WebQuest e JClic

Unha das últimas actividades plantexadas nas clases interactivas para a materia de Tecnoloxía Educativa foi relativo a realizar un análise das semellanzas e diferenzas que se poden apreciar en dúas páxinas denominadas WebQuest e JClic.

A WebQuest é una ferramenta mediante a cal se pode levar a cabo un proceso de aprendizaxe guiado con recursos maioritariamente procedentes de internet coa fin de, entre outras cousas, fomentar o traballo autónomo dos estudantes. A súa metodoloxía pretende evitar a procura e navegación sen sentido dos estudantes pola Web, polo que lle presenta o alumnado un problema con un conxunto de recursos preestablecidos por o autor da mesma. Por todo isto son un interesante recurso didáctico, aínda que non distan practicamente dos recursos didácticos tradicionais tales coma o son os libros ou manuais, xa que están compostas por materiais revisados, seleccionados e considerados como valiosos previamente polo educador. Non aportan nada a un desenvolvemento de competencias para procurar e validar información na Web. O creador das WebQuest foi Berne Dodge, profesor de tecnoloxía educativa da Universidade de San Diego.

Para consultar exemplos de WebQuests utilicei a páxina de EDUCATIC da universidade de Alacante (http://www.edutic.ua.es/

image

 

Desta páxina observei varias WebQuest como por exemplo a titulada ¡Visita la granja! (http://www.edutic.ua.es/webquest-2/?id=1541), a cal vai dirixida a un nivel de infantil e pretende fundamentalmente que os alumnos adquiran un coñecemento dos elemento que conforman o medio (animais, plantas...). E basicamente como practicamente todas as WebQuest divídese nas partes de introdución, tarefa, proceso, avaliación e conclusión.

 

image

 

Pola súa banda, JClic é unha ferramenta que permite a creación de unidades didácticas, exercicios e xogos destinados a escolares baseándose en Java. JClic  contén un xestor para estes exercicios que se descarga (para min un inconvinte presente e que haxa que descargar un programa) dende a súa páxina en internet. Hai unidades didácticas de todas as materias de educación en xeral, de diferentes dificultades e mesmo en diferentes idiomas. Así mesmo tamén permite levar un seguimento dos avances do alumno.

image