Docentes e alumnos do s. XXI

O meu blog seguiu nas últimas entradas un enfoque centrado en distintas metodoloxías educativas así como no E-learning. Neste sentido considero preciso tratar o papel dos docentes e o do alumnado do s. XXI. Aínda que xa o fun introducindo nas entradas anteriores é bo que se especifique o papel destes.

Para empezar coido que un dos aspectos fundamentais é a diferenza de idade e a formación recibida por cada un destes. No tocante a isto Marc Prensky  diferenza a sociedade en nativos e inmigrantes dixitais. As principais diferenzas recóllense no seguinte cadro.

Nativos dixitais

Inmigrantes dixitais

  • Procesamento paralelo: multitarefas.
  • Procesamento e interacción rápidos.
  • Acceso aberto: hipertexto.
  • Multimodalidade.
  • Conexión en línea coa comunidade.
  • Paquetes breves de información.
  • Aprendizaxe con xogo e diversión.
  • Autoaprendizaxe mediante tutoriais interactivos.
  • Procesamento secuencial, monotarefa.
  • Procesamento e interacción lentos.
  • Itinerario único: paso a paso (lineal).
  • Prioridade da lingua escrita
  • Traballo individual, illamento.
  • Textos extensos.
  • Aprendizaxe con traballo serio e pesado.
  • Actualización mediante consulta física
    (libros, revistas, cursos).

FONTE: Nativos e inmigrantes digitales en la escuela

Ademais desta clasificación, cómpre facer referencia á ideada por David White, o cal distingue entre outras dúas tipoloxías de sociedade os visitantes e os residentes dixitais.

Visitante dixital

Residente dixital

  • Concibe a web como una ferramenta de xardín.
  • Define obxectivos e tarefas.
  • Selecciona a ferramenta máis apropiada para cada tarefa.
  • Necesita obter un beneficio concreto de cada plataforma.
  • É relativamente anónimo.
  • Ten moita preocupación co roubo da identidade e a privacidade.
  • Pensa que as redes sociais son varias e unha probable pérdida de tempo.
  • Usará a tecnoloxía para manter as súas relacións.
  • A web ofrécelle un conxunto de ferramentas para ofrecer ou obter ou manipular contidos (incluídas as conversacións).
  • Tende a buscar fontes autorizadas.
  • Pensa offline.
  • Son usuarios, non membros da rede.
  • Non ven o valor de estar online.
  •  Ve a web como un espazo, un lugar, no que encontrarse con amigos e colegas.
  • Vive unha parte da súa vida online.
  • Sentido de pertenza a unha comunidade.
  • Séntense cómodos expresando a súa identidade na rede.
  • A web é un lugar para expresar opinións, para formar e ampliar relacións. Manter e desenvolver unha identidade dixital.
  • A súa personalidade mantense igual dentro e fóra da rede.
  • Ven á web como redes ou grupos de persoas que xeran contidos e opinións.
  • Non hai distinción clara entre os conceptos de persoa e contidos.
  • Pasan máis de 10 horas á semana conectados ás redes sociais.
  • Teñen perfiles en redes sociais.
  • A distinción entre o online e o offline é cada vez máis borrosa.

Fonte: http://luissanchezfenollar.blogspot.com.es/2012/11/nativos-e-inmigrantes-digitales-vs.html

En ambos casos o que tratan de mostrar son as diferenzas presentes entre aqueles que naceron coas tecnoloxías e os que non así como diferenciar os que viven coas tecnoloxías e aqueles que as ven como algo accesorio, un mero instrumento. 

Ter en conta estes aspectos é moi importante para coñecer a situación que viven os docentes e os alumnos neste momento. Para moitos profesores as tecnoloxías só dificultaran o proceso de aprendizaxe e non influirán para nada na mellora do proceso educativo, mentres que, por outro lado, os alumnos viven e traballan diariamente con tecnoloxía, esta presente nas súas vidas dende que naceron.

Un dos puntos mási relevantes que se está a tratar neste momento é a necesidade dunha evolución na educación tradicional que se adapte ao momento que se está a vivir tendo como principal punto de mira as tecnoloxías. Neste sentido nas anteriores entradas do blog fun introducindo algunhas metodoloxías así como formas de formación online, que se perfilan como a educación do futuro.

Para poder entender mellor a situación que se está a vivir cos docentes neste momento, así como a necesidade de transformación e cambio, coido que é preciso ver a seguinte presentación na cal se sinalan algúns puntos claves sobre este feito.


Atendendo a isto e recordando algúns dos punts tratados noutras entradas consideramos ao alumno como o centro do proceso formativo, exercendo un papel principal, feito que contrasta co papel xerado polos docentes na escola tradicional. Neste senso o docente debe ser un guía, un facilitador da aprendizaxe a cabeza visible á que recurrir ante dúbidas, mais non debe ser a única. Ante isto é vital dar unha formación ao profesorado así como ao alumnado para levar a cabo unha tarefa conxunta o máis óptima posible.
Con todo e volvendo as diferencias na sociedade, o profesorado podemos decir que se enmarca nun modelo de inmigrante dixital así como visitante, tendo en moitos casos temor ante o reto que implica realizar cambios nas metodoloxías imperantes ata o momento. E por isto que debemos centrar gran parte do noso esforzo na formación docente ademais e como se recolle nunha frase da anterior presentación "Quen se atreve a enseñar nunca debe deixar de aprender" (John Cotton Dana) xustificando claramente a importancia da formación ao longo da vida e da actualización necesaria. Tendo en conta, sobre todo que nos atopamos nun eido vital na evolución das persoas sendo a escola e os docentes un dos eixes fundamentais da formación e do aprendizaxe das persoas.
Tendo presente este feito, considero moi importante resaltar aqueles puntos claves que contribuirán a un cambio na educación actual. Para isto e seguindo a Ferran Ruíz Tarragó, destaco 4 transformacións principais:
 
  1. Transformación no deseño, arquitectura e equipamento dos centros educativos. Posto que desenvovler a formación nun espazo óptimo é vital para unha mellor motivación, ademáis da necesidade de posuír o equipamento necesario para poder desenvolver calquera actividade.
  2. Transformación do curriculum. Neste senso, o punto principal é ver ao alumno como o centro do proceso de aprendizaxe e por tanto adaptar os contidos as súas necesidades e intereses.
  3. Transformación da estrutura organizativa. No tocante a isto é vital potenciar unha formación e traballo en rede, dalgún xeito, seguindo un modelo como o que traballamos na presente materia. No cal os nosos compañeiros formen parte das nosas fontes de información así como, nos axuden a partir dos seus comentarios a profundizar en distintos temas ou dende outras perspectivas.
  4. Transformación dos roles do alumno e do profesorado.
Este último punto é unha clara premisa do que vimos comentando ao longo deste análise, co cal no caso dos profesores, podemos dicir que a clave estaría nunha formación especializada acorde a estos modelos que fomentan novas metodoloxías educativas. mentres que no caso do alumnado e seguindo de novo a Ruíz Tarragó é preciso xerar 3 competencias básicas as chamadas 3X (fonte:http://www.slideshare.net/zombraweb/nuevo-papel-docente-fernando-gomez):
 
  • EXPLORATION:descubrir por ti mesmo información e ideas
  • EXPRESSION:utilizar os medios tecnolóxicos para expresarte e comunicarte con outras persoas
  • EXCHANGE: intercambiar, compartir ideas e traballo cos demais

Ter en conta estes puntos é vital para que o alumno sexa o eixe principal do proceso de aprendizaxe, potenciando a creación e asimilación do seu propio PLE, tarefa moi importante para entender mellor do que estamos a falar, así como de potenciar os novos métodos educativos.

Neste sentido, o que pretendo destacar é a importancia que ten ter en conta o papel que deben desenvolver tanto docentes como alumnos na educación, pero sempre coñecendo de onde veñen cada un deles e como é a súa formación de aí a importancia das diferencias da soiedade expresadas o comezo. Posto que aínda que pode ser que caese nalgún momento na xeneralización de todos os docentes, cómpre dicir que son moitos os que están introducindo melloras na formación que dan. Con todo aínda queda moito por facer e nos, dende o noso papel como pedagogos, temos a clave para dar a coñecer novas metodoloxías e teorías, así como exemplificar procesos nos que se asuma esta necesidade. Por outro lado, somos os encargados de elaborar recursos educativos co cal somos os primeiros en ter que mostrarnos ao día nesta sociedade da información que nos toca vivir.

Ademais e como xa dixen antes "Quen se atreve a ensinar nunca debe deixar de aprender" (John Cotton Dana), eliximos unha especialización que require formación ao longo de toda a vida, non só no eido das tecnoloxías co cal máis aínda podemos substentar a necesidade de adaptarnos aos tempos que corren en todo momento, posto que o noso deber é poder dar resposta as distintas necesidades que se nos poidan presentar. Por iso destaco a importancia da formación continua, pilar no noso eido e clave para lograr as melloras necesarias na educación actual.

Aínda así os docentes non son o único protagonista nesta transformación, aínda que o seu papel é moi importante, non debemos esquencer que un eixe fundamental é o alumnado, motor sen dúbida de calquera cambio que se queira levar a cabo na escola.

 

Webgrafía

http://luissanchezfenollar.blogspot.com.es/2012/11/nativos-e-inmigrantes-digitales-vs.html (Recuperado o día 26 de maio de 2013)

http://www.slideshare.net/zombraweb/nuevo-papel-docente-fernando-gomez (Recuperado o día 26 de maio de 2013)

http://www.slideshare.net/ElviraEstevez/el-nuevo-rol-docente-12969484 (Recuperado o día 26 de maio de 2013)

http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n9-ayala-gilmar.pdf (Recuperado o día 26 de maio de 2013)