Modelos de orientación

Por Pablo

Boas,

a continuación quero profundizar nos diferentes modelos de orientación existentes, pois calquer profesional da educación, e principalemete un asesor/a ou orientador/a, ten que ser consciente de que modelo está a empregar ou baixo que modelo quere realizar a súa labor educativa. Os diferentes modelos de intervención coexistentes están dotados dos seus propios supostos teóricos que guían a práctica. A coexistencia destes diferentes modelos teñen unha razón de ser, a cal explican Monereo, C. E Solé, L. (1996) a través de tres compoñentes fundamentais, que a continuación paso a resumir:


  • A concepción epistemolóxica, que fai referencia a teoría dende a cal se analizan os procesos de aprendizaxe que conlevan a un determinado xeito de intervir.

  • Os ámbitos de intervención, que dependen do rol que o asesor asuma para a realización da correspondente intervención psicopedagóxica, que ben se pode centrar nun único axente ou ter natureza interactiva, considerando para isto a diferentes axentes da acción educativa.

  • Tipo de relación laboral e profesional, depende de dous factores esenciais referentes ao asesor psicopedagóxico, por un lado a situación contractual (o asesor por conta propia, contratado temporalmente ou con praza fixa) e o grao de dependencia e proximidade co asesorado (asesor externo, asesor que atende directamente a diferentes centros e o asesor que forma parte do equipo de profesores do centro).

Tendo en conta estas nocións previas que xustifican a existencia simultanea de varios modelos, a continuación presento de xeito sintetizado os modelos que maior representatividade cobran na actualidade:


1.- Modelos teóricos: os modelos teóricos, como o seu propio nome indica, son elaborados polos teóricos que conforman as diferentes correntes psicolóxicas. Algúns exemplos son os seguintes: modelo psicoanalítico, modelo humanista, modelo cognitivo, modelo condutista...


2.- Modelos básicos de intervención:

  • Modelo clínico, couseling ou atención individualizada.- Este modelo céntrase en satisfacer as necesidades de carácter persoal, educativo e socio-profesional do individuo, grazas á acción directa orientador-orientado. Trátase dunha intervención basicamente terapéutica, aínda que en ocasións tamén pode presentar un carácter preventivo ou de desenvolvemento persoal. A súa actividade concrétase mediante a entrevista individual de forma directa, onde o/a entrevistador/a e o/a cliente atópanse cara a cara. Os seus referentes teóricos apoianse nos enfoques clásicos da orientación (de rasgos e factores e couseling non directivo). Seguindo a Renau, Mª D. (1998) “é este un modelo asistencial (...) se supón, polo tanto que a psicoloxía vai ocuparse dos nenos que non se axustan ás esixencias da escola debido a algún rasgo patolóxico individual. A escola, a través dos seus mecanismos institucionais, realiza un prediagnóstico que orienta ao neno hacia o psicólogo. Se ben nalguns casos o prediagnóstico correspóndese cunha realidade obxectiva, outras veces este resulta ser un mecanismo defensivo da propia institución ante condutas que no é capaz de manexar”
  • Modelo de programas.- Bisquerra (1998) define o programa como “unha acción continuada, previamente planificada, encamiñada a lograr uns obxectivos, coa finalidade de satisfacer necesidades e/ou enriquecer, desenvolver ou potenciar determinadas competencias”. Todo programa implica unha actividade planificada, a cal debe atopar o seu fundamento nas teorías previamente desenvoltas, como os enfoques cognitivos. Ademais, a aplicación do programa supón unha actuación común, colaborativa e aberta a diversos contextos, onde a finalidade é dar resposta a unhas necesidades previamente detectadas. Trátase dun modelo que xorde como unha superación do antigo modelo de servizos. Así mesmo, a maioría dos autores sinalan, como básicos, os seguintes elementos imprescindibles neste modelo:

- Debe basearse na identificación dunhas necesidades.

- Debe dirixirse ó logro duns obxectivos para cubrir as necesidades detectadas.

- A actividade debe planificarse previamente.

- A actividade debe ser avaliada.


  • Modelo de consulta.- A intervención directa sobre o individuo (a través do modelo clínico) e a intervención grupal sobre o colectivo (a través do modelo de programas) non son suficientes si se quere afrontar con eficacia e de forma plena a función educativa da orientación. É imprescindible ter presente nesa acción orientadora a intervención indirecta sobre todos os axentes educativos, en especial sobre os/as profesores/as e as nais e pais, sen esquecer á propia institución educativa como tal. Este modelo de intervención pode definirse como “a relación entre dous profesionais xeralmente de diferentes campos: un consultor (orientador, psicopedagogo) e un consultante (profesor, titor, familia)” quenes plantexan unha serie de actividades coa finalidade de axudar/asesorar a unha terceira persoa ou institución (ésta pode ser un alumno, un servizo, unha empresa... ). As metas que persegue este modelo son:

-Aumentar a competencia do consultante nas relacións cos alumnos, familias, etc. Pode ser unha única persoa (alumno/a) ou un grupo de persoas (todo un centro educativo).

-Desenvolver as habilidades do consultante para que sexa capaz de resolver nun futuro un problema similar.


A característica principal deste modelo é a súa natureza triádica na consulta (consultor/a, consultante, cliente). O consultante acude ó consultor para que, entre os dous, poidan axudar ó cliente. Polo tanto, neste modelo de consulta o orientador leva a cabo unha intervención indirecta.

  • Modelo de consulta colaborativa.- Na práctica profesional resulta especialmente aconsellable levar a cabo o que se coñece como consulta colaborativa. Nela, son varios os profesionais que interveñen e establece unha diferenza fundamental con respecto á consulta anteriormente exposta. A diferenza é que neste modelo, o/a orientador/a implícase de xeito directo na intervención, coma un membro máis do equipo educativo. Neste modelo o/a orientador/a convértese no dinamizador/a da acción orientadora de todo o profesorado, facilitando as competencias axeitadas, a implicación e formación necesaria aos distintos axentes educativos. A partir dun plano de igualdade e de vontade de participar nun mesmo proxecto establécese ese “contexto de colaboración”.

3.-Modelos Mixtos de intervención: son a combinación de modelos básicos; cada modelo recibe un nome concreto e ten as súas propias características. Algúns exemplos destes modelos son: o modelo comprensivo de Gysbers; o modelo socio-comunitario; o modelo sistémico; o modelo psicopedagóxico, o modelo ecolóxico...

 

4.- Modelos organizativos:

  • Modelos institucionais.- Son os xestionados dende as propias administracións públicas e serán os encargados de formular as propostas educativas para todo o territorio nacional. Exemplos: Modelo MEC, Modelo das Comunidades Autónomas, Modelos da Unión Europea...
  • Modelos particulares.- Están inmersos dentro do marco dun modelo institucional. A súa inspiración fundaméntase nun modelo teórico, o cal na práctica poñerá énfase nalgún dos modelos básicos de intervención. Exemplos: Centros Educativos Particulares, Equipos Sectoriais, Gabinetes Privados de Orientación...

Unha vez recollidos todos os modelos de orientación dou por rematada esta entrada no blogue. Na próxima entrada realizarei profundizarei nos modelos de asesoramento.

 

Saúdos