PLE

Nas últimas sesións expositivas fixemos referencia a un novo concepto denominado PLE, isto é, o noso entorno persoal de aprendizaxe, entorno que todas as persoas temos, aínda que non sexamos conscientes da súa existencia.

O obxectivo desta entrada é coñecer mellor  o que significa o concepto indicado anteriormente, incorporando imaxes que representen graficamente como está constituído o meu PLE. 

Para explicar en que consiste o PLE, utilicei a páxina web de canalclic.com: http://canaltic.com/blog/?p=1135. Así pois, para estruturar a miña entrada fíxeno en función dos aspectos mencionados en dita páxina web. 

O PLE (entorno persoal de aprendizaxe) fai referencia a unha forma de aprender na rede. Trátase dun proxecto formativo centrado na aprendizaxe informal e baseado na concepción conectivista da aprendizaxe. Xorde pola necesidade do individuo de estar permanentemente actualizado, sendo o propio suxeito o que fixa os seus obxectivos e elixe contidos, ferramentas, fontes, etc. Dita elección esixe certa madurez así como un certo desenvolvemento no uso dos medios tecnolóxicos. É unha forma ideal para o desenvolvemento persoal e profesional empregando todos os recursos dispoñibles en internet e potenciando o coñecemento global e a o aprendizaxe social.

En canto aos elementos do PLE, é preciso facer referencia a seis tarefas básicas que se desenvolven no mesmo:

  1. Buscar e filtrar a información de interese.
  2. Organizar os contidos.
  3. Comunicarse cos demais.
  4. Crear novos contidos.
  5. Publicalos para compartilos coa comunidade.
  6. Colaborar con outros en tarefas de produción colectiva.

A continuación adxunto unha imaxe sobre o meu PLE, na cal fago referencia a estas tarefas indicando que ferramentas e fontes de información utilizo habitualmente á hora de desenvolver as mesmas.  

Tarefas PLE.png

A imaxe recolle as ferramentas habituais que emprego no meu día a día, así como as fontes de información que consulto constantemente.

Indicar que as persoas coas que comparto continuamente información, como son os amigos, familia e profesores constitúen a base do meu PLE.

Unha vez indicadas estas tarefas, é preciso facer referencia aos elementos que compoñen o PLE:

-          Ferramentas ou aplicacións. Son programas instalados no equipo ou nos servizos en liña. Estas aplicacións pódense clasificar en función da tarefa para a que se utilizan: buscar, organizar, comunicar, crear, publicar e elaborar.

-          Fontes de información. Refírese aos sitios web que se consultan.

-          Rede persoal de aprendizaxe (PLN= Persoal Learning Network). Colectivo de persoas coas que mantemos contactos e coas cales compartimos os contidos creados.

A continuación adxunto un esquema dos elementos que compoñen o meu PLE:

Elementos do meu PLE1.png 

Por último, é importante indicar que o meu PLE foi evolucionando ao longo dos anos, xa que ao principio as fontes de información que utilizaba reducíanse aos libros tradicionais de texto, mentres que actualmente, podo acceder a diversas fontes de información con só un clic.

O meu PLE tamén variou no tocante á miña forma de ocio, posto que cando era pequena para escoitar música empregaba o walkman e posteriormente o discman, mentres que agora dispoñemos dunha gran variedade de programas na rede que nos permiten non só escoitar música senón tamén ver series e vídeos.

Sen embargo, considero que o fundamental do meu PLE son as persoas que conforman a miña Rede Persoal de Aprendizaxe, os meus amigos, familia, compañeiros de clase, profesores, xa que é con eles con que podo ir construíndo e modificando o meu PLE en función dos meus obxectivos e prioridades.

Bibliografía:

http://canaltic.com/blog/?p=1135 (Consultada o 27/05/2013) 

http://digitum.um.es/jspui/bitstream/10201/17247/1/Adell%26Casta%C3%B1eda_2010.pdf (Consultada o 27/05/2013)