Reflexión personal.Porqué está a fracasar a educación a través das TIC?

En primeiro lugar, existe unha falta de formación do profesorado nelas. Excepto naqueles que gozan dunha formación específica neste campo o resto de profesorado mostra uns niveis moi baixos en dita competencia polo que dende as institucións públicas, tanto educativas coma sociais, se debería de proporcionar formación para que todos eles se vexan capacitados para educar na rede e a través da rede, de maneira eficaz e eficiente.

Neste senso, non me gustaría restarlle importancia a responsabilidade que tanto o goberno do país coma o resto de institucións e asociacións políticas teñen a este respecto, debendo de tratar de promover e propoñer iniciativas para a formación do profesorado neste ámbito.

Por outra banda, tamén nos atopamos con unha falta de concienciación social en relación as vantaxes e beneficios que pode reportar a rede, e continúanse a manifestar prexuízos e unha visión negativa, especialmente mostrada polos sectores máis “tradicionalistas” do ámbito educativo.

Como consecuencia de todo o anterior, prodúcese en moitos casos, un emprego inapropiado das tecnoloxías, onde en ocasións se usan máis coma tecnoloxías transmisivas que como tecnoloxías interactivas e colaborativas. E dicir, céntranse máis no papel do profesor que trasmite uns determinados coñecementos que no papel que ten o alumno no proceso de aprendizaxe, a súa autonomía, capacidade para cuestionar ao profesor, para crear coñecemento novo; ao igual que xa comentei en anteriores blogs.Isto da lugar a que esas insinuacións e ostentacións que das distintas modalidades de educación a través das tic se fan, como se se tratasen de innovacións que supoñen novas formas de educar e de aprender; a través do mal emprego que se fai delas se queden en simples cambios, segundo o meu pensamento, sen maior trascendencia.

Ademais, estimo que existe unha falta de responsabilidade individual por tratar de educar e de aprender en rede, de contribuír a proporcionar coñecemento novo para a sociedade e para axudar aos demais a construír os seus propios coñecementos; continúa a subxacer dentro do contexto educativo así como do ámbito laboral e persoal, a competitividade pura e dura; só tratamos de unirnos e de colaborar uns cos outros cando os nosos propios obxectivos persoais están en xogo. Considerades que isto nos pode levar a construcción de coñecemento novo de calidade? Na miña opinión non, só se se trata de compartir e de axudar aos demais de maneira desinteresada se poderán alcanzar ditos fins, do contrario todo se realizará de xeito forzado, será artificial e frío; en lugar de xerarse un proceso de aprendizaxe aberto, flexible, participativo e espontáneo; que considero é, o verdadeiramente educativo e satisfactorio tanto a nivel persoal coma social.

Finalmente creo preciso destacar o feito de que as tics, persoalmente, se continúan a considerar como “engadidos” ou “complementos” ao sistema educativo formal, non gozando estas do prestixio social que en realidade merecen. Baixo a miña opinión, aínda non se recoñece que estas tamén poden proporcionar un contexto propicio para que se poida desenvolver un proceso de ensino-aprendizaxe que repercuta nunha formación de calidade para os individuos. Polo que isto fai que (aínda que o seu número esté a medrar) se inscriban na educación a través da rede, como cursos online,etc, un número insignificante de persoas en relación aos que se matriculan en institucións educativas de carácter presencial. E vós, deixaríades a universidade de tipo presencial por un modelo de universidade non presencial?