Edupunk

Buscando ideas sobre algo do que falar no meu blog, atopeime co termo Edupunk. Cando o vin, chamoume a atención  xa que así de primeiras non se me ocorreu á qué podía referirse, polo que comecei a buscar información que me axudase a entendelo.

A confluencia da Internet,a tecnoloxía 2.0 e a cultura dixital está modificando radicalmente a educación, pero mentres as institucións tradicionais intentan, con maior ou menor éxito integrar tecnoloxías, unha parte da comunidade educativa explora novos camiños á marxe das institucións ó entender que non nos enfrontamos a un reto tecnolóxico, senon a un cambio cultural no que a tecnoloxía actúa como facilitador ó tempo que lles permite independizarse das estructuras organizativas convencionais (que en moitas ocasións actúan como barreiras para a colaboración). Este proceso leva xa anos en desenvolvemento silenciosos, pero cada vez, a fenda entre uns e outros é máis patente. Nos últimos meses, e de formas inesperada, o nacemento dun neoloxismo, "edupunk" pode ter dotado de identidade este proceso de cambio facéndoo máis visible e polo tanto empurrando un preciso debate dentro das comunidades educativas.

unha pantasma percorre as universidades mundiais, un espectro que ameaza con acabar cunhas institucións que parecían destinadas a sobrevivir a todo tipo de avatares mantendo por séculos a súa pertinencia intelectual. Esa pantasma existía xa desde fai tempo, pero agora ten nome e iso faino aúnda máis temible. O seu nome é EDUPUNK.

Edupunk é unha aproximación ás prácticas do ensino e da aprendizaxe baseada nunha actitude "Do it yourself". Pero aínda que o concepto está recén nado, indentifica unha serie de actitudes, comunidades e usos da tecnoloxía que son tan antigos coma a propia internet e que teñen vivido un extraordinario desenvolvemento nos últimos anos, en paralelo coa explosión da web 2.0. 

A tecnoloxía pode actuar como facilitadora pero só se existe unha comunidade traballando nunha determinada cultura esta tecnoloxía será de utilidade. A estratexia edupunk implica que son as persoas e a súas redes o centro do proceso de aprendizaxe e a base da innovación e non a tecnoloxía por sí mesma.

Persoalmente, considero que o feito de que sempre se nos pautasen unhas normas fixas, para case todas as actividades que levamos a cabo no noso día a día, facilitounos o acceso a uns bos resultados, pero non fomentou en nós autonomía educativa. Non nos deixaron ser seres autónomos senon que estivemos limitados ó simple cumprimento de ordes, normas e pautas. Este movemento é unha auténtica revolución en canto o que respecta ao alumno, a súa creatividade e a súa motivación por aprender. 

A continuación déixovos un link a través do que podedes acceder a un video sobre o concepto de Edupunk:

REFERENCIAS: