¿¿REALMENTE SON UN NATIVO DIXITAL??

Atopábame na miña casa tranquilamente cando comecei a reflexionar acerca deste termo. Recordo que foi nun dos primeiros días de clase de Tecnoloxía Educativa cando coñecín o termo de “Nativo Dixital”, este foi inventado por Marc Prensky, publicando un libro sobre este tema no ano 2001. Entendemos por este termo "o conxunto de suxeitos que naceron en contacto coas novas tecnoloxías". Tras realizar diversas búsquedas na rede, podo dicir que a maioría dos autores coinciden que este termo, nativo dixital, soe darse a partires dos anos 80, polo que eu mesmo (son do ano 92) poderíame considerar como un nativo dixital mais.

E neste punto, onde residen as miñas dúbidas, polo que pondrei de manifesto un pouco o que foi a miña historia para, así, ver se este termo realmente se corresponde coa miña persoa.

En primeiro lugar e como dato representativo debo dicir que eu residín dende o meu nacemento nunha pequena aldea de Ourense. Digo isto debido a numerosas cuestións. Admito que dende o meu nacemento estiven en contacto coas novas tecnoloxías como podían ser xogos interactivos, aparellos musicais (radio, minicadena…) pero se afondamos un pouco mais nesta cuestión, igual a miña consideración como “nativo dixital” non é xusta ou, al menos, deficiente. Digo isto debido a diversas cuestións que citarei a continuación.

  • Recordo o meu primeiro contacto con un ordenador. Non era xa un meniño, senón que tiña ao redor de 12 anos. Esta tardanza débese principalmente a inutilidade destas novas tecnoloxías na miña zona, xa que a contratación dunha línea de internet era case impensable ata fai ben pouco, polo que case ninguén compraba un destes aparellos, xa que a súa utilidade víase reducida en gran medida.
  • Lembro a chegada do primeiro móbil a miña casa. Ao igual que o ordenador, esta nova tecnoloxía tardou en chegar ao meu pobo (12 anos tendría) debido a escasa ou inexistente cobertura da que precisábamos con instalacións precarias e moi reducidas.
  • Por outra banda, tamén me lembro das numerosas videoconsolas das que dispuxen, pero de novo na miña adolescencia ou xuventude.

Estos son algúns dos exemplos que mais recordo en canto a miña experiencia coas novas tecnoloxías. Como se pode ver existe un contacto permanente con estas durante a miña vida pero a partires dunha idade xa avanzada, debido primordialmente a miña situación xeográfica e as súas deficiencias. Por todas estas razóns, non creo que o termo de “nativo dixital” concorde conmigo na súa totalidade senón que mais ben, eu considérome como un intemediario, é dicir, o “eslabón” que se atopa entre o inmigrante e o nativo dixital (un termo medio).

¿A vos que vos parece?

Comentarios

  • Martín Fernández Pérez

    É moi interesante esto que comentas. A poboación galega tivo que lidiar ( e ten ) sempre coa súa particular orografía á hora de poder ter acceso á rede. Pode que o termo "intermedio dixital" que utilices sexa unha boa definición para clasificarte neste eido.
    Sen embargo, penso que a natividade dixital non só se reduce ao móbil e internet senón a outros aparellos que tamén mencionas como a televisión, o radio ou a videoconsola que seguro que xa tiñas XDD
    Boa reflexión meu. Ala, apertas!!