UN CAMBIO NESTE PERCORRIDO.

Despois dunha temporada  un pouco desconectada de stellae chegou o momento de rematar o meu proceso de aprendizaxe. É curioso como o comezo, non foi complicado publicar un blog, un arquivo, ou facer diferentes comentarios os compañeiros. Pero coa chegada dos exames creo que case todos tivemos a mesma sensación de non dar feito e estar agobiados continuamente.  Cando empecei a traballar con stellae propúxenme que o traballo seguiría un proceso continuo no que minimamente unha vez  a semana publicaría algunha reflexión. Cando pensei niso en realidade non tiven en contan que durante o viaxe por stellae poderían aparecer factores externos que prexudicarían seguir esta continuidade; ou dito doutra maneira que cambiarían o rumbo do meu proceso de aprendizaxe.

As semanas de exames crearon na maior parte de nos unha desaparición da rede,  non por iso considero que sexa algo prexudicial si non que marcou unha nova fase deste proceso.

Isto solo é unha pequena consideración, que penso que é fundamental  ter en conta antes de rematar esta viaxe.

Vos tamén tivestes unha modificación no voso propio proceso de aprendizaxe?