Identidade 2.0

Hoxe veño a falar de un concepto o cal descoñecía ata que o outro día navegando pola rede facían alusión o mesmo nun blog. Falo da Identidade 2.0 tamén chamada en moitas ocasións coma identidade dixital. Técnicamente é a revolución anticipada da verificación da identidade en liña utilizando tecnoloxías emerxentes centradas no usuario. Atópase dentro da teoría da Web 2.0, onde salienta nun modo simple e aberto método de identificación en transaccións cuxo proceso é similar ao que na realidade faría un DNI. Algúns exemplos de medios para a construción dunha Identidade 2.0 son OpenID ou Microsoft Windows CardSpace.

image

Que vantaxes aportaría isto? Pois substituiría todos os nomes de usuario e contrasinais (ademais de outros e outros datos e preferencias) diferentes por unha única ID a cal sería aportada por un medio provedor de ID fiable que conteña a nosa información, como por exemplo os citados con anterioridade OpenID e CardSpace. Desta maneira sería suficiente con rexistrarse unha vez e usar esa ID.

Pero non son todo vantaxes, o maior inconveniente é que as páxinas web deben de estar modificadas correctamente para pedir, aceptar e validar estas identidades e usuario.

image