O MEU PLE

Pensar cal é o noso entorno persoal de aprendizaxe ou PLE, é algo no que nunca me parara a pensar. Reflexionando un pouco sobre este tema, si é certo que dende que fun pequena ata hoxe foi cambiando ou mellor dito completándose cada vez máis e actualizándose. Así considero que segundo as épocas da miña vida o meu entorno persoal de aprendizaxe foi diferente. A contunuación aparece reflexado o meu PLE tendo en conta as diferentes etapas da miña vida. Neste caso decidín dividilas en infancia, adolescencia e a etapa universiataria.

                                                                   INFANCIA    

   LIbros de texto, familia, amigos, profesores, programas de ordenador   sencillos como paint,series ou debuxos animados educativos.                                                

                                               image 

 

 

 Durante a primeira etapa da miña vida, os recursos humanos destacaron como principais a hora de formar parte do meu aprendizaxe. Inconscientemente os profesores na escola e a familia na casa son os que comezan a formar parte do noso entorno persoal de aprendizaxe. A parte diso os libros tamén son importantes nesta primeira etapa. Considero que nos rapaces da miña xeración para todos foi así, mais penso que no caso das novas xeracións o seu entorno persoal de aprendizaxe é diferente o noso.

 

ADOLESCENCIA

Profesores, familia amigos, bibliotecas, libros de texto, Internet (youtube,Google, Wikipédia).

 image

 

 

Nesta nova etapa o meu PLE modifícase, é certo que seguen existindo moitos elementos que empregaba na infancia, pero ademais estes vense complementados coa utilización das bibliotecas e maior medida e de internet en menor medida. O emprego de internet foi en menor medida xa que por unha parte carecía del e por outra non sabía ata que punto a información coa que traballaba era segura.

 

 UNIVERSIDADE

Familia,amigos,profesores, bibliotecas,redes sociais, (faceboock,tuenti,twiter), Google, dogpile, artículos electrónicos, pendrive, dropbox,correo electrónico, campus virtual usc, stellae.


                               image 

 

 

Como se pode observar, a medida que crecemos o noso entorno persoal de aprendizaxe vai medrando. Nesta última etapa podería destacar, a influencia en maior medida de todo o que se relaciona co uso de internet. Considero que a medida que fomos medrando a adquisición de coñecementos adquire  maior profesionalidade e polo tanto maior manexo polo que no caso concreto de internet, na adolescencia non tiña a certeza de saber si o empregado era o adecuado pero no caso desta nova etapa o coñecemento centrouse mais nesta ferramenta xa que aprendín a empregala de forma que o seu uso sexa fiable.

 

Para concluír polo tanto gustaríame destacar que cada vez o meu PLE vaise ampliando e completando con novas ferramentas, polo que considero que sería interesante que a medida que pasan os anos reflexionemos sobre isto para poder facer unha comparación e observar que cousas cambiaron e cales poden ser os motivos. Personalmente, considero que o noso PLE vaise modificando segundo a idade, os intereses, e os estudos que realizamos; creando un grupo de ferramentas que forman o noso PLE.