Unha nova Rede Social: "BAR"

Nesta entrada do blog quería comentar con vos un aspecto que me chamou a atención do anuncio de cocacola.

No anuncio facían referencia a unha rede social chamada “Bar”. 

 

Todos sabemos o que son os bares e poderíamos citar como finalidade dos mesmos as reunión entre os amigos, isto é, interacción cara a cara coas persoas, poder vernos e estar xuntos compartindo o mesmo espazo físico.

Sen embargo, nunha das primeiras entradas eu amosaba unha imaxe contraditoria con respecto á finalidade anterior, xa que na imaxe aparecían un grupo de amigos sentados nunha cafetería, e o curioso é que cada un deles estaba inmerso no seu propio móbil, sen prestar atención ás persoas que estaban ao seu arredor.

Outros compañeiros fixeron alusión a esta mesma situación, posto que xa se está convertendo en algo habitual.

Sen embargo, a raíz do anuncio estiven reflexionando sobre se as interaccións que se producen entre os amigos cando se reúnen para conversar son cada vez máis distantes, ou se pola contra, estamos esaxerando.

Aínda que é habitual que nunha reunión de amigos collamos o móbil para mirar algo nun momento concreto, iso non quere dicir que durante toda a reunión esteamos ausentes, e non prestemos atención ao que falan os nosos amigos.

É certo que as novas tecnoloxías están influíndo na maneira en que nos comunicamos, pero considero que a maioría das persoas seguimos disfrutando máis das relación cara a cara cos nosos amigos e coas persoas do noso entorno, que se estas relacións se producen unicamente por conversacións a través do whatssap ou do skype, pois non é a mesma interacción.  

Sen embargo, para que sigamos valorando a interacción directa entre as persoas, é preciso ensinar dende a escola as vantaxes que nos ofrecen as TIC, pero tamén indicándolles aos nenos os posibles perigos que conleva un uso excesivo da tecnoloxía.

Por outro lado, utilizar o termo de rede social para describir as relacións que se establecen nestes lugares paréceme correcto, xa que facemos o mesmo que a través das redes sociais como Facebook ou Twitter, pero neste caso, sen ter unha pantalla de por medio, como amosa a seguinte imaxe.

 Redes sociais.png                       

 

                      

 REDES SOCIAIS (Facebook, Twitter, Stellae)

 

 

 

Redes sociais (Relacións directas).png

 

 

         

 

                               Redes Sociais (Bar) constituídas pola

                              interacción directa entre as  persoas 

Comentarios

  • Ana

    Estoy muy de acuerdo con todo lo que dices Silvia, yo también he visto el anuncio por la televisión y me he dado cuenta de lo mismo que tú. Y lo cierto es que en nuestra realidad muchas veces nos olvidamos de los que tenemos al lado por estar inmersos en nuestro móvil (cosa que yo, como sabrás, detesto). Además, existen otras redes sociales claramente, y no son sólo las que están en la red, el bar es una de muchas de ellas.

    Es importante ver las cosas desde otro punto de vista como tú le has dado al de las redes sociales, gracias por tu aportación.

    Smile

  • Nuria

    Gústame que alguén fixera unha entrada mencionando este anuncio xa que cando o vin o outro día tamén quedeime moi pensativa.

    E é moi importante o punto que resaltas da interacción directa entre persoas, non hai unha rede social mellor ca esa.

    Ademais tocas outro punto moi importante coma é o da publicidade, fenómeno que tamén traballamos na materia.

    Vémonos no bar entón! Wink