• Blogs
  • silvia
  • Experiencia TIC: "Eloxio da dependencia, un ceo protector"

Experiencia TIC: "Eloxio da dependencia, un ceo protector"

Nesta entrada do blog vou explicar en que consiste a experiencia TIC “Eloxio da dependencia, un ceo protector”, levada a cabo nun CEIP de Galicia.

Para a realización desta actividade utilicei o libroo que nos recomendara a docente da materia: "O valor do envoltorio", un estudo realizado polo grupo Stellae da USC sobre a influencias das TICs nos centros educativos de Galicia entre o ano 2001 e 2004. Concretamente, escollín unha experiencia levada a cabo no CEIP da provincia de Pontevedra. A continuación, explico en que consite esta experiencia. 

Autor da experiencia: esta experiencia foi proposta polo director do centro, xa que é este o que amosa a súa preocupación por ir introducindo progresivamente as novas tecnoloxías no colexio, informando aos seus compañeiros sobre como utilizar as novas tecnoloxías nas súas clases.

Caracterización do centro: a experiencia desenvolveuse nun centro público de Educación Infantil e Primaria (CEIP), situado nunha zona rural da provincia de Pontevedra e próximo á cidade. É un centro educativo con sete unidades, unha de educación infantil e seis de educación primaria e conta con doce profesores, a maioría mulleres.

O alumnado ten un orixe social de traballadores de clase media-baixa, non problemático. A poboación do contorno adícase principalmente ao mar, ao sector servizos, ao traballo nunha fábrica de conservas e ao campo.

Descrición da experiencia TIC: o centro desenvolve diversas actividades en relación co emprego das TICs: revista escolar, a páxina web do centro, organización de cursos de formación para o profesorado así como o manexo do programa Clic.  

Debido a que a maioría dos docentes utilizan este programa nas súas aulas, é importante indicar en qué consiste o mesmo.

O programa Clic permite que os alumnos poidan realizar actividades de diversas áreas curriculares co obxectivo de repasar os contidos teóricos vistos na aula. Sen embargo, este programa propón actividades similares as dos libros de texto tradicionais, co cal non se trata dunha innovación, senón máis ben en empregar a tecnoloxía co mesmo fin que se utiliza o libro de texto, isto é, para fomentar nos alumnos a aprendizaxe memorística e repetitiva, máis non a reflexión crítica por parte dos mesmos.

Sen embargo, a pesar deste inconveniente, o centro considera necesario introducir paulatinamente as novas tecnoloxías no centro educativo, para que deste xeito, poida ser considerado un “centro avanzado e moderno”.

Enfoque da TE que sustenta esta experiencia: como indicaba anteriormente, os docentes empregan o programa Clic como apoio nas súas clases. Sen embargo, este programa utiliza os plantexamento do condutismo, é dicir, a aprendizaxe memorística por parte dos alumnos a través de actividades que fomentan a repetición constante dun mesmo  contido.   

Un exemplo disto, vese reflexado na seguinte imaxe, posto que unha actividade do programaClic sería a seguinte:

  Actividades libros texto = actividades interactivas plataforma Clic

Sen embargo, esta actividade non é tan diferente das que podemos ver nos libros de texto tradicionais, xa que o habitual nun libro de texto é que nos apareza a mesma imaxe e teñamos que indicar na mesma o nome que corresponde a cada parte da árbore.

Polo tanto, considero que esta experiencia amosa un principal inconveniente, xa que os estudantes a través deste programa non desenvolven a súa capacidade crítica ante determinados temas, nin teñen un coñecemento pormenorizado sobre todos os usos que ofrecen actualmente as novas tecnoloxías.

Valoración persoal da experiencia: Considero que é necesario introducir este tipo de experiencias nos centros educativos, xa que a pesar de que o programa Clic non é unha gran innovación, si que é un primeiro paso para introducir progresivamente as novas tecnoloxías nas aulas deste centro educativo. Ademais, algo que é realmente importante, é ver como os seus docentes se implican coa utilización das novas tecnoloxías, participando nos cursos propostos polo director do propio centro, e que teñen como finalidade ensinar aos profesores como manexar determinados programas informáticos así como axudalos a solucionar calquera problema que se poida presentar co uso do ordenador.

Si ben é certo que aínda queda moito por facer, que é preciso ir pouco a pouco para conseguir un bo uso das TICs nos centros de ensino, formando alumnos que sexan capaces de distinguir información veraz de aquela que non o é, así como poder realizar un xuízo crítico sobre a información a encontrada, posicionándose dende unha postura ou outra, e non limitándose a coller información e plasmala nun word, xa que isto non tería moito sentido, xa que seguiríamos mantendo o mesmo sistema de ensino que ata agora, pero en vez de presentar un traballo no que teríamos como fontes os libros de texto, teríamos páxinas web, pero sería o mesmo copia e pega en ambos sentidos.

Indicar tamén que os problemas que había neste centro en relación coas tecnoloxías, eran semellantes aos que eu me encontrei durante a miña etapa tanto en primaria como en secundaria, xa que íamos en materiais concretas á aula de informática para traballar contidos similiares aos do CD clic que amosa esta experiencia, pero pouco máis uso facíamos dos ordenadores. 

Considero que o problema era precisamente a formación do profesorado, xa que no meu centro de ensino secundario, o profesor que tiña coñecementos da informática era o profesor de matemáticas, e os demais docentes acudían a este cando tiñan algún problema coas TICs. Tamén había outros docentes, concretamente da área de tecnoloxía, que complementaban a labor do profesor de matemáticas. 

Sen embargo, poucos eran os docentes que decidían utilizar as tecnoloxías na aula, xa que consideran que o uso das mesmas tería mais aspectos negativos que positivos sobre o aprendizaxe, xa que cun ordenador diante tiñamos máis posibilidades de distraernos (non nos distraemos igual sen tecnoloxía?, entón, porque non probar algo diferente?)

Finalmente, despois de analizar dúas experiencias TIC procedentes de fontes diferentes (libro convencional e rede) encontrei as seguintes diferenzas:

  1. Na experiencia atopada na rede non se facía referencia aos datos do centro no que se levou a cabo a mesma, xa que se indicaba o nome do centro, máis non datos relativos a se era un centro de titularidade pública ou privada, nin ao número de profesores que tiña o centro.
  2. Na experiencia da rede tampouco aparecía o papel que desenvolvían as TICs no centro, xa que poderíase deducir que os docentes de linguas extranxeiras consideran que as TICs son imprencindibles nas súas clases, pero non sabemos que opinan os demais docentes ao respecto.

Polo tanto, considero que existen diferenzas entre a información que aparecen nos libros e a información que aparece na rede, xa que neste último caso, a veces aparece incompleta e omítense datos que son realmente imprescindibles. 

Bibliografía: 

Montero, L. et al. (2007). O valor do envoltorio: Un estudo da influencia das TIC nos centros educativos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

-https://www.google.es/imghp?hl=es&tab=ii (Consultada o 26/05/2013)