O Conectivismo e as súas implicacións educativas

Fai anos a aprendizaxe era lenta, hoxe en día o coñecemento xérase moi rápidamente, medíndose incluso en meses ou anos. Entra aquí o feito de cando a aprendizaxe se volve obsoleta, esta ten que ir avanzando en base as necesidades que se xeran na sociedade e nas persoas en particular, e dado que estamos a vivir nunha sociedade fortemente tecnolóxica,isto considero que provoca cambios constantes e continuos nas formas de aprender; así como tamén nos propios contidos desa aprendizaxe, tal e como xa tratei en anteriores blogs. Isto provoca que a aprendizaxe medre, e ademais que esta teña lugar en diferentes contextos e xa non só na escola, se non tamén a través doutros ámbitos como por exemplo o grupo de amigos ou a través das redes sociais. Neste sentido, a tecnoloxía estanos a proporcionar ferramentas que nos permiten construír e desenvolver o noso propio proceso de aprendizaxe, polo que baixo a miña opinión ésta actúa como unha especie de moldeador e incentivador do noso pensamento.

Pero, a hora de definir a aprendizaxe, creo que cada un de nós deberíamos de facernos unha serie de preguntas: todo o coñecemento que posuímos está presente dende o momento en que nacemos?, ou, vámolo adquirindo prograsivamente ao longo da nosa vida? este e froito das vivencias de cada quen ou pola contra e resultado dun proceso de reflexión e razoamento persoal? 

En base a resposta que deamos a estas preguntas, atopámonos coas tres teorías fundamentais da aprendizaxe:conectivismo, conductismo,constructivismo e cognitivismo.

Gustaríame centrarme na primeira delas, posto que foi a teoría que analizamos máis en profundidade nas clases da materia, e ademais a teoría que en principio, predomina na actualidade.

Na súa teoría do conectivismo,George Siemens, fai especial fincapé na importancia que ten no proceso de aprendizaxe a creatividade dos individuos,a innovación permanente e o compartir e  intercambiar información coas demais persoas do entorno.

Proba disto, e a iniciativa,que estamos a desenvolver nesta materia a través da creación de blogs personalizados onde manifestamos as nosas opinións, percepcións e análises; que van a poder ser lidos e reinterpretados polos demais compañeiros. A través disto,estamos a cumplir outro dos supostos desta teoría do conectivismo que consiste na existencia de nodos ou redes de comunicación e de intercambio entre diferentes persoas.

Este presupostos, rachan co pensamento predominante no pasado,e que se poderían equiparar co modelo educativo tradicional, onde a metodoloxía de ensino-aprendizaxe se sustentaba no principio de repetición de conceptos, e polo tanto memorización de información por parte dos alumnos, onde estimo que estes non tiñan en absoluto ningún tipo de autonomía na aprendizaxe, e onde o proceso era totalmente individualizado,polo que a aprendizaxe adquirida considero que non resulta tan beneficiosa, como a que se nos posibilita hoxe en día,entre outras cousas, grazas as Novas Tecnoloxías. Este tipo de accións educativas preponderantes no pasado, podémolas equiparar coa teoría do conductismo.

Siemens aboga porque a aprendizaxe esté presente non só nas institución educativas propiamente ditas, se non que esta se extenda a tódolos ámbitos da vida humana; estando desta forma os seres humanos desenvolvendo e aplicando constantemente aprendizaxes, creando, recreando e innovando permanentemente, para dar satisfacción as necesidades tanto individuais como sociais que se xeran case que minuto a minuto. Esa aprendizaxe será pois froito da experiencia persoal, así coma das relacións e interaccións mutuas que se dan entre os diferentes suxeitos.

A este respecto considero que, na actualidade, tódalas persoas debemos de estar permanentemente "alerta", xa que dado que constantemente se dan cambios na comunidade,debemos de tratar de xerar coñecemento novo para dar satisfacción a esas necesidades, e ter sempre presente,que o que hoxe é valido, ao mellor mañan xa non o é. Neste sentido, penso que o coñecemento non debe de estancarse,e debe non só de crecer en canto a cantidade (como moitos pensan), se non que debe de producir algún tipo de innovación real e non simplemente unha mera introducción de conceptos que non produzan ningún tipo de cambio, modificación, ou beneficio individual ou social.

Ademais considero que esta teoría e moi acertada,xa que estimo que para que se poida dar unha aprendizaxe contínua, e necesario que se establezan relacións entre tódalas persoas, pois do contrario so permitiría a cada quen reproducir o seu propio pensamento sen posibilidade de chegar a ningún punto común, e en consecuencia a ningún tipo de avance.

Por outro lado,no que se refire ao ámbito propiamente educativo, penso que a teoría da conectividade, permite romper co aillamento e pasividade que os alumnos mantiñan no pasado, ofrecéndolles a posibilidade de mostrarse tal e como son, coas súas diferenzas e peculiaridades, tratando xa non de crear un tipo ideal de alumno, e en conseguinte tendendo a uniformización da escola e dos alumnos;se non que a través desta teoría de Siemens, cada alumno vai a poder desenvolver a súa propia imaxinación, dando marxe para a creatividade e a aportación de ideas novas e persoais.

Os alumnos poderán; buscar, indagar, comparar, reflexionar e decidir por sí mesmos, xa que agora ninguén o fará en nome deles. Desta forma, cada un deles interpretará a realidade dun determinado xeito,e a través das redes que se xeran entre tódolos individuos,poderán compartir as súas ideas e pensamentos cos demais; polo que desta maneira se xera, tanto a creación do coñecemento propio, como a contribución a creación do coñecemento por parte dos demais individuos; fenómeno que persoalmente comecei a experimentar por vez primeira,grazas a esta materia de Tecnoloxía Educativa, e que resulta sen ningunha dúbida moi enriquecedor.

Aquí vos deixo un esquema bastante básico, relativo o conectivismo:

image 

 

Webgrafía:

http://es.scribd.com/doc/201419/Conectivismo-una-teoria-del-aprendizaje-para-la-era-digital

http://uoctic-grupo6.wikispaces.com/Conectivismo

http://es.slideshare.net/41693819/la-teoria-del-conectivismo-y-la-educacin