Moocs educativos?

As siglas de Mooc, fan referencia a Massive Online Open Course (curso aberto masivo en rede). Pareceme interesante abordar esta temática, pola súa estreita relación co anterior blog publicado por min, xa que este sistema cumpre cos presupostos da teoría conectivista.

En primeiro lugar, adxunto o seguinte video, no que se recollen as principais características dos Moocs, explicadas brevemente:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=_vNWI2Ta0Kk

En principio tal e como se puido ver no vídeo anterior,o Moocs basease nos principios de apertura, participación, onde as persoas interesadas nun determinado tema poden compartir as súas experiencias, valoracións e comentarios que consideren oportunos ao respecto del. Pero, ademais dos participantes,dito curso conta con unha serie de persoas facilitadoras da aprendizaxe dos alumnos inscritos no curso, así coma unha serie de materiais. Desta maneira, o Mooc, vai a permitir o compartir, intercambiar información e ideas entre os seus participantes, motivando a construcción de coñecemento propio, tal e como mencionei en anteriores blogs ao facer referencia ao conectivismo de George Siemens.

Pero eu fágome unha serie de preguntas: en que medida son realmente participativos estes cursos?, axudan verdadeiramente a construcción da aprendizaxe propia?, favorécese a colaboración entre os distintos participantes?,como se sintes os alumnos?, como se sinten os titores ou facilitadores do proceso?,pode un Mooc ser considerada como unha ferramenta innovadora en sí mesma?, pódese equiparar a formación adquirida a través deste proceso coa formación adquirida a partir das iniciativas educativas de carácter presencial?, e en definitiva,constitúen os Moocs elementos educativos?.

Persoalmente estimo que o carácter innovador ou non do Mooc vai a depender fundamentalmente dos principios nos que se fundamente o seu deseño, así como do uso que del, fagan os seus implicados, tanto os facilitadores como o conxunto de persoas inscritas no mesmo.

Así pois considero que,moitas veces, como xa comentei tamén con anterioridade, se tende a confundir o termo innovación co de cambio; polo que certas persoas entenden que polo simple feito de traballar dun xeito diferente ao tradicional través do visionado de vídeos ou da participación en foros;isto xa supón unha innovación. Para min, isto non o é. Agora ben, se ese proceso se acompaña debidamente dunha análise e reflexión en profundidade de estes contidos, e a continuación se xera un coñecemento novo e persoal sobre eles, eso sí constituiría un elemento innovador, baixo o meu punto de vista.

Non obstante, a miña opinión xeral a este respecto, e que a meirande parte dos Moocs que existentes, aínda non se logrou dita innovación, xa que se continúan vendo e moitos casos,, os comentarios nos foros e as aportacións como un simple trámite burocrático, que os participantes se obrigan a cumprir a sí mesmos, para a obtención duns determinados obxectivos persoais; que a maioría das veces consisten na obtención dun título, e que no mellor dos casos se refiren o interese por adquirir habilidades e coñecementos novos.

Neste senso, creo que aínda non existe unha conciencia social ao respecto da importancia que ten a aprendizaxe compartida a través das interrelacións entre os individuos;continuamos creo eu, nunha sociedade e nun sistema educativo onde se prima o proceso de ensino-aprendizaxe individualizado,no sentido en que aínda que se realicen actividades en grupo, ou se abran espazos de debate onde se poidan compartir experiencias e coñecementos; continúa existindo un trasfondo de ensalzar ante os demais os meus coñecementos e facer ver que son mellores ou "maiores" os dos demais. Creo pois, que vivimos a cabalo entre o conectivismo e o arcaico conductismo, pois a competitividade e a realización das actividades de forma mecánica, seguen a estar presentes.

Por todo isto, creo que para lograr que os Moocs,se convirtan realmente nunha nova forma de entender a educación; será precisa primeiramente unha formación pedagóxica a nivel social, que permita concienciar a todos das vantaxes que ten a construcción de coñecemento de forma conxunta,que saque o veo os alumnos para que deixen de centrarse exclusivamente no seu e teñan en conta as opinións,valoracións e interpretacións dos demais;e que tamén sexa capaz de romper cos prexuízos e medos de certos profesores a participar destas iniciativas; ante a incertidume para moitos de non saber de que maneira, para que fin e por quenes serán empregados os seus materiais e ideas que depositen na rede.

En definitiva o que trato de dicir e que se conciencie para que se deixe de ver e de empregar a rede como un simple repositorio de contidos e esta pase a ser entendida como unha estructura posibilitadora da aprendizaxe conxunta; para que nun futuro, a formación adquirida a través dela, poida gozar do mesmo prestixio social que ten a formación adquirida a través das institucións educativas. Pero, a este respecto, a pesar do que outros moitos opinan,penso que esta última non deberá de ser substituída en ningún caso pola educación presencial, se non que ámbalas dúas deben de complementarse entre sí. Que opinades vós?.

Webgrafía:

Vizoso C. (2013). ¿Serán los coma (Mooc), el futuro del e-learning y el punto de inflexión del sistema educativo actual?. Recuperado o 26 de maio de 2013, de http://www.revistaintenciones.com/enero2013/pdf/marco-de-reflexion-enero13.pdf

http://conecta13.com/2013/02/moocs-un-territorio-de-amenazas-y-oportunidades/