• Blogs
  • Berta Varela Garcia
  • “Los españoles son los europeos que más información comparten en las redes”. Xornal "El País".

“Los españoles son los europeos que más información comparten en las redes”. Xornal "El País".

Para pechar coas publicacións de entradas ó blog vou amosarvos unha noticia que atopei no diario “El País”, e que considero que é de gran interese para os españois, o titular xa fala por si só: “Los españoles son los europeos que más información comparten en las redes”, supoñendo adicarlle máis tempo á pantalla do portátil, deixando ó lado o disfrute da compañía das persoas, das paisaxes, de ler bos libros, ver películas, etc.

            Esta información despréndese do Informe Socialogue de IPSOS mediante a realización de entre 500 e 1.000 enquisas en cada un dos 24 países seleccionados (Alemaña, Arabia Saudita, Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, China, Corea do Sur, España, Estados Unidos, Francia, Hungría, India, Indonesia, Italia, Xapón, México, Polonia, Rusia, Reino Unido, Sudáfrica, Suecia e Turquía), como se desprende da noticia.

            Aínda que intentei acceder a este estudo, foime imposible, e a bibliografía procurada non me axudou a atopar a causa pola que os españois comparten máis información nas redes sociais que o resto de países europeos. Desta maneira, establecín unha serie de reflexións propias co propósito de resolver esta cuestión.

            Nun primeiro intre, na noticia deste xornal establécese o seguinte: “Casi la mitad de la población del país (45%) afirma compartir artículos de opinión, vídeos y otro tipo de información con sus contactos, superando en más de 10 puntos la media mundial, situada en el 36%”. Reflexionando un pouco acerca deste parágrafo, cheguei á conclusión de que, por unha banda, e como aspecto positivo, a poboación española comparte información polo mero feito de que todos coñezamos máis fenómenos e nos enriquezamos os uns dos outros. Porén, segundo a miña experiencia coas redes sociais e co que comento con algún compañeiro, constato que algunhas persoas publican e comparten artigos movidos por esa moda, iso de “seguir á masa”, non posuíndo un xuízo propio sobre o tema en cuestión, e deixándose levar, incluso nalgúns casos chegando a extremos de competitividade para ver quen sube ás redes sociais e comparte máis información (por suposto esta situación dáse en moitos adolescentes (espero que en persoas adultas non, xa que quedaría ó descuberto o pouco sentido crítico e a falta dunha boa educación en valores na sociedade española), que mesmo comparten comigo opinións ó respecto, feito polo cal afirmo o escrito anteriormente).

 

                                                                                                 image

 

            “El nivel de interactuación online en España queda muy por encima de sus vecinos europeos”, isto é unha situación que non consigo comprender. Hoxe en día, tomamos constancia de como existe unha carencia de interacción cara a cara, tal como expoñíamos en algunha que outra sesión de clase da materia “Tecnoloxía Educativa”, e incluso noutras materias. Socializámonos e interactuamos vía on-line, pero onde queda ese reunirnos coas persoas para tomar un café? Ollar as súas expresións cando se comenta un tema ou outro? Sentir as súas miradas? Tocalos? En que nos estamos a converter? Non vou a profundizar máis nesta cuestión, xa que considero que moitos dos meus compañeiros máis eu, en algunha que outra entrada ó blog xa facemos referencia ó fenómeno da deshumanización das persoas debido á era tecnolóxica, polo que non vou reterme aquí. A pesares disto, destacar un aspecto positivo desta interactuación on-line como é o emprego e coñecemento das novas tecnoloxías, polo que non nos quedamos anclados nun pasado, con tecnoloxías obsoletas, senón que desplegamos novas habilidades e aptitudes, ese “aprender a aprender”. Engadir, como todos sabemos o beneficio principal de interactuar on-line: comunicarnos con persoas que están a miles de quilómetros de nós, e mesmo coñecer e enriquecernos con culturas e costumes distintos ós nosos.

            Na noticia tamén se nos deixa constancia de que “a la hora de compartir datos en internet y redes sociales en España, las mujeres son más propensas que los hombres (48% y 41% respectivamente) (...) parece que las clases sociales bajas son las que más contenidos comparten (47%)”. Dende o meu punto de vista, isto é sinxelo de explicar, penso que todo está relacionado directamente co eido laboral,  quero dicir, consultando os datos da páxina web do Banco Mundial, examinei como o indicador de desemprego das mulleres nos revela cifras superiores á dos homes, polo que estas dispoñerán de máis tempo de lecer (ó non dispoñeren dun traballo) para acceder e compartir información na redes sociais que os homes. O mesmo sucede coas clases sociais máis baixas, que en xeral, dende o meu modo de ver, aínda que pasen máis tempo desempeñando os seus traballos (xa se coñecen os traballos precarios de persoas pertencentes a clases sociais baixas), considero que non posúen tanta responsabilidade nas súas vidas como as clases sociais altas (por exemplo, posúen máis terreos, infraestruturas, etc, e moito do seu tempo irá dirixido á preocupación por estes aspectos), polo cal o tempo libre ou de lecer adicaranllo ás redes sociais. Subliñar que, para min é un feito moi representativo que as clases sociais baixas compartan máis contidos que as demais clases sociais, xa que isto significa, en primeiro lugar que, teñen a súa disposición as tecnoloxías, e saben empregalas.

 

                                                                                 image

 

            “La franja de edad más elevada se centra en los menores de 35 años (51%)” porque se nos retemos a pensar, os novos portátiles e incluso Internet, son ferramentas recentes, polo que moitas persoas maiores non están alfabetizadas dixitalmente. Do mesmo modo, o argumento que defendíamos no parágrafo anterior tamén é válido, así, por exemplo, os adolescentes dispoñerán de máis tempo libre ou de ocio para compartir información nas redes sociais ó non estar suxeitos a un emprego profesional.

            Finalmente, como tamén comentaba en anteriores entradas a este blog, “el 54% de la población de nuestro país confirma que suele hacer clic a “Me Gusta” ante los contenidos publicados”, polo que destacamos a cuestión da capacidade crítica de cadaquén, ese cuestionarse o que pon no comentario, non só clickear no “gústame”, apoiando incluso comentarios negativos que non se sabe como interpretalos (gústache que rompera un pé ou estás apoiándome?).

            Sen máis incidir en que, a era tecnolóxica vainos configurando, pero debemos ter presente que somos persoas e que precisamos interactuar con outras persoas, non con máquinas, xa que acabaremos comportándonos como tales, en vez do que somos (persoas con capacidade reflexiva sobre a realidade, non máquinas obedientes que fan todo o que nos lles demandemos). Empreguemos dun modo máis idóneo e axeitado a tecnoloxía, fortalecendo aqueles aspectos que na vida real posúen algún tipo de déficit.

 

WEBGRAFÍA:

http://datos.bancomundial.org/indicador/SL.UEM.TOTL.FE.ZS (Consultada o día 22 de maio de 2013)

http://datos.bancomundial.org/indicador/SL.UEM.TOTL.MA.ZS (Consultada o día 22 de maio de 2013)

http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2013/05/21/actualidad/1369130737_550395.html (Consultada o día 22 de maio de 2013)