Teorías de aprendizaxe e TICs

En anteriores entradas do blog fixen alusión a diversas teorías de aprendizaxe: condutismo, cognitivismo, construtivismo e conectivismo.

A continuación vou a explicar en que consiste cada un dos enfoques anteriores, indicando tamén a relación que ten cada enfoque en relación coas TIC. 

Para comezar déixovos esta presentación, xa que aborda de forma clara e sinxela diferentes aspectos da teoría condutista, cognitivista e construtivista. 

 

En primeiro lugar, o condutismo considera que o aprendizaxe se produce mediante mecanismos de estímulos-respostas. Este modelo concede á repetición un papel fundamental, xa que a través deste mecanismo os estudantes asimilarán os contidos fixados nas unidades didácticas. 

Sen embargo, vemos que esta teoría presenta diversos inconvenientes, xa que en primeiro lugar, considera aos alumnos como axentes pasivos dos procesos de aprendizaxe, traballando unicamente sobre aqueles contidos que establecen os profesores, pero non teñen posibilidade de ampliar a información. Ademais, neste modelo, os alumnos traballan individualmente, realizando cada un os seus exercicios, sen ter posibilidade de traballar en conxunto cos seus compañeiros. 

En canto á relación desta teoría coas TICs é importante indicar que o enfoque condutista está presente en diversos programas educativos, nos cales os estudantes deben seleccionar unha resposta en función de varios estímulos que se lles presentan. Unha vez seleccionada a resposta, a aplicación ofrece recursos sonoros que lles indican aos estudantes se a resposta marcada é correcta ou non. Estes sonidos podríamos dicir que son "elementos motivadores", que premian cun sonido satisfactorio cando a resposta ofrecida polos estudantes é correcta, mentres que "castiga" co típico son de error cando a resposta é equivocada. 

A realización das actividades na rede desde o enfoque condutista recibe o nome de EAO (Ensinanza asistida por ordenador), e consiste na realización de exercicios baseados na repetición, ao igual que se facía antigamente cos libros (cuardenillos rubio, no noso caso). 

Despois de explicar este enfoque, podemos citar como exemplo as actividades do Jclic, unha aplicación que promove o mesmo aprendizaxe memorístico que os libros de texto, polo tanto a pesar de que si estaríamos incorporando a tecnoloxía nos procesos de ensino-aprendizaxe, o uso que estaríamos facendo da mesma non sería correcto. 

Por outro lado, o cognitivismo plantea que o proceso de aprendizaxe é o resultado da organización e reorganización dos procesos cognitivos, considerando ao estudante como un axente activo do seu propio proceso de aprendizaxe.

Respecto da relación que este enfoque mantén coas TICs compre facer referencia a aquelas aplicacións (WEBQUEST), que teñen como finalidade presentar actividades nas cales os estudantes non se deben inclinar unicamente por unha resposta, senón que deberán resolver problemas e buscar información para poder realizar as tarefas que se lles presentan. Así pois, ditas actividades permiten o desenvolvemento de estratexias e capacidades cognitivas dos estudantes.

Sen embargo, tamén podemos observar que dito modelo presenta unha limitación, posto que os alumnos traballarán exclusivamente sobre aqueles materiais que os seus profesores seleccionarán de antemán, polo que aínda que estaríamos a falar dun aprendizaxe autónomo dos alumnos, este está limitado á busca en materiais concretos, pero tampouco deixa a opción de que os estudantes indaguen por eles mesmos e a través das fontes que lles interesan. 

Por outra parte, o construtivismo considera ao aprendizaxe como un proceso activo no cal os estudantes constrúen novo coñecemento a partir dos coñecemento xa adquiridos previamente.

Para iso, os alumnos van modificando os seus esquemas mentais a medida que se van adaptando a novas situacións. 

En canto a relación entre este enfoque e as TICs, indicar que plataformas educativas como MOODLE  traballan seguindo este modelo pedagóxico.

Ademais dito enfoque basease no emprego da web 2.0, na cal os usuarios comparten información con outros usuarios a través de blogs, redes sociais.

Por último, falarei do conectivismo. Antes de explicar en que consiste, aporto o seguinte vídeo, que resume de forma sinxela que propón dito enfoque. 

 

Así pois, o conectivismo é un enfoque do aprendizaxe para a era dixital, desenvolta por George Siemens, que se basea na análise das limitacións do condutismo, cognitivismo e construtivismo, para explicar o efecto que a tecnoloxía ten sobre a maneira en que actualmente vivimos, nos comunicamos e aprendemos.

Esta teoría propón novas formas de aprendizaxe como son o autónomo, o cooperativo e o colaborativo.

Así pois, trátase de construír o propio coñecemento de cada un en función de buscar información que nos interese sobre un determinado contido, compartindo  información con outras persoas e xerando continuamente novos coñecementos entre todos.

Estaríamos a falar dun aprendizaxe autónomo, cada persoa responsabilízase do seu propio proceso de aprendizaxe incorporando e buscando aquela información que lle interesa pero tamén cooperativo, construíndo coñecementos coa colaboración de outras persoas.

Algo similar, é o que facemos nós na rede social Stellae, posto que aprendemos e construímos o noso propio coñecemento a través do traballo e da visión que nos ofrecen os nosos compañeiros sobre un determinado tema (feedback) así como da busca en diversas fontes de información sobre aqueles temas que nos chaman a atención ou nos parecen máis relevantes.

Bibliografía: 

- Siemens, G. (2004). Conectivismo: una teoría de aprendizaje para la era digital (Diago E. Leal Fonseca, trad., 2007). Recuperado o día 28 de maio de: http://www.slideshare.net/joaquinls/siemens2004-conectivismo-presentation

http://es.slideshare.net/willcho/teorias-del-aprendizaje-aplicadas-a-las-tics?from_search=9 (Consultada o 28/05/2013)

http://canaltic.com/blog/?p=800 (Consultada o 28/05/2013)

Comentarios

  • Nuria

    Boas Silvia,

    A túa entrada a verdade que é bastante concisa e sintética servíndome a min e considero que aos meus compañeiros tamén para ter un esquema clarificador dos aspectos fundamentais de cada teoría traballada na clase.

    A túa aportación completa e complementa o que eu xa coñecía, graciñas Smile