E-Portafolio

Toda materia ten un principio e un final, e esta non ía ser menos. Nesta entrada, que se perfila como a última desta etapa, presento como eixe central o E-Portafolio, modelo avaliativo da presente materia así como reflexo do meu proceso de aprendizaxe.

Para comezar é vital definir que é un E- Portafolio, neste senso, son moitas as definicións que atopamos ante este termo, motivadas en gran parte polos tipos de E-Portafolios existentes. Con todo, podemos dicir que en educación enténdemos que un E-Portafolio é a colección de evidencias creadas e xestionadas por un usuario e que reflexan as reflexións e o aprendizaxe deste. 

No momento que estamos a vivir é moi importante ter en conta o papel que teñen as tecnoloxías nas nosas vidas. Nas miñas últimas entradas introducin distintas metodoloxías que situaban ao alumno no centro do proceso de aprendizaxe, tendo en conta isto, podemos entender que a presencia de dinámicas que teñan en conta a metodoloxía do E-Portafolio, estamos dando resposta as necesidades que ten a educación tradicional.

Este mecanismo, introduce unha avaliación auténtica do proceso de aprendizaxe- ensinanza, permitindo ao alumnos recopilar todos aqueles aprendizaxes que foi adquirindo ao longo do proceso fromativo, así mesmo serve como instrumento de autoavaliación do estudante. Posto que permite ver o papel que desempeñabas ao comezo e ao final do proceso.

Antes de analizar a miña situación ante esta metodoloxía de formación, coido preciso recoller as ideas expresadas por Raquel Barragán, centradas nos puntos claves a avaliar nun E-Portafolio:

  1. Avaliar tanto proceso como o produto.
  2. Motivar ao alumnado a reflexionar sobre o seu aprendizaxe, participando no proceso de avaliación.
  3. Desenvovler destrezas de colaboración entre o alumnado.
  4. Promover a capacidade de resolución de problemas.
  5. Estrutura das tarefas de aprendizaxe.
  6. Dar aos profesores información para axustar os contidos do curso ás necesidades dos estudiantes.

En definitiva, o que formulan este seis puntos, son as liñas bases que se van seguir na avaliación desta materia, ademáis, considero pertinente destacar un punto que non se recolle anteriormente como é a avaliación continua a cal supón un eixe central na avaliación do proceso do alumno e no meu caso concreto, implicou nesta materia un cambio total da dinámica que seguía. 

Aínda que a caontinuación rescatarei algunha idea expresada no punto anterior, cómpre antes de nada destacar os distintos tipos de E-Portafolio que pon de manifesto Jones, no 2008, os cales recuperei dun artigo da revista EDUTEC:

  1. E-Portafolio de avaliación
  2. E-Portafolio de aprendizaxe
  3. E-Portafolio de "Demostravións das mellores prácticas"
  4. E-Portafolio de Transición

Estes tipos non deben terse en conta de maneira separada senón que como ben día Helen Barret (2010), é necesario un equilibrio en estes para que un E-Portafolios sexa óptimo. Atendendo a isto, resume na seguinte imaxe esta idea.

 

E-Portafolio

 

O que pretende por tanto é destacar a importancia de cada un dos disitntos tipos de E-Portafolios posto que en definitiva se se empregan na educación o que buscan e expresar todos os tipos nun só.

Tendo en conta isto coido que debo centrarme no papel que tivo para min o E-Portafolios na materia  Tecnoloxía Educativa e no meu aprendizaxe.

Empecei a materia con certo temor, non sabía moi ben como se ía desenvolver e aínda por riba non son unha experta nas novas tecnoloxías. O primeiro día coido que foi moi caótico, ter que facer un E-Portafolios co que se nos vai avaliar, e sen saber como facelo ou por onde empezar supuxo para min unha sensación de negativismo, de non poder chegar a realizalo que sen dúbida tiven presente por uns cantos días.

Comezaron as sesións expositivas e con elas tiven que enfrontarme a miña primeira incursión nesta rede social, a cal me serviría como soporte para crear o meu E-Portafolio. Debido a que non sabía moi ben porque comenzar, decidín realizar un pequeno glosario de termos, algo que me servise para ir adentrándome na presente materia. 

Foi a partir desta primeira toma de contacto cando fun perdendo os meus medos, comecei a participar nos blogs dos meus compañeiros e a realizar as tarefas que se propoñían na clase. Pouco a pouco funme dando conta da importancia que tiña afondar en distintos temas así como de expresar o que ti pensabas ao respecto. Con todo se hai un punto de inflexión no meu proceso de aprendizaxe foi a avaliación.

Cando recibín o correo coa avaliación, aínda que o contido era bo, non me sentín nada ben. Parecíame que o estaba a facer realmente mal, ou polo menos de maneira moi distinta ao que se pedía. A verdade é que en moitos casos non recollín todos os termos tratados nas sesións expositivas e interactivas, en certa forma por que creía que non tiñan porque estar presentes no meu Portafolios. Mais ter esta avaliación fíxome abrir os ollos e foi entonces cando me percatei da importancia que tiña mostrar os contidos que fomos tratando na materia posto que estes eran a base do meu aprendizaxe "Oficial" ou dito doutra maneira, eran o reflexo de que acudía as clases e que coñecía e podía desencolver un análise sobre os mesmos. Con todo, non só me debía centrar en mostrar máis contidos deste tipo, senón que podía incluír artigos e documentos que fosen do meu interese persoal. Posto que todos no seu conxunto formaban o meu aprendizaxe.

Con isto quero destacar por tanto a importancia que tivo para min a avaliación, posto que de non ser por esta quizás o meu E-Portafolios a día de hoxe non sería como é agora.

Centrandome xa no meu aprendizaxe en sí coido que ter en conta unha metodoloxía deste tipo nunha materia como esta é clave para entender a importancia da Tecnoloxía Educativa. Comecei sen saber moi ben a que me estaba a referir con este termo,e moito menos a que papel podía xogar un pedagogo nun eido como este. 

Nuha das miñas últimas entradas recollía uha idea de John Cotton Dana que di que "Quen se atreve a ensinar nunca debe deixar de aprender". Aínda que non somos docente como tal o noso papel no eido da educación é vital. facendo referencia a todos os campos de traballo que temos o noso papel ocupa unha parte moi importante da programación e da creación de programas e proxectos educativos que atendan as necesidades dos distintos colectivos. Neste sentido é doado entender a importancia que ten a inclusión das tecnoloxías posto que a día de hoxe e como xa todos sabemos ocupan gran parte das nosas vidas. Debido a isto coido que a frase que citei anteriormente reflexa o papel que tiñamos nos con esta materia posto que dalgún xeito xa viñamos cuns contidos encanto a manexo de aparellos electrónicos máis non tiñamos a información suficiente de como empregalos en materia educativa, non éramos consciente da importancia de formarnos nisto, porque dalgún xeito, ou polo menos no meu caso descoñecía o que isto significaba.

Por tanto, coido que un aspecto fundamental no papel dos pedagogos e facer ver aos docentes, ás distintas empresas ou mostrar nos distintos programas formativos, a importancia de incluír actividades e aprendizaxes que teñan presentes o emprego das tecnoloxías posto que son vitais na nosa sociedade.

Tendo en conta todo o anterior non debo esquencerme do papel do alumno, do meu papel. Ata o momento en ningunha materia se me dera a liberdade de escoller de seleccionar os puntos que me aprecían importantes de asumilos como meus e traballar sobre eles. Nunha Titulación como a nosa coido que ese é un erro que se debe subsanar, posto que polo que puiden observar, tanto no meu caso, como creo no dos meus compañeiros, poder guíar o noso aprendizaxe así como os contidos a traballar foi moito máis satisfactorio á vez que o asimilamos moito mellor. Deste xeito, dar a liberdade a traballar de forma autónoma desenvovlendo o que ti entendes como máis importante é sen dúbida unha moi boa forma de introducirnos no que será o noso futuro, posto que, unha vez rematada a titulación, debemos seguir formándonos. A nosa formación non remata cun título e non debe resumirse a simples cursos formativos, senón que debe exténderse a calquera lectura que realicemos ou a calquera análise, por iso introducirnos nuha dinámica de aprendizaxe autónomo da cal seremos avaliados, contribuirá en gran medida a nosa formación. Por tanto, atópome ante un modelo novo de ensinanza-aprendizaxe, no cal se avaliará as miñas reflexións así como os contidos que analizo, os cales espero, acaden os obxectivos previstos.

Sen dúbida as miñas reflexións e as estratexias que sigo forman parte das habilidades metacognitivas que levo a cabo na realización do meu E-Portafolios, pero para entender mellor que son coido preciso facer unha reflexión sobre o que é a metacognición.

Neste sentido recollo a seguinte definición do wiki En clave de TIC, no cal se di que " é un termo que se emprega para designar unha serie de operacións, actividades e funcións cognoscitivas levadas a cabo por unha persoa, mediante un conxunto interiorizado de mecanismos intelectuais que lle permiten recabar, producir e avaliar información á vez qeu fan posible que dita persoa poida coñecer, controlar e autorregular o seu proio funcionamento intelectual." En definitiva, autorregula o proceso de aprendizaxe, planificando as estratexias a empregar.

Podemos dicir en definitiva que a metacognición é un "coñecemento acerca do coñecemento". Na seguinte imaxe resumese o que é a metacognición.

A metacognición

Tendo en conta isto queda claro que o meu proceso seguido na realización do meu E-Portafolios, as distintas estratexias, a selección de determinados contidos así como o análise destes, son os puntos clave do meu proceso metacognitivo. Debo indicar como xa dixen anteriormente que os principais problemas que tiven coa realización do E-Portafolios, centráronse na negatividade presente en min á hora de levar a cabo un análise, creendo que nunca estaba completo, así como á hora de seleccionar aqueles contidos relevantes.

A metacognición, por tanto, implica un proceso de reflexión sobre os noso propios coñecementos, sobre os noso propios mecanismo, é dicir, coñecer como realizamos a nosa aprendizaxe para mellorala. Neste sentido, aínda non teño moi claro se acadei este nivel, con todo penso que pararme e entender o porqué e o como das miñas reflexións e seleccións é clave para acadar un óptimo nivel metacognitivo. O cal nos permitirá coñecer e autorregual o noso aprendizaxe.

Esta análise, determina o punto final do meu Blog e como non do meu E-Potafolios nesta etapa. Espero que o Learning by doing este reflexado.

 

Bibliografía e webgrafía

Gallego, D.; Cacheiro, M.L.; Martín, A.Mª; Angel, W.(2009). El ePortafolio como estrategia de enseñanza y aprendizaje. EDUTEC, Revista electrónica de Tecnología Educativa nº30, 2009. Recuperado o día 27 de maio de 2013 de http://edutec.rediris.es/Revelec2/revelec30/edutec30_eportfolio_estrategia_ensenanza_aprendizaje.html

Barragán, R.(2005). El Portafolio, metodología de evaluación y aprendizaje de cara al nuevo Espacio Europeo de Educación Superior. Una experiencia práctica en la Universidad de Sevilla, Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 4 (1), 121-139. Recuperado o 28 de maio de 2013 de http://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/1303745.pdf%E2%80%8E

http://ferraosusana.blogspot.com.es/ (Recuperado o día 27 de maio de 2013)

http://en.wikipedia.org/wiki/Electronic_portfolio (Recuperado o día 27 de maio de 2013)

http://portafolio-info-edu.over-blog.es/pages/QUE_ES_UN_e_PORTAFOLIO-1413802.html  (Recuperado o día 27 de maio de 2013)

http://enlawebdospuntocero.wikispaces.com/e.portafolios (Recuperado o día 27 de maio de 2013)

http://fernandosantamaria.com/blog/2008/04/apuntes-sobre-e-portafolios/ (Recuperado o día 27 de maio de 2013)

http://tice.wikispaces.com/Metacognici%C3%B3n (Recuperado o día 28 de maio de 2013)