O VALOR DO ENVOLTORIO.

Na sesión interactiva do día 23, tivemos que buscar distintas experiencias sobre a introdución das tecnoloxías nas aulas. A anterior entrada é unha análise DO `PROXECTO POLO QUEE ME DECANTEI. Nesta ocasión recomendado póla profesora, elixín o libro O valor do envoltorio. A través deste libro analizarei un dos estudos de casos presentados no mesmo.

Pois ben O valor do envoltorio é un estudo realizado pólo grupo stellae da USC, sobre a situación das influencias das TIcs nos centros educativos en  Galicia entre o ano 2001 e 2004, pero o libro publícase no ano 2007.  Despois de revisar os diferentes casos que aparecen, decidín analizar a situación que se presenta  nun  instituto na provincia Da Coruña. O caso recibe o nome do labirinto ensimesmado. A través deste caso preséntase a situación do centro educativo facendo un percorrido pólo contexto social, económico, cultural e xeográfico, tamén se ten en conta a situación do profesorado e o contexto familiar.

Neste caso analizase a influencia dos ordenadores das aulas, que na gran maioría non se lle concede a importancia necesaria xa que solo se empregan como apoios para as clases expositivas ou para realizar o traballo administrativo. O principal problema fundaméntase na mala arquitectura do centro, os escasos recursos e o medo a non poder controlar a un grupo de alumnos para que aprendan o necesario. Pero en realidade os profesores son os primeiros que atopan problemas a hora de introducir os ordenadores nas aulas. Por iso o seu emprego limítase as aulas de informática sobre todo na E.S.O e en Bacharelato. É apartir deste punto onde comezan as críticas xa que as novas tecnoloxías deberían aplicarse como unha nova metodoloxía, e en realidade non é mais que un apoio para a impartir as clases.

Finalmente gustaríame dicir que o analizado neste caso creo que é algo que nos ocorreu a todos durante a nosa formación e, cando chegou o momento de empregar un ordenador non sabíamos facer nada. Non creo que o xeito de aprender sexa cada un pola súa conta xa que así as diferenzas de aprendizaxe entre uns alumnos e outros son moi grandes. Por iso considero que o emprego de ordenadores debería formar parte da nosa aprendizaxe.

Bibliografía:

Grupo Stellae (2007). O valor do envoltorio. Un estudo da influencia das TIC nos centros educativos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia