they are a-changin'

    :D 

  • Berta Varela Garcia

    "Eu penso que os máis educativos son aqueles que se enfoquen nese sentido, no de querer ser educativos", non estou totalmente de acordo coa túa afirmación Keko. Por unha banda, é certo, os xogos educativos son aqueles que posúan este carácter (aínda que hai moitos que se crean con carácter educativo, e despois resultan ser todo o contrario). Porén, doutra banda, podemos construír xogos que teñan como fin a diversión (dende o meu modo de ver todos os xogos teñen este propósito) e tamén a aprendizaxe. Non nos vaiamos a coñecementos específicos como ti expós (as letras), senón que mesmo cos xogos de disparos, os nenos están desenvolvendo habilidades prácticas, e se os xogos estiveran ben creados, ata mesmo serían educativos, no senso de que poderíanse construír xogos de disparos a coellos, por exemplo, e que neles se ensine a importancia da caza, da cadea alimenticia, e como non das extincións que se deron na historia mundial pola caza esaxerada. Estaríamos ante xogos que teñen como fin a diversión e o entretemento e ademais, un carácter educativo.

    E claro que non lle vamos a poñer ós nenos xogos cargados de violencia, cada xogo terá que estar adaptado a cada idade, non estou falando de xogos mellores ou peores, os adultos poderán xogar con videoxogos de violencia, porque coñecen o que supón a violencia. Mesmo se empregan os videoxogos como ferramentas estratéxicas como observabamos no mes pasado ó exército estadounidense estudar as súas técnicas en combate á hora de actuar na guerra. Estou a falar de xogos educativos para os nenos, cales son máis educativos, os videoxogos do hoxe ou os xogos tradicionais? Considero que os videoxogos aínda lles queda moito que mellorar, onde estea a mariola (xogo tradicional) que se desboten moitos outros videoxogos.

    E estou contigo no tema de que os pais se teñen que preocupar dos contidos audiovisuais que consomen os fillos, por iso establezo na entrada que "a educación que transmiten os pais como primeiro axente educativo dos nenos, e o pobo e a escola como segundos, repercuten directamente en como se desenvolvan estes nenos no quefacer diario".

    Dentro dalgunhas décadas oxalá que existan algúns futuros profesionais como nós que desempeñen o seu traballo profesional a carón de informáticos, e que constitúan excelentes videoxogos para os nenos, e que poidamos empregalos nas aulas do futuro e nos nosos fogares. Non sendo algúns videoxogos do hoxe para os nenos, videoxogos tradicionais do mañá (ó eliminalos do mercado), xa que dende logo algúns transmiten un valores e unha educación para o desenvolvemento totalmente negativa para os cativos, que segundo o meu punto de vista non desexaría ter nun futuro.

    Grazas polo aporte Keko! Wink

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Eu non creo que os xogos de disparos poidan tanto valor educativo como os doutros xéneros que si que estén máis enfocados específicamente a telo. Polo menos de xeito xeral. As potencialidades que ofrece por exemplo un xénero como a da aventura gráfica son moito maiores (matar e disparar non me parece educativo). O meu comentario de "Eu penso que os máis educativos son aqueles que se enfoquen nese sentido, no de querer ser educativos", vai no sentido de que eu penso que as veces pretendemos sacarlle o "factor educativo" a xogos que simplemente están aí para distraer, para o noso tempo de ocio. Que non é pouco. E que é algo que penso tamén se debe reivindicar.

    En canto a xogos con importantes potencialidades educativas, o xénero da aventura gráfica me parece extraordinario, non soamente polo que pode dar de si a propia ambientación ou desenvolvemento e interacción dos personaxes, senón tamén pola propio valor estético e artístico que teñen.

    Recomendo vivamente a quen lea isto o xogo "Syberia" (hai primeira e segunda parte). De fermosísima factura técnica e argumental, ambientado nun mundo fantástico a cabalo entre a estética victoriana e a modernista. Unha pequena xoia da programación.... :)

    Eis o trailer:

     

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Nótese o fermoso contraste entre o ambiente abandonado e industrial e a cantante de ópera interpretando "Ollos negros"... que lirismo!

  • Adriana

    Perdón si me entrometo en la discusión. Quisiera saber ¿qué entienden por educativo como adjetivo al juego? ¿Qué diría Piaget y su teoría sobre el lugar del juego en el desarrollo infantil de este calificativo?

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Para min un xogo educativo é aquel que está orientado a mellorar os coñecementos, habilidades e aptitudes, dos que os usan. Pero sempre traballando en torno a uns valores considerados como positivos. Por moita coordinación e habilidades psicomotoras que me poida outorgar o xogar ao Call of Duty, considero que matar xente non é educativo. Se cadra pode ser algo formativo, ou instructivo, mais coido que non educativo. Ademais coido que habería que diferenciar tamén os xogos educativos daqueles que teñen potencial educativo.

    En canto ao que pensaría Piaget sobre a calificación do xogo como educativo, supoño que dende a súa perspectiva non entraría tanto en cuestións axiolóxicas, e se centraría máis en analizar os efectos dos videoxogos no desenvolvemento, na creación dos símbolos e demais. Todo isto o digo dende a ignorancia, claro está. Non teño nin idea do que diría... aínda que me gustaría poder ter compartido con el unha pipa e un café mentres comentabamos o tema...

  • Berta Varela Garcia

    Matar non é educativo, está claro, dicíao na liña da caza, por exemplo, xa que ós nenos quedaríalles constancia do que supón a cadea alimenticia. Así, considero que os xogos de disparos ou violencia non son os axeitados para os nenos. Por outra banda, estou dacordo en que hai xogos que están só para distraer, pero tamén se lle pode substraer a algúns destes algún potencial educativo, e que mellor para os cativos! O valor estético e artístico dos xogos ou de calquera material audiovisual tamén penso que posúe unha gran relevancia.

    Comparto a mesma definición que Keko sobre o xogo educativo, enfatizando a cuestión dos valores, xa que ó fin e ó cabo as habilidadaes e destrezas adquírense por mera práctica, e non por comprensión ou entendemento. Engadiría a dimensión lúdica do xogo educativo, é dicir, a diversión ou o entretemento que desenvolven estes xogos e que, facilitan o proceso de ensino-aprendizaxe en calquera neno, ó estaren motivados, por iso considero que os xogos posúen un gran valor educativo.

    Procurando información sobre a pregunta acerca de Piaget, expoño que "el juego tiene una función simbólica, permite al niño enfrentarse a una realidad imaginaria que, por una parte tiene algo en común con la realidad efectiva, pero por otra parte, se aleja de ella. Así practican mentalmente eventos o situaciones no presentes en la realidad. El juego está dominado por la asimilación, un proceso mental por el que los niños adaptan y transforman la realidad externa en función de sus propias motivaciones y de su mundo interno. Las dos principales funciones son: consolidar habilidades adquiridas mediante la repetición y reforzar el sentimiento de poder cambiar de manera efectiva el mundo".

    O tema de ter tomado con el un café non estaría mal non...

    Grazas polos comentarios! Smile