JCLIC E WEBQUEST

Tendo en conta a clase interactiva do día sete de Maio podo dicir que me quedaron claras as diferenzas entre o j,clic e a webquest. Todo isto foi grazas a análise que realizamos en diferentes aactividades de cada unha delas.

En primeiro lugar é necesario definir que son cada unha delas e a continuación facer unha análise sobre as diferenzas que existen entre ambas. Pois ben, o JClic é unha ferramenta de autor que permite o profesorado crear con facilidade recursos educativos dixitais. (http://clic.xtec.cat/es/jclic/howto.htm)

Para coñecer as características propias do Jclic, comezamos analizando actividades dos distintos niveis educativos.

Nun primeiro momento, observando a as actividades obsérvase que o que pretenden con este tipo de habilidades e que os rapaces adquiran habilidades para comezar a manexar o ordenador. Referente o tipo de actividades, obtivemos unha serie de características interesantes:

1-      Si fallas nunha actividade, non che deixa completar esa opción, solo xustifica porque esta mal. Polo tanto non traballa de xeito completo o erro. Cando rematas as actividades correctamente, felicitáte. Este é un aspecto moi interesante xa que axuda a fomentar a motivación dos alumnos.

2-      En moitas das actividades traballase a memoria de xeito que o obxectivo das actividades e conseguir que os rapaces memoricen datos que si son capaces de entendelos poderan crear conceptos. Isto ademais permitiralle poder superar os exames., xa que verdadeiramente dende pequenos todas as probas que realizamos o longo dos anos poñen a proba a capacidade de memorización das persoas. Canto maior sexa esta capacidade, maior posibilidade existe de conseguir os obxectivos necesarios para acadar unha meta que se basea no que o profesor establezca.  Isto garda unha relación estreita coa teoría do aprendizaxe do conductismo na que se establece a relación estimulo-resposta o que determina que o alumno teña un rol pasivo que se limite memorizar e repetir aqueles aspectos que  profesor como tal decide.

3-      Non especifica a idade e o curso no que se deben desenvolver as actividades, presenta intervalos bastante amplos. Este é un aspecto negativo xa que provoca que os alumnos non entendan o que teñen que facer ou que a teoría que se presenta non sexa acorde coa súa idade. No caso concreto da actividade do cultivo do millo, a actividade esta dirixida para nenos entre seis e doce anos o que implica que a teoríaque se presenta sexa demasiado abundante para os nenos de seis anos

Por outra parte atópase a webquest que é unha ferramenta que forma parte dun proceso de aprendizaxe guiado con recursos principalmete procedentes de internet que promove o emprego de habilidades cognitivas superiores, o traballo cooperativo, a autonomía dos estudantes e iclúe unha avaliación autentica.( wikipedia).  Para observar as características da webquest eliximos como exemplo a webquest da ovella Dolly, as características obervadas son as seguintes:

1-      O profesor forma parte do proceso xa que é o encargado de establecer as pautas que debe seguir o alumnos, seguindo un proceso guiado.

2-      Implica un proceso que ten que estar moi ben diseñado, polo que é necesario ter moi bos recursos.

3-      Ofrece a posibilidade de avaliarse e autoavaliarse.  Falando disto coñecemos un novo termo como é Rúbrica de avaliación: conxunto de criterios e escala de avaliación a través dos cales o alumno pode avaliarse.

4-      Modelo constructivista cognotivista,

5-      Non traballa con datos si non con conceptos.

Espero que esta reflexión vos sexa tan útil como foi para min para diferenzar o Jclic e a Webquest.

 

WEBGRAFÍA:

http://es.wikipedia.org/wiki/WebQuest

http://www.josedomingo.org/web/mod/page/view.php?id=1469